AVISO LEGAL

06 decembro 2015

Actividades extraescolares curso 2015-16

Estimadas Familias,
Esta semana  abriuse o prazo de preinscrición das actividades extraescolares para o curso 2015-2016:
-  A actividade  " Obradoiro de Xornalismo", cuxo obxectivo final é a elaboración da revista do Instituto. 

Esta actividade está subvencionada polo Concello de Oleiros:" Con data 15 de outubro de dous mil quince a Xunta de Goberno local acordou conceder á Asociación de nais e país Miguel Hernández unha subvención por importe de 1927 € para o desenrolo da actividade extraescolar de Obradoiro de Xornalismo"

-  Actividades de Ábaco, Oralidade didáctica e Aprender a estudar  ofertadas, ao igual que o curso pasado, pola empresa Motiva:  http://www.motivacev.es/

O prazo de preinscrición finalizará o próximo día 11 de decembro, sendo a datas de inicio dos obradoiros o mes de xaneiro
A información enviouse tamén por correo electrónico.
Achegamos carteis  informativos e formularios que podedes cubrir directamente e reenviar ao correo da ANPA ou ben imprimir e entregar cubertos en conserxaría.
Un afectuoso saúdo,

Xunta Directiva