AVISO LEGAL

20 setembro 2022

FORMACIÓN GRATUÍTA DE INTERESE







MENÚ SETEMBRO

 


NOVO CURSO 2022-2023

Dende a ANPA Miguel Hernandez queremos darvos a benvida a un novo curso. 

Queremos ademáis propoñervos esta canle de información que estará  de novo actualizada a partir de agora coas novas de interese para a comunidade educativa. 

Poderemos enviarvos información  a través dos correos electrónicos que nos indicáchedes no impreso de inscrición así como a través de facebook no enlace que tedes na marxe dereita deste blogue. 

Para poñervos en contacto con nós sempre estaremos no correo electrónico apamiraflores@gmail.com, intentaremos responder ás vosas preguntas o máis axiña posible. E se queres formar parte da Anpa e poñer en común as túas inquedanzas, habilidades ou propostas non dubides en escribirnos. 

Desfrutade deste novo curso!!!!

14 decembro 2020

Taller de periodismo

A partir de enero pondremos en marhca el Taller de Periodismo. Es una actividad gratuíta para los socios de la AMPA pero abierta a todo el alumnado. Si estás interesado, envía un correo a actividades.apamiraflores@gmail.com. Date prisa. Las plazas son limitadas.

Menú diciembre

07 outubro 2020

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

Estimadas Familias,

Os informamos da convocatoria de Asemblea Xeral Ordinaria de socios e socias que terá lugar no ximnasio do instituto o vindeiro:

                    MARTES 13 DE OUTUBRO DE 2020

                    En  1ª  convocatoria  ás 18:30

                    En  2ª  convocatoria  ás  19:00

Animádevos e presentade a vosa candidatura para pertencer á xunta directiva. Se non a recibistes por correo electrónico, poñédevos en contacto connosco e farémosvos chegar unha, ou solicítanola na propia asemblea.

Traede o voso propio bolígrafo para asinar la asistencia e non ter que compartir. Moitas Grazas.

Se non podedes vir, utilizade  o voto delegado.

Recibide un afectuoso saúdo,

 

Xunta Directiva

 

03 setembro 2020

AXUDAS Á ESCOLARIZACIÓN CONCELLO DE OLEIROS

Estimadas familias,
 
A Concellería de Servizos Sociais e Igualdade do Concello de Oleiros ven de convocar as prestacións de apoio á escolarización para o curso 2020-2021 
 
Este ano, as ditas prestacións de escolarización cambian de formato e pasan a ser tramitadas mediante axudas de emerxencia social, co fin de poder chegar a aquelas familias máis desfavorecidas, sendo unha das súas principais características, que se poden solicitar ao longo de todo o curso escolar.
 
Achegamos nota informativa do concello
 
NOTA INFORMATIVA   PREMER AQUÍ

Recibide un cordial saúdo