AVISO LEGAL

03 xuño 2014

AXUDAS ADQUISICIÓN DE LIBROS

Estimadas Familias,

Adxuntamos enlace da convocatoria por parte da  Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria das axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, en educación secundaria obrigatoria e educación especial, en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, no curso escolar 2014/2015 para o seu uso neste ano académico.

Un saúdo afectuoso

Xunta Directiva

Bases DOG

27 maio 2014

BANCO DE LIBROS 2014

        Dende a ANPA Miguel Hernández do I.E.S. "Miraflores" queremos continuar este ano co Banco de préstamo de libros de texto usados que iniciamos o curso pasado.

        Coa creación do banco de libros pretendemos apoiar as familias reducindo os seus gastos, ademais de fomentar diversos valores como a colaboración, a solidariedade, a responsabilidade no coidado do material escolar e respecto polo medio.

        Como xa vos comentamos no inicio desta experiencia non sabemos de antemán a cantidade de libros que imos ter dispoñibles para o próximo curso, pois depende das doazóns que se realicen e do número de solicitudes que haxa. Este segundo ano, e debido á grande aceptación que tivo a edición pasada, esperamos que as doazóns se incrementen e xunto aos que xa están en préstamo, poder asegurar unha circulación de libros beneficiosa para todas as familias.

        Aproveitamos esta circular para animar as familias de 4º curso e Bacharelato (cursos dos que recibimos menos doazóns na primeira edición) a que participen deste proxecto. Tamén queremos recalcar que podedes traer libros de cursos anteriores.

        Recordámosvos que é un proxecto aberto a toda a comunidade educativa. Dende a asociación cremos que cantas máis familias se poidan beneficiar do proxecto maior será o cumprimento dos nosos obxectivos.
        Para este proxecto, ao igual que na primeira edición, precisaremos da vosa colaboración. Colaboración non só na cesión dos libros, senón tamén colaboración activa e presencial, sobre todo nas fases de recepción, clasificación e entrega dos libros. Toda pequena colaboración será ben recibida.

        Nunha próxima comunicación ampliarémosvos a información sobre fases do proxecto e datas, condicións e procedemento de petición, etc.

       Recordade que nos tedes á vosa disposición no correo apamiraflores@gmail.com

       Saúdos afectuosos

Xunta Directiva

25 maio 2014

ESCOLA NAIS PAIS CONCELLO DE OLEIROS

Estimadas familias,
 
O Concello de Oleiros, a través da súa concellería de Ensino e Xuventude, organiza dentro do seu programa Escola de Pais e Nais, unha mesa redonda
 
                      
                      Mércores 28 de maio 20:00h
                        Auditoria Cultural A Fábrica
 

Baixo o título “DIVERSIDADE FUNCIONAL” abordarase o tema dos nenos e nenas con necesidades educativas especiais e as distintas opcións que a sociedade ten ante si para conseguir a inclusión social destes rapaces e rapazas.


Nesta ocasión, contarase coa presenza de:
  • Don Javier Martín Betanzos, doutor en Ciencias da Educación, licenciado en Psicopegadoxía e profesor do IES Rafael Dieste de A Coruña.
  • Dona María José España, responsable do programa de emprego de Down Coruña que virá acompañada de dous rapaces que forman parte deste programa de inclusión laboral que levan a cabo desde esta entidade.
  • Don Ángel Garmendia, presidente da ANPA do colexio María Mariño de A Coruña.
Baixo estas tres visións: educativa, laboral e familiar presentarase as distintas liñas de traballo que temos ao noso alcance para acadar un sistema educativo que dea resposta á diversidade, un sistema educativo integrador.
 
Un saúdo

05 maio 2014

Becas Comedor Concello de Oleiros curso 2013-2014

Bo día,

Os informamos que saíu hoxe publicado no BOP o anuncio das becas de comedores para o curso 2013 – 2014 que oferta o Concello de Oleiros.
Achegámosvos os enlaces coa información e impresos de solicitude, para que o podades consultar.
O prazo de presentación remata o vindeiro 23 de maio e hai que presentala no rexistro do concello, sito no Centro Cultural a Fábrica
Un saúdo afectuoso,

Xunta Directiva

03 maio 2014

1º Edición Concurso de Microrrelatos sobre mi instituto.

Estimadas Familias:

Informámosvos que con motivo da celebración do día das Letras Galegas, puxemos en marcha, xunto coa colaboración da Biblioteca do Centro, o 1º Concurso de Microrrelatos sobre o noso instituto, destinado a toda a Comunidade Educativa: Pais e Nais, alumnado, persoal laboral e profesorado.

Remitímosvos as bases deste e recordámosvos que a data tope de presentación é o vindeiro venres 16 de maio.


Arriba esa creatividade
 
Esperamos a vosa participación !!
 
Un saúdo afectuoso
Xunta Directiva


 
 

24 marzo 2014

Escola Nais Pais Concello de Oleiros

 
 
Estimadas familias,
 
Querémosvos  informar de que a Concellería de Ensino e Xuventude do Concello de Oleiros organiza unha mesa redonda para tratar o tema  das Altas Capacidades. Preténdese ofrecer unha visión familiar e escolar de como abordalas.
 
"Teño un fillo de altas capacidades, e agora que?
Lugar: Centro Cultural A Fábrica
Día:  mércores 26 de marzo ás 20h.
 

Esta mesa redonda enmárcase dentro do programa de educación para a saúde de Oleiros, en concreto na Escola de Pais e Nais.  A mesa estará composta por 
  • Margarita Beceiro. Orientadora do CEIP Mosteirón.
  • Elena Rivas. Nai de adolescente con altas capacidades.

Dende a ANPA  queremos animar a todas as nais e os pais do  IES Miraflores a participar deste  evento .

Un afectuoso saúdo, 
Xunta Directiva
Altas Capacidades.j

21 marzo 2014

ASAMBLEA GENERAL EXTRAORDINARIA

Estimadas familias,

La Consellería de Cultura, Educación y O.U. nos ha transmitido su interés en que  el servicio de comedor del Instituto, ahora gestionado por la ANPA, pase a ser gestionado por ellos a partir  del próximo curso. El pasado 20 de marzo acudimos, junto a otras ANPAS citadas, a una reunión informativa en Santiago.
 
El motivo del presente anuncio es convocaros a una Asamblea General Extraordinaria en la que deberemos debatir y decidir, con la información recibida, sobre el futuro de la gestión del comedor del centro.
 
Junto a la convocatoria adjuntamos  enlaces a los anexos recibidos de la Consellería en la que incluyen  notas aclaratorias. Para que podáis consultar la normativa vigente del servicio de comedores escolares de la Xunta de Galicia, os recordamos que se rigen por el Decreto 132/2013 del 1 de agosto y por la orden del 21 de febrero de 2007, pendiente de modificación (regula el anterior Decreto 10/2007 derogado)
 
 
 
 
Consideramos que es una decisión importante por lo que esperamos contar con vosotros el próximo día 2 de abril.

Como siempre, para cualquier consulta, no dudéis en contactar con nosotras al correo apamiraflores@gmail.com

Un saludo afectuoso,
 
Xunta Directiva ANPA Miguel Hernández