Estimadas familias,
Un ano máis a ANPA organiza o banco de libros de texto doados solidariamente polas familias.
Achegámosvos o enlace á primeira circular que nestes días remitiron desde o Centro:
Na próxima semana enviaremos outra circular coas datas e horarios de entrega.
Moitas grazas pola vosa participación!
Saúdos
Xunta directiva
24 maio 2016
Axudas municipais para a escolarización para o curso 2016/17
Estimadas familias,
Está aberto o prazo para solicitar axudas para a prestación de apoio á escolarización para o curso 2016/17, no Concello de Oleiros.
Pódense presentar no rexistro municipal ata o día 2 de xuño , inclusive.
Ésta é a folla informativa donde atopar todos os requisitos e o enlace á solicitude.
Saúdos
Xunta directiva
Está aberto o prazo para solicitar axudas para a prestación de apoio á escolarización para o curso 2016/17, no Concello de Oleiros.
Pódense presentar no rexistro municipal ata o día 2 de xuño , inclusive.
Ésta é a folla informativa donde atopar todos os requisitos e o enlace á solicitude.
Saúdos
Xunta directiva
19 maio 2016
Axudas económicas para libros de texto e material escolar
Estimadas familias,
A Consellería de Educación convoca un fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/17.
No fondo solidario de libros de texto poderá participar o alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria e en 1º e 3º de ESO; cursos en que, necesariamente, se manterán os libros de texto do curso 2015/16.
A asignación farase:
a) Ao alumnado que participe no fondo solidario, por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar, ata que se esgoten as existencias.
b) Terá preferencia para esta adxudicación o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda.
Na convocatoria de axudas para adquirir libros de texto poderá participar o alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, en 2º e 4º de ESO, e en educación especial.
A convocatoria de axudas para adquirir material escolar está destinada ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o día 23 de xuño de 2016 (este incluído).
As solicitudes poden tramitarse dende https://sede.xunta.es/ co procedemento ED330B
Máis información no DOG do 16 de maio de 2016 e en https://www.edu.xunta.es/axudaslibros/
Saúdos,
Xunta directiva
|
10 marzo 2016
3 ª edición CONCURSO "MICRORRELATOS SOBRE O MEU INSTITUTO"
A
3ª edición do concurso “MICRORRELATOS
SOBRE
O MEU INSTITUTO” que
organiza a ANPA
en
colaboración coa biblioteca do centro e co motivo do día do libro,
xa
está en marcha.
Sabemos
da importancia deste “mobiliario” na vosa vida escolar e por eso
pensamos que pode dar xogo a textos de humor, amor, medo, intriga,
fenómenos paranormais…
BASES:
-
Extensión máxima: 100 palabras.
-
Idioma: Galego, castelán, inglés ou francés.
-
O texto debe comezar coa frase: “ Cuando abrí la puerta de la taquilla...” (en calquera dos idiomas mencionados anteriormente).
-
Só poderá presentarse un microrrelato por persoa.
-
Serán de autoría propia, firmados cun pseudónimo e nivel do curso (1º ESO, 4ª ESO, Bacharelato…).
-
Achegarase ao microrrelato un sobre pechado onde levará : no exterior o pseudónimo e curso e no interior o nome e apelidos do autor /a. Só abriranse os sobres dos relatos gañadores.
-
Entregaranse ao profesorado de lingua correspondente ou á responsable de biblioteca.
-
O Xurado estará formado por representantes da ANPA e por profesorado responsable da biblioteca.
-
Os resultados publicaranse no blog da ANPA e nos taboleiros do Centro.
-
Hai cinco categorías con tres premios cada unha delas (Vales para canxear nunha papelería a determinar)
- 1º PREMIO2º PREMIO3º PREMIO1º ESO75 euros50 euros25 euros2º ESO75 euros50 euros25 euros3º ESO75 euros50 euros25 euros4º ESO75 euros50 euros25 eurosBACHARELATO75 euros50 euros25 euros
DATA
tope de entrega:
11
de ABRIL
ANIMÁDEVOS
A PARTICIPAR
!!!
09 marzo 2016
Próximo envío de CUESTIONARIO de COMEDOR
Estimadas familias,
Como xa sabedes, o servizo de comedor que ofrece o Instituto é xestionado pola ANPA tras a autorización por parte do Delegado Provincial da Consellería de Educación no ano 2001. Dende entón o Grupo Hostelero Asueto S.L., encárgase da xestión da cociña, a elaboración da comida no propio centro e a vixilancia do alumnado.
A ANPA Miguel Hernández, ofrece o servizo de comedor, seguindo o Decreto 132/2013, do 1 de agosto, polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos, na modalidade establecida no artigo 2, punto 1 apartado e “Xestión do comedor escolar por entidades privadas sen ánimo de lucro, responsables da contratación e xestión integral do servizo, autorizadas para o efecto pola Consellería competente en materia de educación, coas que esta, no seu caso, poderá establecer fórmulas de colaboración mutua.”
En xuño deste curso 2015-2016, vence o contrato que por cinco anos máis asinouse en 2011 coa empresa Grupo Hostelero Asueto, S.L. para a prestación do servizo de comedor e vixilancia.
As nais e pais que formamos a actual Xunta Directiva estamos empezando xa a traballar para a renovación do mesmo e consideramos importante ter a vosa valoración achega do servizo que se ofrece actualmente. Para iso, recibiredes nos próximos días un correo noso cun enlace a un cuestionario de preguntas abertas a través do cal agradeceriámosvos transmitísedesnos as vosas opinións, e/ou a dos vosos fillos e fillas.
Agradecendo de antemán a vosa colaboración e implicación enviámosvos un afectuoso saúdo.
Berta M. Pérez
Xunta Directiva
ANPA Miguel Hernández
14 xaneiro 2016
Programa de Reforzo e Apoio Escolar do Concello
Prezadas familias,
Xa está aberto o prazo
de inscrición para o Programa de Reforzo e Apoio Escolar do
Concello.
O
programa ten como obxectivo fundamental o de previr o fracaso escolar
entre os nosos escolares e favorecer a igualdade de oportunidades do
alumnado.
Comezará
o 11 de xaneiro, irá dirixido novamente ao alumnado de primaria e
secundaria do Concello de Oleiros.
A
inscrición pode facerse presencialmente, cubrindo e asinando a ficha
de inscrición do programa e entregándoa na Concellería de Ensino e
Xuventude sita no Centro
Cultural A Fábrica, ou nos centros escolares, solicitando a ficha de
inscrición, e entregándoa asinada e cuberta no propio Centro.
O
horario da actividade será de 17:00 a 19:00 horas.
As
sesións realizaranse no seguinte calendario semanal:
* Casa
do Pobo de NÓS
Educación
Primaria: Luns
Educación
Secundaria: Xoves
* Centro
Social de RIALTA
Educación
Primaria: Martes
Educación
Secundaria: Mércores
* Casa
da Cultura de PERILLO
Educación
Primaria: Mércores
Educación
Secundaria: Venres
Saúdos
Xunta directiva
Xunta directiva
20 decembro 2015
FELICES FESTAS!
Estimadas familias
Desde a ANPA queremos desexarvos que pasedes unhas Felices Festas, descansando e gozando coas familias.
Desde a ANPA queremos desexarvos que pasedes unhas Felices Festas, descansando e gozando coas familias.
Un saúdo agarimoso,
Xunta directiva
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)