Estimadas familias,
O curso 2017-2018 decidimos organizar e financiar un obradoiro
de técnicas de estudo, para
levar a cabo en sesións de titoría en 1º e 3º ESO. Este curso 2018-2019
volvemos a contratalo. O obradoiro está dirixido por Mª Belén Pérez,
licenciada en Pedagoxía, especialista en técnicas de estudo e con varios diplomas sobre Avaliación e
Diagnóstico das dificultades específicas da aprendizaxe.Para complementar este traballo na aula e darlle a continuidade que precisa na casa, este ano imos preparar dentro da Escola de Nais e Pais un obradoiro para familias, aberto tamén ao alumnado e resto da comunidade educativa, no que Belén mostraranos as pautas e rutinas que explica aos nosos fillos e fillas. No obradoiro tamén nos aclarará cal e o noso papel e calquera dúbida que nos xurda.
27 de novembro
de 2018
As
20:00 hNo salón de actos do Instituto
E como sempre, para calquera dúbida ou suxestións ao respecto que queirades aportar enviádenos un correo a: apamiraflores@gmail.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario