Ola!
Coa fin de colaborar na recadación de fondos para o alumnado do Instituto que, sendo membro da Anpa, participe na viaxe á neve do curso 2022/2023, a ANPA Miguel Hernández do I.E.S. Miraflores , propón:
xestionar a adquisición dunha serie de produtos por xunto que poderán ser vendidos polo alumnado, obtendo coa devandita venda un beneficio para colaborar nos gastos da antedita viaxe.
OPERATIVA:
Os interesados poden ver na seguinte ligazón, os productos que poden mercarse:
https://www.damadeestepa.es/productos?gclid=EAIaIQobChMIhufWk-L_-gIVSJnVCh2xDQLaEAAYASABEgL36fD_BwE
Aquí podedes ver os prezos de compra e de venda:
Ata o día 15 de novembro, os interesados, cubrindo os datos deste formulario, poden facer as peticións dos productos que lles interesen para posteriormente ser vendidos.
https://forms.gle/Sa7GjzX5t3u6u6QE7
Farase a petición á empresa e distribuiranse os productos entre os solicitantes.
Antes do día 12 de decembro, deben de pagar o ANPA o importe neto da suas peticións.
Pódese falar con familiares e amigos para poder facer unha venta maior e máis beneficio para o alumnado.
Contaremos co centro para a recepción/almacenaxe e distribución dos produtos.
Calquera dúbida podedes consultar coa ANPA
Ningún comentario:
Publicar un comentario