AVISO LEGAL

09 marzo 2016

Próximo envío de CUESTIONARIO de COMEDOR

Estimadas familias,
Como xa sabedes, o servizo de comedor  que ofrece o Instituto  é xestionado pola ANPA tras a autorización por parte do Delegado Provincial da Consellería de Educación no ano 2001. Dende entón o  Grupo Hostelero Asueto S.L.,  encárgase  da xestión da cociña, a  elaboración da comida no propio centro e a vixilancia do alumnado. 
A ANPA Miguel Hernández,  ofrece o servizo de comedor, seguindo o Decreto  132/2013, do 1 de agosto, polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos, na modalidade establecida no artigo 2, punto 1 apartado e  “Xestión do comedor escolar por entidades privadas sen ánimo de lucro, responsables da contratación e xestión integral do servizo, autorizadas para o efecto pola Consellería competente en materia de educación, coas que esta, no seu caso, poderá establecer fórmulas de colaboración mutua.”
En xuño deste curso 2015-2016, vence o contrato que por cinco anos  máis asinouse en 2011 coa empresa Grupo Hostelero Asueto, S.L. para a prestación do servizo de comedor e vixilancia. 
As nais e pais que formamos a actual Xunta Directiva estamos empezando xa a traballar para a renovación do mesmo e consideramos importante ter a vosa valoración achega do servizo que se ofrece actualmente. Para iso, recibiredes nos próximos días un correo noso cun enlace a un cuestionario de preguntas abertas a través do cal agradeceriámosvos transmitísedesnos as vosas opinións, e/ou a dos vosos fillos e fillas. 

Agradecendo de antemán a vosa colaboración e implicación enviámosvos un afectuoso saúdo.

Berta M. Pérez 
Xunta Directiva

ANPA Miguel Hernández

14 xaneiro 2016

Programa de Reforzo e Apoio Escolar do Concello

Prezadas familias,

Xa está aberto o prazo de inscrición para o Programa de Reforzo e Apoio Escolar do Concello.

O programa ten como obxectivo fundamental o de previr o fracaso escolar entre os nosos escolares e favorecer a igualdade de oportunidades do alumnado.

Comezará o 11 de xaneiro, irá dirixido novamente ao alumnado de primaria e secundaria do Concello de Oleiros.

A inscrición pode facerse presencialmente, cubrindo e asinando a ficha de inscrición do programa e entregándoa na Concellería de Ensino e Xuventude sita no Centro Cultural A Fábrica, ou nos centros escolares, solicitando a ficha de inscrición, e entregándoa asinada e cuberta no propio Centro.

O horario da actividade será de 17:00 a 19:00 horas.

As sesións realizaranse no seguinte calendario semanal:
* Casa do Pobo de NÓS

           Educación Primaria:  Luns
           Educación Secundaria: Xoves

* Centro Social de RIALTA

          Educación Primaria: Martes
          Educación Secundaria: Mércores

*  Casa da Cultura de PERILLO
          
          Educación Primaria: Mércores
          Educación Secundaria: Venres




Saúdos


Xunta directiva 





20 decembro 2015

FELICES FESTAS!

Estimadas familias

Desde a ANPA queremos desexarvos que pasedes  unhas Felices Festas, descansando e gozando coas familias.




Un saúdo agarimoso,

Xunta directiva 




06 decembro 2015

Actividades extraescolares curso 2015-16

Estimadas Familias,
Esta semana  abriuse o prazo de preinscrición das actividades extraescolares para o curso 2015-2016:
-  A actividade  " Obradoiro de Xornalismo", cuxo obxectivo final é a elaboración da revista do Instituto. 

Esta actividade está subvencionada polo Concello de Oleiros:" Con data 15 de outubro de dous mil quince a Xunta de Goberno local acordou conceder á Asociación de nais e país Miguel Hernández unha subvención por importe de 1927 € para o desenrolo da actividade extraescolar de Obradoiro de Xornalismo"

-  Actividades de Ábaco, Oralidade didáctica e Aprender a estudar  ofertadas, ao igual que o curso pasado, pola empresa Motiva:  http://www.motivacev.es/

O prazo de preinscrición finalizará o próximo día 11 de decembro, sendo a datas de inicio dos obradoiros o mes de xaneiro. 
A información enviouse tamén por correo electrónico.
Achegamos carteis  informativos e formularios que podedes cubrir directamente e reenviar ao correo da ANPA ou ben imprimir e entregar cubertos en conserxaría.
Un afectuoso saúdo,

Xunta Directiva

01 decembro 2015

NORMATIVA

Estimadas familias,

Deixámosvos aquí a normativa que regula o dereito das familias e alumnos/as  a unha evaluación obxetiva e á revisión/reclamación de exames.

1) Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de Educación (no modificada por la LOMCE en este artículo):
"Artículo 91. Funciones del profesorado.
1. Las funciones del profesorado son, entre otras, las siguientes:
b) La evaluación del proceso de aprendizaje del alumnado, así como la evaluación de los procesos de enseñanza.
c) La tutoría de los alumnos, la dirección y la orientación de su aprendizaje y el apoyo en su proceso educativo, en colaboración con las familias.
h) La información periódica a las familias sobre el proceso de aprendizaje de sus hijos e hijas, así como la orientación para su cooperación en el mismo.

2) LEI 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa (DOG 15 de xullo de 2011):
"Artigo 6. Dereitos e deberes das nais e pais ou das titoras ou titores.

1. As nais e pais ou as titoras ou titores, en relación coa educación dos seus fillos ou fillas ou pupilos ou pupilas, son titulares dos seguintes dereitos de convivencia e participación, sen prexuízo dos establecidos nas leis orgánicas de educación:
b) A estar informados sobre o progreso da aprendizaxe e integración socioeducativa dos seus fillos ou fillas ou pupilos ou pupilas, para o que se lles facilitará o acceso ao profesorado e aos membros dos equipos directivos dos centros docentes.
Artigo 8. Dereitos e deberes do profesorado.2. Son deberes do profesorado:
d) Informar ás nais e pais ou ás titoras ou titores sobre o progreso da aprendizaxe e integración socioeducativa dos seus fillos ou fillas ou pupilos ou pupilas, cumprindo as obrigas de dispoñibilidade dentro do horario establecido no centro para a atención a aqueles que lle impoña a normativa aplicable.

3) DECRETO 86/2015, de 25 de junio, por el que se establece el currículo de la educación secundaria obligatoria y del bachillerato en la Comunidad Autónoma de Galicia (DOG 29 de xuño de 2015):"Artículo 21. Evaluaciones en ESO
5. La consellería con competencias en materia de educación garantizará el derecho de los alumnos y de las alumnas a una evaluación objetiva y a que su dedicación, su esfuerzo y su rendimiento se valoren y se reconozcan con objetividad, para lo cual establecerá los oportunos procedimientos.
A fin de garantizar el derecho de los alumnos y de las alumnas a que su rendimiento se valore con arreglo a criterios de plena objetividad, los centros docentes adoptarán las medidas precisas para hacer públicos y comunicar a las familias los criterios de evaluación, los estándares de aprendizaje, las estrategias y los instrumentos de evaluación, y los criterios de promoción.
Análogo para Bachillerato en el artículo 33º.

En relación a o procedemento para tramitar as RECLAMACIONS  síguese aplicando a Orden do 28 de agosto de 1995 pola que se regula o procedimiento para garantizar o dereito dos alumnos de ESO e Bacharelato a que o seu rendimento escolar sexa evaluado conforme a criterios obxetivos (BOE 20/09/95) e en 2º de Bachillerato e a Orde do 22 de abril de 2010 pola que se establece o procedemento que cómpre seguir nas reclamacións de cualificacións outorgadas no segundo curso do Bacharelato (DOG de 04/05/10).


Orden do 28 de agosto de 1995

Orden do 22 de abril de 2010

As Ordes fan referencia á nota final de xuño e setembro e é unha normativa máis estrita en canto a prazos e procedementos.

Lembrámosvos que para o resto de exames ordinarios que se realizan durante o curso, o alumnado e as familias, previa petición de tutoría, poden solicitar ao profesor/a da materia a revisión dos mesmos cando o consideren necesario.

Un afectuoso saúdo
Xunta Directiva

16 novembro 2015

AXUDAS MATERIAL ESCOLAR CURSO 2015-2016

Estimadas Familias,

A Xunta de Galicia ven de publicar unha nova convocatoria de Axudas para a adquisición de material escolar para este curso 2015-2016.

Achegamos o enlace da publicación.

DOG do 10 de Novembro de 2015

Un afectuoso Saúdo,
Xunta Directiva

23 outubro 2015

AXUDAS COMEDORES ESCOLARES 2015-2016 CONCELLO DE OLEIROS

Estimadas familias,

Ao abeiro da convocatoria de axudas para a asistencia a comedores escolares do Concello de Oleiros para o curso 2015-2016, os comunicamos que a partir do 21 de outubro e ata o 7 de novembro está aberto o prazo para a presentación de solicitudes.

Achegamos copia das bases e dos impresos para formular a solicitude.

A solicitude hai que presentala no rexistro sito no Centro Cultural  A Fábrica, en Santa Cristina.

Un saúdo,
Xunta Directiva

BASES DA CONVOCATORIA

ANEXO   

Nota: O sábado 7 de novembro o rexistro da Casa do Concello estará aberto de 8:45 a 13:15