AVISO LEGAL

19 maio 2025

DOMINGO 25/05/2025. XUNTANZA XXV ANIVERSARIO DO IES MIRAFLORES PARA TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA

 






Bo día familias

O IES MIRAFLORES celebra o seu XXV aniversario e, ademáis de todas as xornadas conmemorativas que houbo dende o inicio do curso o día 25 de MAIO teremos o peche da celebración. 

É o propio día do aniversario e estanse preparando actuacións musicais en directo, bochinche, venda de roupa conmemorativa......

Será unha xuntanza aberta a todas as persoas que forman e formaron parte da comunidade educativa dende o seu inicio.

Achegarvos á celebración, agardámosvos!!!





14 maio 2025

XOVES 15 DE MAIO ÁS 22:00. XORNADA DE OBSERVACIÓN DE ESTRELAS

 Bo día

Lembrámosvos esta convocatoria que nos fan dende o Instituto con motivo do 25 aniversario do IES Miraflores. 

Será unha xornada divulgativa de astronomía impartida por Óscar Blanco, astrofotógrafo e director do Centro Astronómico de Trevinca( Ourense). 

As 22 comezará cunha charla no salón de actos do centro para despois, ás 22.30 saír ao exterior e facer unha observación do ceo oleirense.

Animádevos a participar!!!




07 maio 2025

FROITA FRESCA NO RECREO

Bo día

Todos os xoves do mes de maio o alumnado do centro ten á súa disposición no segundo recreo, de balde, un vaso de froita fresca preparada para tomar.

Con esta iniciativa, financiada íntegramente pola ANPA do IES Miraflores, para todo o alumnado do centro continúase co proxecto de fomentar o hábito saudable do consumo de froita de tempada.






CHARLA ACOLLEMENTO FAMILIAR

 

Bo día

Achegamos unha proposta do Concello de Oleiros por ser de interese. 

A charla aberta darase o 8 de maio as 18.30 no Auditorio das Torres de Santa Cruz.

Animádevos a asistir!!!