AVISO LEGAL

12 maio 2015

2º EDICIÓN CONCURSO MICRORRELATOS

Estimadas familias,


Xa temos os gañadores do 2º concurso de microrrelatos do IES Miraflores organizado por la ANPA Miguel Hernández en colaboración coa Biblioteca do Centro, baixo o título

¿Adónde van a parar los calcetines perdidos?
 A onde van parar os calcetíns perdidos?


Nesta edición tivemos moita participación, sobre todo dos primeiros cursos, e o xurado tívoo moi difícil.

Todos e todas as participantes recibiron un pequeno agasallo de participación elaborado  nas aulas de traballo da  Fundación ADCOR.

                                 PARABENS A TODOS E TODAS !!!


O xurado do concurso formado por duas profesoras colaboradoras da biblioteca e dous integrantes da ANPA decidiron otorgar os seguintes premios:

Na categoría ESO as gañadoras son dos alumnas de primeiro curso cos seguintes pseudónimos:

-  1º Premio : ANÓNIMA
-  2º Premio: ÁNGELA

A Categoría BACH quedou deserta polo que decidiuse desde a Xunta Directiva destinar o importe presupuestado á Cociña Económica de A Coruña.

Na Categoría de Outros Membros da Comunidade Educativa, OMCE  ( País, Nais, Profesorado, persoal laboral e administración...) os gañadores o fixeron baixo o pseudónimo:

- 1º Premio: AFRODITA A
- 2º Premio: FD

Adxuntamos os relatos gañadores do primeiro premio da  ESO e OMCE


Agradecemos tanto ao profesorado dos departamentos de Lingua castelá e galega  coma as profesoras da biblioteca a súa colaboración e implicación neste proxecto. 
 
E como non, a todos e todas ás participantes: GRACIÑAS e VÉMONOS NA 3º!!!


PRIMER PREMIO ESO

      ¿Adonde van a parar los calcetines perdidos?Tenemos la extraña manía de perder cosas insignificantes; pero lo más fácil que se puede perder es el tiempo.
     El tiempo no se detiene, fluye sin parar y yo no puedo hacer nada para retenerlo; tan solo puedo frenar para coger impulso y así alcanzar mis objetivos.
 
"¿ dónde está el tiempo perdido?"
   Se me ha escapado entre los dedos como el agua sin darme cuenta; intento aprovechar cada segundo y sacar el máximo partido.
   Miro a mi alrededor y veo a mis compañeros de un lado para otro, perdiendo el tiempo.
 

PRIMER PREMIO OMCE

¿ Adonde van a parar los calcetines perdidos? Una brumosa mañana, camino del instituto, unas chicas cruzaban la calle delante de mí. A una de ellas empezó a asomársele algo por el pantalón. Adormilado como estaba me quedé mirando. La cosa seguía saliendo de su escondrijo. Pronto quedó tendida en mitad de la carretera, los coches paraban. Atónito me acerqué a recogerla. Sin pensarlo, me dirigí a la chica algo azorado.-Perdona, ¿se te ha caído esto? El bofetón retumbó.-¿Cómo va a ser mío?¿No ves que los llevo puestos?
Y allí me quedé un rato con un calcetín en la mano.
Basado en hechos reales.

17 abril 2015

OBRADOIRO DE EDUCACIÓN AFECTIVA-SEXUAL NO CONCELLO

Estimadas familias,
 
Seguindo co programa de Educación afectiva- sexual e tendo en conta que a implicación e formación das familias é importante, O CONCELLO organiza para os días 23, 24 e 25 de abril un obradoiro que baixo o título FAMILIAS QUE FALAN, HOXE FALAMOS DE... EDUCACIÓN AFECTIVA-SEXUAL,  preténdese traballar a comunicación nas relacións familiares, proporcionando ferramentas e coñecementos básicos sobre sexualidade.
 
O obradoiro terá lugar:
        No Centro Cultural A Fábrica
        De 19:00 – 21:00 o xoves 23  e venres 24 e
        De 10:00 a 14:00 o sábado 25.
 
A inscrición é de balde e se pode facer a través do correo c.xuventude@oleiros.org ou ben no telefono 981 636 598.
 
Achegámosvos o cartel:
 
 
Un afectuos saúdo,
Xunta Directiva

06 abril 2015

CONCURSO DE MICRORRELATOS


 
Estimadas familias,

Presentámosvos a 2ª EDICIÓN DO CONCURSO DE MICRORRELATOS sobre o meu instituto que organiza a ANPA Miguel Hernández en colaboración coa biblioteca do centro. Nesta edición o relato deberá comezar coa frase:

A dónde van a parar los calcetines perdidos?
                                        ou

A onde van parar os calcetíns perdidos?
 
Extensión  máxima: 100 palabras. En castelán ou en galego

O texto debe comezar coa frase que hai debaixo d
a fotografía: A onde van parar os calcetíns perdidos?


Un microrrelato por persoa.

Os microrrelatos serán anónimos asinados cun pseudónimo e a categoría á que se presenta.  Achegarase co microrrelato  un sobre pechado  onde figurará o pseudónimo , a categoria, o  nome, apelidos, curso (en caso do alumnado) e teléfono. Só abriranse os sobres dos relatos gañadores.
Entregaranse ao profesorado de lingua  correspondente, en caso do alumnado, e en conserxaría o resto.

Hai tres categorías: ESO, BACH e resto da comunidade educativa, é dicir nais, pais, profesorado e resto do persoal do centro.

Premios:
H
ai dous premios por cada categoría.
1º posto: vale por 75 €
2º posto: vale por 50 €
A cambiar nas librarías aínda por determinar.

O Xurado estará formado por nais da ANPA e p
or
profesorado responsable da biblioteca.

Os resultados publicar
anse no blog da ANPA e nos taboleiros do centro
Aproveitamos a ocasión para informarvos de que nunha esquinita de conserxaría, ao abeiro da calefacción e a fotocopiadora, encontraredes un baúl de tapas vermellas repleto de todas aquelas cousas que os nosos fillos e fillas perden, esquecen, ou pensan que se desintegraron: mochilas, chaquetas, gorras, material escolar, luvas, lentes, e como non, "CALCETÍNS. "
Cada mes de xullo o contido do baúl dóase a algunha ONG, quedando así listo e preparado para o próximo curso...
Recordámosvos que é un concurso aberto a toda a comunidade educativa. Así que,

¡OS ESPERAMOS!                                                      ¡ÁNIMO!
Un saúdo afectuoso,
XUNTA DIRECTIVA
 

02 marzo 2015

Menú Marzo

Estimadas familias,

Adxuntamos no siguiente enlace o menú do mes de marzo. Os informamos que tamén o podedes atopar no apartado de Documentos,

Un saúdo afectuoso,

Xunta Directiva

MENÚ MARZO PREMER AQUÍ

24 febreiro 2015

Información Folga 25-26 F.

Estimadas familias,
 
Como sabedes, existe unha convocatoria de folga para os días 25 e 26 na Universidade polo proxecto de reforma coñecida como 3+2 que é secundada tamén polo alumnado de Secundaria.
 
Adxuntamos  información e comunicados de CONFAPA-GALICIA e Plataforma en Defensa do Ensino Público sobre a folga e xustificante de ausencia ás clases do alumnado para aquelas familias que o requiran; o alumnado ten dereito a participar nas folgas.
 
 
Un afectuoso saudo,
 
Xunta Directiva

23 decembro 2014

BO NADAL

 
 Que nunca che falte un sono polo que loitar, un proxecto que realizar, unha man que che axude, unha escola onde aprender, un lugar onde descansar e alguén que te queira de verdade...
  
 
Cos nosos mellores desexos de felicidade,
 
 
O Equipo Directivo da ANPA.

15 decembro 2014

Escola Nais-Pais

Estimadas familias,
 
O Concello de Oleiros ten  programado para o mes de xaneiro, a realización duns obradoiros e xornadas enmarcadas no proxecto da escola de Nais-Pais.
 
O curso é de balde e todas as persoas interesadas previa  inscrición no Centro de Información Xuvenil A Fábrica.
 
Un afectuoso saúdo,
 
Xunta Directiva