Ola familias,
O pasado día 24 de maio de 2013 publicouse a Orde que aproba o calendario escolar para o curso 2013-2014 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.
Aquí tedes algunhas datas:
Duración do Curso: do 16 de setembro de 2013 ata o 20 de xuño de 2014 ambos os dous inclusive.
Vacacións:
- Nadal: desde o 22 de decembro de 2013 ata o 8 de xaneiro de 2014 ambos os dous inclusive.
- Entroido: días 3-4-5- de marzo
- Semana Santa: desde o día 14 ata o 21 de abril de 2014, ambos os dous inclusive
Día do ensino: o 31 de outubro de 2013
Os centros solicitarán 2 días non lectivos de libre elección á xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria antes do 28 de outubro de 2013.
Os informaremos cando nos confirmen as datas¡¡¡
Xunta Directiva
Máis información premer aquí
Ningún comentario:
Publicar un comentario