Estimadas familias.
Como moitas de vos xa veríades na web do Instituto está aberto o prazo para o STEM Talent Girl.
Este é un programa gratuíto que ofrece mentoría e desenvolvemento persoal e educativo —co obxectivo de fomentar o interese polas carreiras científicas e tecnolóxicas— para rapazas matriculadas actualmente en educación secundaria, bacharelato, formación profesional ou estudos universitarios.
E non solo o fomento e interese por temas científicos e tecnolóxicos. A través de diversas actividades, as participantes adquiren experiencia práctica no desenvolvemento de competencias fundamentais tanto para a súa traxectoria educativa como para a súa futura carreira profesional: liderado, pensamento crítico, resiliencia, toma de decisións, comunicación, traballo en equipo, cooperación interdisciplinaria e creación de redes e sinerxías.
O obxectivo é apoialos para que descubran o seu potencial, amplíen os seus horizontes e exploren posibilidades futuras que quizais non consideraran anteriormente, independentemente da etapa educativa na que se incorporen ao programa.
Supón unha dedicación aproximada de unha sesión ao mes.
Podedes atopar toda a información nesta páxina: https://talent-girl.com/
Dito esto queríamos lembrarvos que o prazo de inscrición remata este mércores día 30 de setembro.
Ademáis este luns 28 de setembro as 18.30 hai unha sesión informativa a través de Zoom da que vos deixamos o enlace por se podedes unirvos e así escoitar de primeira man en qué consiste o programa e poder facer todas as preguntas que teñades.
Reunión informativa STEM Talent Girl:
📅 Lunes, 28 de septiembre
🕡 18:30 h
🖥️ Online – Zoom
👉 Acceso a la sesión: https://us02web.zoom.us/j/87226692690
ID de reunión: 872 2669 2690
Anímadevos!!!
Un saúdo