As nais e pais que formamos a Xunta Directiva da ANPA
Miguel Hernández do I.E.S Miraflores queremos presentarnos e darvos
a benvida a este novo curso 2019-20
Queremos aproveitar a ocasión para insistir na
importancia do papel que representamos as familias como membros activos da
comunidade educativa, tanto dende a Asociación coma dende o Consello Escolar.
Esta participación permítenos abordar de xeito colectivo os problemas que se
formulan, tanto no referente ao alumnado coma ao centro en xeral, actuando e
propoñendo solucións para conseguir uns fins comúns.
Para desenvolver ben o noso labor cremos que é
necesario coñecer a vosa opinión, coñecer que preocupa ás familias que formamos
parte deste centro escolar. Para iso agradeceriamos nos enviedes as vosas
inquietudes, suxestións, consultas ou dúbidas xa sexa mediante correo
electrónico a apamiraflores@gmail.com ou
a través de conserxaría onde nos farán chegar as vosas comunicacións.
Un afectuoso saúdo,
Xunta Directiva