Prezadas familias,
Xa está aberto o prazo
de inscrición para o Programa de Reforzo e Apoio Escolar do
Concello.
O
programa ten como obxectivo fundamental o de previr o fracaso escolar
entre os nosos escolares e favorecer a igualdade de oportunidades do
alumnado.
Comezará
o 11 de xaneiro, irá dirixido novamente ao alumnado de primaria e
secundaria do Concello de Oleiros.
A
inscrición pode facerse presencialmente, cubrindo e asinando a ficha
de inscrición do programa e entregándoa na Concellería de Ensino e
Xuventude sita no Centro
Cultural A Fábrica, ou nos centros escolares, solicitando a ficha de
inscrición, e entregándoa asinada e cuberta no propio Centro.
O
horario da actividade será de 17:00 a 19:00 horas.
As
sesións realizaranse no seguinte calendario semanal:
* Casa
do Pobo de NÓS
Educación
Primaria: Luns
Educación
Secundaria: Xoves
* Centro
Social de RIALTA
Educación
Primaria: Martes
Educación
Secundaria: Mércores
* Casa
da Cultura de PERILLO
Educación
Primaria: Mércores
Educación
Secundaria: Venres
Saúdos
Xunta directiva
Xunta directiva
Ningún comentario:
Publicar un comentario