A Consellería de Educación convoca un fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/17.
No fondo solidario de libros de texto poderá participar o alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria e en 1º e 3º de ESO; cursos en que, necesariamente, se manterán os libros de texto do curso 2015/16.
A asignación farase:
a) Ao alumnado que participe no fondo solidario, por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar, ata que se esgoten as existencias.
b) Terá preferencia para esta adxudicación o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda.
Na convocatoria de axudas para adquirir libros de texto poderá participar o alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, en 2º e 4º de ESO, e en educación especial.
A convocatoria de axudas para adquirir material escolar está destinada ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o día 23 de xuño de 2016 (este incluído).
As solicitudes poden tramitarse dende https://sede.xunta.es/ co procedemento ED330B
Máis información no DOG do 16 de maio de 2016 e en https://www.edu.xunta.es/axudaslibros/
Saúdos,
Xunta directiva
|
19 maio 2016
Axudas económicas para libros de texto e material escolar
Estimadas familias,
10 marzo 2016
3 ª edición CONCURSO "MICRORRELATOS SOBRE O MEU INSTITUTO"
A
3ª edición do concurso “MICRORRELATOS
SOBRE
O MEU INSTITUTO” que
organiza a ANPA
en
colaboración coa biblioteca do centro e co motivo do día do libro,
xa
está en marcha.
Sabemos
da importancia deste “mobiliario” na vosa vida escolar e por eso
pensamos que pode dar xogo a textos de humor, amor, medo, intriga,
fenómenos paranormais…
BASES:
-
Extensión máxima: 100 palabras.
-
Idioma: Galego, castelán, inglés ou francés.
-
O texto debe comezar coa frase: “ Cuando abrí la puerta de la taquilla...” (en calquera dos idiomas mencionados anteriormente).
-
Só poderá presentarse un microrrelato por persoa.
-
Serán de autoría propia, firmados cun pseudónimo e nivel do curso (1º ESO, 4ª ESO, Bacharelato…).
-
Achegarase ao microrrelato un sobre pechado onde levará : no exterior o pseudónimo e curso e no interior o nome e apelidos do autor /a. Só abriranse os sobres dos relatos gañadores.
-
Entregaranse ao profesorado de lingua correspondente ou á responsable de biblioteca.
-
O Xurado estará formado por representantes da ANPA e por profesorado responsable da biblioteca.
-
Os resultados publicaranse no blog da ANPA e nos taboleiros do Centro.
-
Hai cinco categorías con tres premios cada unha delas (Vales para canxear nunha papelería a determinar)
- 1º PREMIO2º PREMIO3º PREMIO1º ESO75 euros50 euros25 euros2º ESO75 euros50 euros25 euros3º ESO75 euros50 euros25 euros4º ESO75 euros50 euros25 eurosBACHARELATO75 euros50 euros25 euros
DATA
tope de entrega:
11
de ABRIL
ANIMÁDEVOS
A PARTICIPAR
!!!
09 marzo 2016
Próximo envío de CUESTIONARIO de COMEDOR
Estimadas familias,
Como xa sabedes, o servizo de comedor que ofrece o Instituto é xestionado pola ANPA tras a autorización por parte do Delegado Provincial da Consellería de Educación no ano 2001. Dende entón o Grupo Hostelero Asueto S.L., encárgase da xestión da cociña, a elaboración da comida no propio centro e a vixilancia do alumnado.
A ANPA Miguel Hernández, ofrece o servizo de comedor, seguindo o Decreto 132/2013, do 1 de agosto, polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos, na modalidade establecida no artigo 2, punto 1 apartado e “Xestión do comedor escolar por entidades privadas sen ánimo de lucro, responsables da contratación e xestión integral do servizo, autorizadas para o efecto pola Consellería competente en materia de educación, coas que esta, no seu caso, poderá establecer fórmulas de colaboración mutua.”
En xuño deste curso 2015-2016, vence o contrato que por cinco anos máis asinouse en 2011 coa empresa Grupo Hostelero Asueto, S.L. para a prestación do servizo de comedor e vixilancia.
As nais e pais que formamos a actual Xunta Directiva estamos empezando xa a traballar para a renovación do mesmo e consideramos importante ter a vosa valoración achega do servizo que se ofrece actualmente. Para iso, recibiredes nos próximos días un correo noso cun enlace a un cuestionario de preguntas abertas a través do cal agradeceriámosvos transmitísedesnos as vosas opinións, e/ou a dos vosos fillos e fillas.
Agradecendo de antemán a vosa colaboración e implicación enviámosvos un afectuoso saúdo.
Berta M. Pérez
Xunta Directiva
ANPA Miguel Hernández
14 xaneiro 2016
Programa de Reforzo e Apoio Escolar do Concello
Prezadas familias,
Xa está aberto o prazo
de inscrición para o Programa de Reforzo e Apoio Escolar do
Concello.
O
programa ten como obxectivo fundamental o de previr o fracaso escolar
entre os nosos escolares e favorecer a igualdade de oportunidades do
alumnado.
Comezará
o 11 de xaneiro, irá dirixido novamente ao alumnado de primaria e
secundaria do Concello de Oleiros.
A
inscrición pode facerse presencialmente, cubrindo e asinando a ficha
de inscrición do programa e entregándoa na Concellería de Ensino e
Xuventude sita no Centro
Cultural A Fábrica, ou nos centros escolares, solicitando a ficha de
inscrición, e entregándoa asinada e cuberta no propio Centro.
O
horario da actividade será de 17:00 a 19:00 horas.
As
sesións realizaranse no seguinte calendario semanal:
* Casa
do Pobo de NÓS
Educación
Primaria: Luns
Educación
Secundaria: Xoves
* Centro
Social de RIALTA
Educación
Primaria: Martes
Educación
Secundaria: Mércores
* Casa
da Cultura de PERILLO
Educación
Primaria: Mércores
Educación
Secundaria: Venres
Saúdos
Xunta directiva
Xunta directiva
20 decembro 2015
FELICES FESTAS!
Estimadas familias
Desde a ANPA queremos desexarvos que pasedes unhas Felices Festas, descansando e gozando coas familias.
Desde a ANPA queremos desexarvos que pasedes unhas Felices Festas, descansando e gozando coas familias.
Un saúdo agarimoso,
Xunta directiva
06 decembro 2015
Actividades extraescolares curso 2015-16
Estimadas Familias,
Esta semana abriuse o prazo de preinscrición das actividades extraescolares para o curso 2015-2016:
- A actividade " Obradoiro de Xornalismo", cuxo obxectivo final é a elaboración da revista do Instituto.
Esta actividade está subvencionada polo Concello de Oleiros:" Con
data 15 de outubro de dous mil quince a Xunta de Goberno local
acordou conceder á Asociación de nais e país Miguel Hernández
unha subvención por importe de 1927 € para o desenrolo da
actividade extraescolar de Obradoiro de Xornalismo"
- Actividades de Ábaco, Oralidade didáctica e Aprender a estudar ofertadas, ao igual que o curso pasado, pola empresa Motiva: http://www.motivacev.es/
O prazo de preinscrición finalizará o próximo día 11 de decembro, sendo a datas de inicio dos obradoiros o mes de xaneiro.
A información enviouse tamén por correo electrónico.
Achegamos carteis informativos e formularios que podedes cubrir directamente e reenviar ao correo da ANPA ou ben imprimir e entregar cubertos en conserxaría.
Un afectuoso saúdo,
Xunta Directiva
01 decembro 2015
NORMATIVA
Estimadas familias,
Deixámosvos aquí a normativa que regula o dereito das familias e alumnos/as a unha evaluación obxetiva e á revisión/reclamación de exames.
1) Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de Educación (no modificada por la LOMCE en este artículo):
"Artículo 91. Funciones del profesorado.
1. Las funciones del profesorado son, entre otras, las siguientes:
b) La evaluación del proceso de aprendizaje del alumnado, así como la evaluación de los procesos de enseñanza.
c) La tutoría de los alumnos, la dirección y la orientación de su aprendizaje y el apoyo en su proceso educativo, en colaboración con las familias.
h) La información periódica a las familias sobre el proceso de aprendizaje de sus hijos e hijas, así como la orientación para su cooperación en el mismo.
2) LEI 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa (DOG 15 de xullo de 2011):
"Artigo 6. Dereitos e deberes das nais e pais ou das titoras ou titores.
1. As nais e pais ou as titoras ou titores, en relación coa educación dos seus fillos ou fillas ou pupilos ou pupilas, son titulares dos seguintes dereitos de convivencia e participación, sen prexuízo dos establecidos nas leis orgánicas de educación:
b) A estar informados sobre o progreso da aprendizaxe e integración socioeducativa dos seus fillos ou fillas ou pupilos ou pupilas, para o que se lles facilitará o acceso ao profesorado e aos membros dos equipos directivos dos centros docentes.
Artigo 8. Dereitos e deberes do profesorado.2. Son deberes do profesorado:
d) Informar ás nais e pais ou ás titoras ou titores sobre o progreso da aprendizaxe e integración socioeducativa dos seus fillos ou fillas ou pupilos ou pupilas, cumprindo as obrigas de dispoñibilidade dentro do horario establecido no centro para a atención a aqueles que lle impoña a normativa aplicable.
3) DECRETO 86/2015, de 25 de junio, por el que se establece el currículo de la educación secundaria obligatoria y del bachillerato en la Comunidad Autónoma de Galicia (DOG 29 de xuño de 2015):"Artículo 21. Evaluaciones en ESO
5. La consellería con competencias en materia de educación garantizará el derecho de los alumnos y de las alumnas a una evaluación objetiva y a que su dedicación, su esfuerzo y su rendimiento se valoren y se reconozcan con objetividad, para lo cual establecerá los oportunos procedimientos.
A fin de garantizar el derecho de los alumnos y de las alumnas a que su rendimiento se valore con arreglo a criterios de plena objetividad, los centros docentes adoptarán las medidas precisas para hacer públicos y comunicar a las familias los criterios de evaluación, los estándares de aprendizaje, las estrategias y los instrumentos de evaluación, y los criterios de promoción.
Análogo para Bachillerato en el artículo 33º.
En relación a o procedemento para tramitar as RECLAMACIONS síguese aplicando a Orden do 28 de agosto de 1995 pola que se regula o procedimiento para garantizar o dereito dos alumnos de ESO e Bacharelato a que o seu rendimento escolar sexa evaluado conforme a criterios obxetivos (BOE 20/09/95) e en 2º de Bachillerato e a Orde do 22 de abril de 2010 pola que se establece o procedemento que cómpre seguir nas reclamacións de cualificacións outorgadas no segundo curso do Bacharelato (DOG de 04/05/10).
Orden do 28 de agosto de 1995
Orden do 22 de abril de 2010
As Ordes fan referencia á nota final de xuño e setembro e é unha normativa máis estrita en canto a prazos e procedementos.
Lembrámosvos que para o resto de exames ordinarios que se realizan durante o curso, o alumnado e as familias, previa petición de tutoría, poden solicitar ao profesor/a da materia a revisión dos mesmos cando o consideren necesario.
Un afectuoso saúdo

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)