Dende a Consultora de Xénero e Educación Almas Meraki e impartido por Sara Vierna chéganos a proposta de facer un obradoiro acerca das esixencias estéticas e apariencia física ás que están sometidas as persoas adolescentes actualmente e o sufrimento emocional que xenera.
Baixo o título VAIA GLOW UP! CORPO, APARIENCIA FÍSICA E SAÚDE MENTAL debatiremos e aprenderemos sobre enfoques e ferramentas para acompañar as nosas e os nosos adolescentes. Qué impacto ten este tema na súa vida, de qué xeito están os centros educativos preparados para axudar, enfocar e tratar estas problemáticas e a necesidade de espazos de reflexión e acompañamiento. Ao fin facernos conscientes de que esto existe, o que supón para alumnado e familias e para o centro educativo onde pasan gran parte do seu tempo os nosos fillos e as nosas fillas.
Sería unha formación durante 2 días de 3 horas cada día en horario de 18:00 a 21:00 no IES Miraflores. As prazas son limitadas xa que é o mellor xeito de sacarlle rendemento á formación. As datas a elixir son 27/02 e 13/03 ou 05/03 e 12/03.
Por todo esto, enviámosvos este formulario que nos permita organizar e calendarizar a proposta o mellor posible. Cando saibamos as datas exactas poñerémonos en contacto con vos a través do correo electrónico que nos facilitedes no formulario.
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdJSKy1LDj60-L_P4-wRJ0QnKMOqLhfiLKgimMAiYMlONwEww/viewform
Está dirixido ás familias do IES Miraflores e financiado por a ANPA Miguel Hernández para as familias socias. Se non es familia socia e estás interesada en participar podes facelo cunha matrícula de 20 euros que deberás aboar na conta da Anpa despois de que nos poñamos en contacto contigo a través do correo.


.jpeg)