AVISO LEGAL

01 xuño 2026

PRESTACIÓNS DE APOIO AO COMEDOR ESCOLAR CURSO 2026/2027 CONCELLO DE OLEIROS

 Bo día

O Concello de Oleiros ven de publicar as PRESTACIÓNS DE APOIO AO COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 26/27. Anuncio da convocatoria ordinaria das prestacións de apoio a comedor escolar do Concello de Oleiros para o curso 2026/2027

Estas prestacións están recollidas na ORDENANZA DE MEDIDAS POLA INCLUSIÓN SOCIAL.


A ordenanza establece que o prazo ordinario de solicitude será no mes de xuño anterior ao inicio do curso escolar. Polo tanto, o prazo de presentación de solicitudes para a prestación de apoio a comedor escolar para o curso 2026/2027 iniciarase o luns 1 de xuño e finalizará o martes 30 de xuño.

As solicitudes xunto coa documentación necesaria deberán presentalas nos rexistros establecidos.

LUGARES DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES: 

REXISTRO XERAL DO CONCELLO: Praza de Galicia 1 - Oleiros. Horario de 8.30 - 14.00h.

VILLA ECHEVERRY: Avenida Ernesto Che Guevara 45 - Perillo. Horario de 9.00 - 14.00h.

NA SEDE ELECTRÓNICA, NO APARTADO REXISTRO E NO TRÁMITEINSTANCIA TIPO PARA SOLICITUDES XENÉRICAS DE REXISTRO ELECTRÓNICO.


 Lede con atención, todos os requisitos, para saber se os cumprides ou non,   asinade todos os consentimentos e todas as persoas da unidade de convivencia, e achegade toda a documentación necesaria, para poder descontar os gastos recollidos na ordenanza.


Tedes toda a información da normativa e documentos PDF así como as porcentaxes de axuda ás que se pode acceder, no seguinte enlace: PRESTACIÓNS DE APOIO AO COMEDOR ESCOLAR CURSO 2026/2027


Ningún comentario:

Publicar un comentario