AVISO LEGAL

20 decembro 2018

BO NADAL!!

Estimadas familias,

Rematado este primer trimestre é momento de tomar unhas merecidas vacacións e desconectar das rutinas diarias. Aproveitemos para reencontrar a amistades, familia e gozar do tempo de estar xuntos. Desde a xunta directiva desexámosvos o mellor para estes días e para todo o 2019 que temos xa esperando para enchelo de ilusión, esforzo, compromiso, traballo e tempo para compartir! Saúde!!



Saudos moi agarimosos,

Xunta directiva






30 novembro 2018

Escola de Nais e Pais


Estimadas familias,
Queremos agradecer a todas as personas que o pasado 27 de novembro  participaron na charla impartida por Belén Pérez,  como continuidade ás sesión de técnicas de estudo que están a recibir os nosos/as rapaces na aula.
Foi moi motivador contar coa presenza dun número importante de pais e nais concienciados con esta temática.

Agradecemos tamén ao equipo directivo do noso centro a súa implicación para que a actividade puidésese  levar a cabo.  

Grazas e máis grazas polo voso tempo e dedicación.
Xunta Directiva

                             

24 novembro 2018

OBRADOIRO PARA FAMILIAS- TÉCNICAS DE ESTUDIO


Estimadas familias,
O curso 2017-2018  decidimos organizar e financiar un obradoiro de técnicas de estudo, para levar a cabo en sesións de titoría en 1º e 3º ESO. Este curso 2018-2019 volvemos a contratalo.   O obradoiro está dirixido por Mª Belén Pérez, licenciada en Pedagoxía, especialista en técnicas de estudo  e con varios diplomas sobre Avaliación e Diagnóstico das dificultades específicas da aprendizaxe.

Para complementar este traballo na aula e darlle a continuidade que precisa na casa, este ano imos  preparar dentro da Escola de Nais e Pais  un obradoiro para familias, aberto tamén ao alumnado e resto da comunidade educativa, no que Belén mostraranos as pautas e rutinas que explica aos nosos fillos e fillas. No obradoiro tamén nos aclarará  cal e  o  noso papel  e calquera dúbida que nos xurda.

 O Obradoiro terá lugar o:
 

                                   27 de novembro de 2018                                   
                   As 20:00 h
                   No salón de actos do Instituto

 
Esperamos a vosa presenza!!

E como sempre, para calquera dúbida ou suxestións ao respecto que queirades aportar enviádenos un correo a: apamiraflores@gmail.com

20 novembro 2018

Estimadas familias,

Aproveitamos esta entrada para informarvos de dous eventos que terán lugar estes días:



  • Charla informativa dentro da campaña "Quen dixo medo?" impulsada pola Deputación da Coruña encamiñada "á sensibilización e prevención da violencia de xénero e a dotar á poboación dos mecanismos, coñecementos e habilidades precisos para detectar as súas diversas manifestacións". Estes son os termos con que nos convidan a unha charla informativa sobre afectividade e sexualidade, facetas fundamentais na vida das persoas que cobran especial relevancia na etapa da adolescencia. Dito evento terá lugar o día 28 de novembro, no Salón de usos múltiples do IES Isaac Díaz Pardo, Sada. Horario de 19:00 a 20:30. 


Tedes máis información aquí: Díptico charla afectividade e sexualidade





  • VII Andaina contra a Violencia de Xénero que organiza o Consorcio As Mariñas arredor da Ría do Burgo o sábado 24 de novembro con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

    Esta andaina está organizada e apoiada por todos os concellos co obxeto de amosar o rexeitamento de todas as veciñas e veciños das Mariñas ao maltrato, á violencia e á desigualdade de xénero.

    É unha andaina de carácter inclusivo e accesible en todo o seu percorrido co obxectivo de que participe toda a sociedade dende a xente maior aos nenos e nenas de cada familia.

    A saída é ás 10:30 h na Casa das Palmeras, xunto á ponte do Burgo, pola parte de Cambre, onde está a marquesina grande da parada do bus. Dende ás 10:00 h estaremos dando a benvida ás persoas participantes para poder iniciar á andaina puntualmente.

    A andaina rematará no CEIP Portofaro, tamén en Cambre, a carón da ría, sobre as 12:30 h, onde se leerá un manifesto contra a violencia de xénero.

    Podedes participar facendo toda a andaina, unha parte ou achegándovos á súa chegada ao CEIP Portofaro. 



    Saúdos afectuosos,

    Xunta directiva






08 novembro 2018

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR... PARTICIPA!!

Estimadas Familias,

Neste curso 2018-2019 hai que renovar o Consello Escolar. Os Consellos Escolares son un instrumento de participación das familias nos centros escolares e un órgano de encontro da comunidade educativa para o debate, a reflexión  e a mellora do sistema educativo. Nos Consellos escolares tómanse importantes decisións que afectarán á educación dos nosos fillos e fillas.

A participación das familias no Consello Escolar realízase:

-       A través do representante da ANPA, por designación directa desta.
-       A través dos representantes das familias, vía eleccións convocadas para iso.

VACANTES 2018-2019

Nesta ocasión as nais-pais-titores/ás legais teremos que elixir:

-       1 representante das familias: nai, pai ou titor/a legal.

E os nosos fillos e fillas terán que elixir :

-       3 representantes entre os seus compañeiros e compañeiras.


As candidaturas a representante das familias presentaranse no propio instituto, coincidindo co horario escolar,  rematando o prazo de admisión o 14 de Novembro de 2018 ás 14:00 horas. O mesmo día 14 de Novembro proclamaranse os candidatos definitivos. Poderás atopar o formulario de inscrición en secretaría  e na web do instituto.

A  celebración das eleccións  do sector pais, nais e titores do alumnado terá lugar o Martes,  27 de novembro de 16:00h a 20:00h no propio centro.

Porque na educación dos nosos fillos e fillas aínda temos que dicir moito participa e anima a participar nas eleccións aos Consellos Escolares. A túa participación e implicación é a túa forza.


“PRESENTA A TÚA CANDIDATURA

 E  ANIMA AOS TEUS FILLOS/AS A PRESENTAR A SÚA. 



Recibide un cordial saúdo,

Xunta Directiva 

ANPA MIGUEL HERNÁNDEZ

24 outubro 2018

Axudas e obradoiro do Concello

A entrada de hoxe é para informarvos de dous temas de interese do Concello de Oleiros e dos que achegamos enlace:

  • As axudas para comedores escolares, que xa vos enviamos por mail a información. Aínda tedes uns días para solicitala. Toda a información : AQUÍ

  • O xoves abre o prazo de inscrición para un obradoiro dirixido ás familias dos adolescentes

    " Oleiros, 23 de outubro de 2018-. “Acompañando na adolescencia” ou como sobrevivir ao Big Bang emocional é o obradoiro que o Concello de Oleiros vai poñer en marcha no mes de novembro para as familias de Oleiros con rapaces ou rapazas entre 12 e 18 anos. O obradoiro ten como obxectivo dotar de ferramentas aos pais e nais de menores adolescentes para acompañalos nesa difícil etapa da vida, na que se cuestionan as referencias e a autoridade e se constrúe o que será a súa identidade.
    Hai un grave risco de perder a comunicación ou de instalarse no conflito permanente, polo que é preciso coñecer algo mais desta etapa e ter unha capacidade de empatía e de comprensión sobre o que están a vivir os nosos fillos e fillas, para estar aí preto, presentes, acompañando.
    O obradoiro terá unha duración de 16 horas, en 8 sesións de 2 horas cada unha que se desenvolverán os martes e os xoves do mes de novembro, de 19:00 a 21:00 horas, na Casa da cultura de Perillo. As inscricións poderán realizarse a través da web municipal www.oleiros.org, na Sede electrónica, no apartado cidadáns e empresas, en trámites on line, a partir das 10:00 horas do xoves 25 de outubro e ata o luns 29 de outubro ás 14:00 horas.
    As prazas adxudicaranse por orde de inscrición. O número de prazas por obradoiro é de 15 persoas".

    Saúdos
    Xunta directiva



13 outubro 2018

ASEMBLEA XERAL

Estimadas familias,

En breve celebraremos a nosa Asemblea xeral ordinaria do curso 2018-19. Queremos lembrarvos algúns datos:

  • Día: mércores 24 de outubro de 2018
  • Primeira convocatoria ás 19,00h. Segunda convocatoria ás 19,30 horas
  • Lugar: salón de actos do IES Miraflores
  • Orde do día:
    • Lectura y aprobación del acta de la asamblea anterior
    • Memoria de actividades curso 2017-2018
    • Aprobación de Cuentas Anuales curso 2017-2018.
    • Propuestas de actuaciones y actividades previstas para este curso 2018-2019. Aprobación

    • Presupuesto para 2018-2019 y aprobación de petición de subvenciones.
    • Ratificación/reelección cargos de la Junta Directiva y elección de nuevos miembros.
    • Ruegos y preguntas.
Na barra lateral dereita deste blog podedes atopar a Memoria de actividades do curso pasado e neste enlace descargar o arquivo co cupón de candidatura para pertencer á xunta directiva da ANPA ou ben a delegación de voto noutra nai ou pai que asista á asemblea.

Agardamos a vosa presencia e participación. Grazas!!


Xunta directiva