AVISO LEGAL

01 xuño 2026

PRESTACIÓNS DE APOIO AO COMEDOR ESCOLAR CURSO 2026/2027 CONCELLO DE OLEIROS

 Bo día

O Concello de Oleiros ven de publicar as PRESTACIÓNS DE APOIO AO COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 26/27. Anuncio da convocatoria ordinaria das prestacións de apoio a comedor escolar do Concello de Oleiros para o curso 2026/2027

Estas prestacións están recollidas na ORDENANZA DE MEDIDAS POLA INCLUSIÓN SOCIAL.


A ordenanza establece que o prazo ordinario de solicitude será no mes de xuño anterior ao inicio do curso escolar. Polo tanto, o prazo de presentación de solicitudes para a prestación de apoio a comedor escolar para o curso 2026/2027 iniciarase o luns 1 de xuño e finalizará o martes 30 de xuño.

As solicitudes xunto coa documentación necesaria deberán presentalas nos rexistros establecidos.

LUGARES DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES: 

REXISTRO XERAL DO CONCELLO: Praza de Galicia 1 - Oleiros. Horario de 8.30 - 14.00h.

VILLA ECHEVERRY: Avenida Ernesto Che Guevara 45 - Perillo. Horario de 9.00 - 14.00h.

NA SEDE ELECTRÓNICA, NO APARTADO REXISTRO E NO TRÁMITEINSTANCIA TIPO PARA SOLICITUDES XENÉRICAS DE REXISTRO ELECTRÓNICO.


 Lede con atención, todos os requisitos, para saber se os cumprides ou non,   asinade todos os consentimentos e todas as persoas da unidade de convivencia, e achegade toda a documentación necesaria, para poder descontar os gastos recollidos na ordenanza.


Tedes toda a información da normativa e documentos PDF así como as porcentaxes de axuda ás que se pode acceder, no seguinte enlace: PRESTACIÓNS DE APOIO AO COMEDOR ESCOLAR CURSO 2026/2027


07 maio 2026

FROITA FRESCA NO MES DE MAIO

 Bo día familias

Como cada ano durante o mes de maio, dende a Anpa e coa colaboración do Instituto e da empresa que presta o servizo de comedor, Asueto, faise reparto de froita durante o recreo. Comezamos hoxe e, coma cada ano, é todo un éxito. Alegrámonos de que sexa así!!!!

A desfrutalo!!!






01 febreiro 2026

FORMACIÓN PRÁCTICA PARA FAMILIAS: "VAIA GLOW UP! CORPO, APARIENCIA FÍSICA E SAÚDE MENTAL"




Dende a Consultora de Xénero e Educación Almas Meraki e impartido por Sara Vierna chéganos a proposta de facer un obradoiro acerca das esixencias estéticas e apariencia física ás que están sometidas as persoas adolescentes actualmente e o sufrimento emocional que xenera.







Baixo o título VAIA GLOW UP! CORPO, APARIENCIA FÍSICA E SAÚDE MENTAL debatiremos e aprenderemos sobre enfoques e ferramentas para acompañar as nosas e os nosos adolescentes. Qué impacto ten este tema na súa vida, de qué xeito están os centros educativos preparados para axudar, enfocar e tratar estas problemáticas e a necesidade de espazos de reflexión e acompañamiento. Ao fin facernos conscientes  de que esto existe, o que supón para alumnado e familias e para o centro educativo onde pasan gran parte do seu tempo os nosos fillos e as nosas fillas.

Sería unha formación durante 2 días de 3 horas cada día en horario de 18:00 a 21:00 no IES Miraflores. As prazas son limitadas xa que é o mellor xeito de sacarlle rendemento á formación. As datas a elixir son 27/02 e 13/03 ou 05/03 e 12/03.

Por todo esto, enviámosvos este formulario que nos permita organizar e calendarizar a proposta o mellor posible. Cando saibamos as datas exactas poñerémonos en contacto con vos a través do correo electrónico que nos facilitedes no formulario.

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdJSKy1LDj60-L_P4-wRJ0QnKMOqLhfiLKgimMAiYMlONwEww/viewform


Está dirixido ás familias do IES Miraflores e  financiado por a ANPA Miguel Hernández para as familias socias. Se non es familia socia e estás interesada en participar podes facelo cunha matrícula de 20 euros que deberás aboar na conta da Anpa despois de que nos poñamos en contacto contigo a través do correo.



28 xaneiro 2026

REDES, ADICCIÓNS E OUTROS RISCOS NA ADOLESCENCIA

 




Bo día ,

lembrámosvos que o LUNS, 2 DE FEBREIRO, ÁS 19:00 NO SALÓN DE ACTOS DO IES MIRAFLORES teremos unha charla do PLAN DIRECTOR para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e as súas contornas.

 Será impartida por Fernando JiménezGarda Civil Formador do Plan Director, 1ª Compañía, Comandancia de A Coruña.

14 xaneiro 2026

SUBVENCIÓN CONCELLO DE OLEIROS

 



En novembro do pasado ano 2025 aceptamos a subvención concedida polo Concello de Oleiros á nosa Asociación por Resolución 2025006129 de data 20/11/2025 por importe de 1.941,17€.

13 xaneiro 2026

OBRADOIRO LEGO SERIUS PLAY

 Bo día familias!!!

Feliz Ano 2026. Agardamos que puidérades descansar nestas vacacións e que iniciedes o ano con ilusión e tranquilidade.

Rematamos o primeiro trimestre cun obradoiro ben interesante do que vos deixamos entrada.

Foi un obradoiro de desenvolvemento vocacional dirixido ao alumnado de 4ºESO coa metodoloxía LEGO SERIUS PLAY. Da man de Carmen De la Sierra e o seu equipo levaron a cabo un obradoiro práctico centrado na introspección persoal e que motivou ao alumnado a pensar e descubrir cales son as súas capacidades e talentos ocultos.

Pensamos que tivo un aproveitamento moi bo e o alumnado recoñeceu ter o espazo para poder facer aflorar cousas nas que nunca pensara sobre sÍ mesmo. 

A través desta metodoloxía xerouse un espazo de confianza e de comunicación aberta e respetuosa moi interesante.

Deixámosvos algunhas fotografías. Todo o alumnado de 4ºESO repartiuse entre dous días, 17 e 19 de decembro con 3 horas para cada obradoiro. 

Moitas grazas a Carmen e o seu equipo, ao alumnado que tanto desfrutou e ao profesorado e dirección do IES que apoiou o obradoiro e fixo posible o seu desenvolvemento.