Dende a ANPA Miguel Hernandez queremos darvos a benvida a un novo curso.
Queremos ademáis propoñervos esta canle de información que estará de novo actualizada a
partir de agora coas novas de interese para a comunidade educativa.
Poderemos
enviarvos información a través dos correos electrónicos que nos
indicáchedes no impreso de inscrición así como a través de facebook no enlace
que tedes na marxe dereita deste blogue.
Para poñervos en contacto con nós
sempre estaremos no correo electrónico apamiraflores@gmail.com, intentaremos
responder ás vosas preguntas o máis axiña posible. E se queres formar parte da
Anpa e poñer en común as túas inquedanzas, habilidades ou propostas non dubides
en escribirnos.
Desfrutade deste novo curso!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario