AVISO LEGAL

27 setembro 2026

STEM TALENT GIRL 2026-2027

Estimadas familias.

Como moitas de vos xa veríades na web do Instituto está aberto o prazo para o STEM Talent Girl. 

Este é un programa gratuíto que ofrece mentoría e desenvolvemento persoal e educativo —co obxectivo de fomentar o interese polas carreiras científicas e tecnolóxicas— para rapazas matriculadas actualmente en educación secundaria, bacharelato, formación profesional ou estudos universitarios.

E non solo o fomento e interese por temas científicos e tecnolóxicos. A través de diversas actividades, as participantes adquiren experiencia práctica no desenvolvemento de competencias fundamentais tanto para a súa traxectoria educativa como para a súa futura carreira profesional: liderado, pensamento crítico, resiliencia, toma de decisións, comunicación, traballo en equipo, cooperación interdisciplinaria e creación de redes e sinerxías.

O obxectivo é apoialos para que descubran o seu potencial, amplíen os seus horizontes e exploren posibilidades futuras que quizais non consideraran anteriormente, independentemente da etapa educativa na que se incorporen ao programa.

Supón unha dedicación aproximada de unha sesión ao mes.

Podedes atopar toda a información  nesta páxina: https://talent-girl.com/

Dito esto queríamos lembrarvos que o prazo de inscrición remata este mércores día 30 de setembro.

Ademáis este luns 28 de setembro as 18.30 hai unha sesión informativa a través de Zoom da que vos deixamos o enlace por se podedes unirvos e así escoitar de primeira man en qué consiste o programa e poder facer todas as preguntas que teñades.


Reunión informativa STEM Talent Girl:

📅 Lunes, 28 de septiembre

🕡 18:30 h

🖥️ Online – Zoom

      👉 Acceso a la sesión: https://us02web.zoom.us/j/87226692690

              ID de reunión: 872 2669 2690



Anímadevos!!!

Un saúdo

Ningún comentario:

Publicar un comentario