20 setembro 2022
NOVO CURSO 2022-2023
Dende a ANPA Miguel Hernandez queremos darvos a benvida a un novo curso.
Queremos ademáis propoñervos esta canle de información que estará de novo actualizada a
partir de agora coas novas de interese para a comunidade educativa.
Poderemos
enviarvos información a través dos correos electrónicos que nos
indicáchedes no impreso de inscrición así como a través de facebook no enlace
que tedes na marxe dereita deste blogue.
Para poñervos en contacto con nós
sempre estaremos no correo electrónico apamiraflores@gmail.com, intentaremos
responder ás vosas preguntas o máis axiña posible. E se queres formar parte da
Anpa e poñer en común as túas inquedanzas, habilidades ou propostas non dubides
en escribirnos.
Desfrutade deste novo curso!!!!
14 decembro 2020
Taller de periodismo
A partir de enero pondremos en marhca el Taller de Periodismo. Es una actividad gratuíta para los socios de la AMPA pero abierta a todo el alumnado. Si estás interesado, envía un correo a actividades.apamiraflores@gmail.com. Date prisa. Las plazas son limitadas.
07 outubro 2020
ASEMBLEA XERAL ORDINARIA
Estimadas Familias,
Os informamos da convocatoria de Asemblea Xeral Ordinaria de socios e socias que terá lugar no ximnasio do instituto o vindeiro:
MARTES 13 DE OUTUBRO DE 2020
En 1ª convocatoria ás 18:30
En 2ª convocatoria ás 19:00
Animádevos e presentade a vosa candidatura para pertencer á xunta directiva. Se non a recibistes por correo electrónico, poñédevos en contacto connosco e farémosvos chegar unha, ou solicítanola na propia asemblea.
Traede o voso propio bolígrafo para asinar la asistencia e non ter que compartir. Moitas Grazas.
Se non podedes vir, utilizade o voto delegado.
Recibide un afectuoso saúdo,
Xunta Directiva
03 setembro 2020
AXUDAS Á ESCOLARIZACIÓN CONCELLO DE OLEIROS
Estimadas familias,
A Concellería de Servizos Sociais e Igualdade do Concello de Oleiros ven de convocar as prestacións de apoio á escolarización para o curso 2020-2021
Este ano, as ditas prestacións de escolarización cambian de formato e pasan a ser tramitadas mediante axudas de emerxencia social, co fin de poder chegar a aquelas familias máis desfavorecidas, sendo unha das súas principais características, que se poden solicitar ao longo de todo o curso escolar.
Achegamos nota informativa do concello
NOTA INFORMATIVA PREMER AQUÍ
Recibide un cordial saúdo
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

