AVISO LEGAL

14 setembro 2026

BENVIDA AO NOVO CURSO 2026-2027

 Estimadas familias.

Queremos darvos a benvida a un novo curso en especial as novas familias que vos incorporades á comunidade educativa do IES Miraflores. Desexámosvos un bo curso.


Unha vez recibidas as inscricións, estudamos a posibilidade de ofertar actividades extraescolares os luns de 15:00 a 16:00. As únicas actividades que, de momento, parecen ter un número de persoas interesadas suficiente para que den comezo son xadrez e balonmán.

Para inscribirse debedes  cubrir o formulario correspondente antes do 20 de setembro:


- Xadrez (o custo é de 20 euros ao mes por mozo/a para familias non socias e 10 euros para familias socias):


https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScMXRcbGNUvxPshOWBMdZrVAXq-s_DD04iJjQLKa_QtK4_O-w/viewform


- Balonmán (15  euros ao mes por mozo/a para familias non socias e 5 euros para familias socias):


https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdKXt6Sm6_sTdC4PqYazQyC42x-zuo49Q0snqdRvnEGiBTL7w/viewform


As prazas para as novas incorporacións á actividade asignaranse por orde de inscrición.


As actividades comezarán en outubro.

Seguimos abertos a ofrecer calquera outra actividade viable que conte con suficientes interesados, podedes enviarnos a vosas suxestións.

 

Saúdos,

ANPA Miraflores