Estimadas familias,
Como xa vos comentamos na Asamblea Ordinaria, este ano tamén imos a ofertar o "Obradoiro de Xornalismo". Será impartido por unha licenciada en xornalismo e un fotógrafo profesional con experiencia en diferentes medios de comunicación, e aprenderán a facer entrevistas, fotografías, noticias do que pasa no instituto, asistirán a un programa de radio ou televisión,etc..
É unha actividade gratuita (para familias asociadas) impulsada pola ANPA e financiada polo Concello de Oleiros. As clases impartiranse os luns e/ou martes de 15:00 a 16:00 horas, dependendo do número de participantes.
O inicio das clases será o 9-10 de xaneiro pero a PREINSCRICIÓN é ATA O 15 DE NOVEMBRO.
Se estades interesados podedes cubrir o seguinte formulario on-line, ou ben descargar o impreso adxunto e que os vosos fillos/as o entreguen na conserxería do Centro.
Un saúdo afectuosa
Xunta directiva
Ningún comentario:
Publicar un comentario