AVISO LEGAL

14 xaneiro 2019

Subvención do Concello de Oleiros para a "Actividade extraescolar: Obradoiro de Xornalismo"

O día 21 de decembro de 2018, a Xunta de Goberno Local do Concello de Oleiros acordou conceder á ANPA Miguel Hernández do IES Miraflores unha subvención por importe de 2306,65 euros para o desenrolo da actividade extraescolar: "Obradoiro de Xornalismo".

Resultado de imaxes para imagen periodismo
Como cada ano, o alumnado do instituto realiza gratuítamente este obradoiro organizado pola ANPA e levado a cabo pola empresa Mil Comunicación.

O alumnado leva estes meses coñecendo "o "oficio" de reporteriros, preparando artículos, entrevistas, fotografías, etc. para montar a revista coa que coñeceremos, a final de curso, parte do que sucede no instituto: actividades extraescolares, inquedanzas, excursións... E, por suposto, a visita a algunha emisora de radio para ver e coñecer outro medio de comunicación. Seguro que quedan encantados coa experiencia.

Agradecemos ao concello este compromiso e subvención anual e animamos ao alumnado a participar activamente como "entrevistadores" ou "entrevistados". Así todos poderemos gozar da súa visión persoal do que acontece arredor do instituto.


Saúdos
Xunta directiva




20 decembro 2018

BO NADAL!!

Estimadas familias,

Rematado este primer trimestre é momento de tomar unhas merecidas vacacións e desconectar das rutinas diarias. Aproveitemos para reencontrar a amistades, familia e gozar do tempo de estar xuntos. Desde a xunta directiva desexámosvos o mellor para estes días e para todo o 2019 que temos xa esperando para enchelo de ilusión, esforzo, compromiso, traballo e tempo para compartir! Saúde!!



Saudos moi agarimosos,

Xunta directiva






30 novembro 2018

Escola de Nais e Pais


Estimadas familias,
Queremos agradecer a todas as personas que o pasado 27 de novembro  participaron na charla impartida por Belén Pérez,  como continuidade ás sesión de técnicas de estudo que están a recibir os nosos/as rapaces na aula.
Foi moi motivador contar coa presenza dun número importante de pais e nais concienciados con esta temática.

Agradecemos tamén ao equipo directivo do noso centro a súa implicación para que a actividade puidésese  levar a cabo.  

Grazas e máis grazas polo voso tempo e dedicación.
Xunta Directiva

                             

24 novembro 2018

OBRADOIRO PARA FAMILIAS- TÉCNICAS DE ESTUDIO


Estimadas familias,
O curso 2017-2018  decidimos organizar e financiar un obradoiro de técnicas de estudo, para levar a cabo en sesións de titoría en 1º e 3º ESO. Este curso 2018-2019 volvemos a contratalo.   O obradoiro está dirixido por Mª Belén Pérez, licenciada en Pedagoxía, especialista en técnicas de estudo  e con varios diplomas sobre Avaliación e Diagnóstico das dificultades específicas da aprendizaxe.

Para complementar este traballo na aula e darlle a continuidade que precisa na casa, este ano imos  preparar dentro da Escola de Nais e Pais  un obradoiro para familias, aberto tamén ao alumnado e resto da comunidade educativa, no que Belén mostraranos as pautas e rutinas que explica aos nosos fillos e fillas. No obradoiro tamén nos aclarará  cal e  o  noso papel  e calquera dúbida que nos xurda.

 O Obradoiro terá lugar o:
 

                                   27 de novembro de 2018                                   
                   As 20:00 h
                   No salón de actos do Instituto

 
Esperamos a vosa presenza!!

E como sempre, para calquera dúbida ou suxestións ao respecto que queirades aportar enviádenos un correo a: apamiraflores@gmail.com

20 novembro 2018

Estimadas familias,

Aproveitamos esta entrada para informarvos de dous eventos que terán lugar estes días:



  • Charla informativa dentro da campaña "Quen dixo medo?" impulsada pola Deputación da Coruña encamiñada "á sensibilización e prevención da violencia de xénero e a dotar á poboación dos mecanismos, coñecementos e habilidades precisos para detectar as súas diversas manifestacións". Estes son os termos con que nos convidan a unha charla informativa sobre afectividade e sexualidade, facetas fundamentais na vida das persoas que cobran especial relevancia na etapa da adolescencia. Dito evento terá lugar o día 28 de novembro, no Salón de usos múltiples do IES Isaac Díaz Pardo, Sada. Horario de 19:00 a 20:30. 


Tedes máis información aquí: Díptico charla afectividade e sexualidade





  • VII Andaina contra a Violencia de Xénero que organiza o Consorcio As Mariñas arredor da Ría do Burgo o sábado 24 de novembro con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

    Esta andaina está organizada e apoiada por todos os concellos co obxeto de amosar o rexeitamento de todas as veciñas e veciños das Mariñas ao maltrato, á violencia e á desigualdade de xénero.

    É unha andaina de carácter inclusivo e accesible en todo o seu percorrido co obxectivo de que participe toda a sociedade dende a xente maior aos nenos e nenas de cada familia.

    A saída é ás 10:30 h na Casa das Palmeras, xunto á ponte do Burgo, pola parte de Cambre, onde está a marquesina grande da parada do bus. Dende ás 10:00 h estaremos dando a benvida ás persoas participantes para poder iniciar á andaina puntualmente.

    A andaina rematará no CEIP Portofaro, tamén en Cambre, a carón da ría, sobre as 12:30 h, onde se leerá un manifesto contra a violencia de xénero.

    Podedes participar facendo toda a andaina, unha parte ou achegándovos á súa chegada ao CEIP Portofaro. 



    Saúdos afectuosos,

    Xunta directiva






08 novembro 2018

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR... PARTICIPA!!

Estimadas Familias,

Neste curso 2018-2019 hai que renovar o Consello Escolar. Os Consellos Escolares son un instrumento de participación das familias nos centros escolares e un órgano de encontro da comunidade educativa para o debate, a reflexión  e a mellora do sistema educativo. Nos Consellos escolares tómanse importantes decisións que afectarán á educación dos nosos fillos e fillas.

A participación das familias no Consello Escolar realízase:

-       A través do representante da ANPA, por designación directa desta.
-       A través dos representantes das familias, vía eleccións convocadas para iso.

VACANTES 2018-2019

Nesta ocasión as nais-pais-titores/ás legais teremos que elixir:

-       1 representante das familias: nai, pai ou titor/a legal.

E os nosos fillos e fillas terán que elixir :

-       3 representantes entre os seus compañeiros e compañeiras.


As candidaturas a representante das familias presentaranse no propio instituto, coincidindo co horario escolar,  rematando o prazo de admisión o 14 de Novembro de 2018 ás 14:00 horas. O mesmo día 14 de Novembro proclamaranse os candidatos definitivos. Poderás atopar o formulario de inscrición en secretaría  e na web do instituto.

A  celebración das eleccións  do sector pais, nais e titores do alumnado terá lugar o Martes,  27 de novembro de 16:00h a 20:00h no propio centro.

Porque na educación dos nosos fillos e fillas aínda temos que dicir moito participa e anima a participar nas eleccións aos Consellos Escolares. A túa participación e implicación é a túa forza.


“PRESENTA A TÚA CANDIDATURA

 E  ANIMA AOS TEUS FILLOS/AS A PRESENTAR A SÚA. 



Recibide un cordial saúdo,

Xunta Directiva 

ANPA MIGUEL HERNÁNDEZ

24 outubro 2018

Axudas e obradoiro do Concello

A entrada de hoxe é para informarvos de dous temas de interese do Concello de Oleiros e dos que achegamos enlace:

  • As axudas para comedores escolares, que xa vos enviamos por mail a información. Aínda tedes uns días para solicitala. Toda a información : AQUÍ

  • O xoves abre o prazo de inscrición para un obradoiro dirixido ás familias dos adolescentes

    " Oleiros, 23 de outubro de 2018-. “Acompañando na adolescencia” ou como sobrevivir ao Big Bang emocional é o obradoiro que o Concello de Oleiros vai poñer en marcha no mes de novembro para as familias de Oleiros con rapaces ou rapazas entre 12 e 18 anos. O obradoiro ten como obxectivo dotar de ferramentas aos pais e nais de menores adolescentes para acompañalos nesa difícil etapa da vida, na que se cuestionan as referencias e a autoridade e se constrúe o que será a súa identidade.
    Hai un grave risco de perder a comunicación ou de instalarse no conflito permanente, polo que é preciso coñecer algo mais desta etapa e ter unha capacidade de empatía e de comprensión sobre o que están a vivir os nosos fillos e fillas, para estar aí preto, presentes, acompañando.
    O obradoiro terá unha duración de 16 horas, en 8 sesións de 2 horas cada unha que se desenvolverán os martes e os xoves do mes de novembro, de 19:00 a 21:00 horas, na Casa da cultura de Perillo. As inscricións poderán realizarse a través da web municipal www.oleiros.org, na Sede electrónica, no apartado cidadáns e empresas, en trámites on line, a partir das 10:00 horas do xoves 25 de outubro e ata o luns 29 de outubro ás 14:00 horas.
    As prazas adxudicaranse por orde de inscrición. O número de prazas por obradoiro é de 15 persoas".

    Saúdos
    Xunta directiva