Dentro do marco da IGUALDADE propuxéronse dende a Anpa ao Centro dúas actividades nos vindeiros días:
O DÍA 8 DE NOVEMBRO o alumnado de 1º da ESO terá a oportunidade de desfrutar da obra de teatro BRAVAS da man de Isa Risco. Bravas fai un percorrido pola historia da muller galega, unha historia sempre roubada, agochada e invisibilizada.
OS DÍAS 19, 20 e 21 DE DECEMBRO DE 2.022, un obradoiro de igualdade. Almas Meraki da man de Sara Vierna. DESCONECTA DO MACHISMO, RECONECTA CONTIGO, Invitarase ao alumnado a poñer en cuestión as identidades e comportamentos limitados e limitantes para enfocalos no desenvolvemento pleno e consciente do seu espazo emocional a partires da interdependencia, o feminismo e a sostenibilidade global.
Por estes motivos propuxemos un CONCURSO DE CARTEIS que fará o alumnado que estea interesado en participar xunto co docente encargada da materia de plástica.
Agardamos ter moitas propostas para que o xurado elixa o mellor cartel.
Deixámosvos AQUÍ o enlace ás bases do concurso e o premio ao mellor cartel de cada actividade.
Anímadevos a participar!!!