AVISO LEGAL

14 maio 2025

XOVES 15 DE MAIO ÁS 22:00. XORNADA DE OBSERVACIÓN DE ESTRELAS

 Bo día

Lembrámosvos esta convocatoria que nos fan dende o Instituto con motivo do 25 aniversario do IES Miraflores. 

Será unha xornada divulgativa de astronomía impartida por Óscar Blanco, astrofotógrafo e director do Centro Astronómico de Trevinca( Ourense). 

As 22 comezará cunha charla no salón de actos do centro para despois, ás 22.30 saír ao exterior e facer unha observación do ceo oleirense.

Animádevos a participar!!!




07 maio 2025

FROITA FRESCA NO RECREO

Bo día

Todos os xoves do mes de maio o alumnado do centro ten á súa disposición no segundo recreo, de balde, un vaso de froita fresca preparada para tomar.

Con esta iniciativa, financiada íntegramente pola ANPA do IES Miraflores, para todo o alumnado do centro continúase co proxecto de fomentar o hábito saudable do consumo de froita de tempada.






CHARLA ACOLLEMENTO FAMILIAR

 

Bo día

Achegamos unha proposta do Concello de Oleiros por ser de interese. 

A charla aberta darase o 8 de maio as 18.30 no Auditorio das Torres de Santa Cruz.

Animádevos a asistir!!!








22 abril 2025

CHARLA COMUNICACIÓN NON VIOLENTA

 Bo día

Compartimos con vos a seguinte proposta do Concello para as familias que nos parece de interese. 

Un saúdo. 




 A Comunicación Non Violenta é unha ferramenta que nos permite abordar conversas e interrelacións coas persoas que nos rodean dunha forma mais sana, honesta e respectuosa. O obxectivo da charla é dar a coñecer os seus principios básicos para poder levar a cabo unha comunicación mais consciente e auténtica, na que conectaremos coas necesidades e coas emocións da persoa coa que falamos e de nós mesmas para reducir os conflitos nas relacións.

 

En moitas ocasións os conflitos no entorno familiar, no traballo, coa veciñanza ou co entorno en xeral, están motivados por uns problemas na forma de comunicarnos. Ser conscientes do erros que cometemos contribuirá a mellorar esas relacións.

 

Desde Familias Inquedas quérese transmitir a súa importancia para manter un bo clima de convivencia nas casa, especialmente naqueles momentos nos que a comunicación cos fillos e fillas pode provocar conflitos e situacións de tensión.

 

Na charla está previsto ofrecer espazos de intervención das persoas asistentes para respostar a cuestións e compartir reflexións.

 

Ao final da charla informarase dunha pequena formación que se impartirá mais adiante para aquelas persoas interesadas en profundizar sobre esta ferramenta.


Lembrar que a charla é aberta e non é necesaria a inscrición previa para asistir.

 

22 novembro 2024

CHARLA PARA FAMILIAS TÉCNICAS DE ESTUDIO



A ANPA do IES Miraflores organiza este luns, 25 de novembro, ás 20:00 horas, no Salón de actos do IES Miraflores, unha charla para as familias, a cargo da pedagoga Belén Pérez Sanmartín, que consideramos de sumo interese. Neste curso escolar están sendo beneficiarios destes obradoiros o alumnado de 1º e 4º da ESO así como de 2ºde BACH.

Nesta ocasión a intervención da profesora Pérez Sanmartin vai dirixida ás familias de xeito que poidamos acompañar e axudar ás nosas fillas e aos nosos fillos. 

Animádevos a participar!!!!




 

26 outubro 2024

SUBVENCIÓN CONCELLO DE OLEIROS

 



Nesta semana vimos de aceptar a subvención que o Concello de Oleiros concedeu á nosa Asociación en data 17/10/2024 mediante Resolución nº 2024005442 para o ano 2024 ao abeiro da "Convocatoria de subvencións a asociación de nais e pais, entidades culturais , veciñais e sociais do Concello de Oleiros para a realización de actividades no ano 2024.

O importe concedido foi de 3.195,67€ e con eles subvencionanse parte das actividades de Técnicas de Estudio, Xadrez, Brasilian Jiu-jitsu e outras que se desenvolverán neste trimestre. 

OBRADOIRO TÉCNICAS DE ESTUDIO


                                                     

                        *ESTA ACTIVIDADE ESTÁ PARCIALMENTE SUBVENCIONADA POLO CONCELLO DE OLEIROS


Xa comenzaron os obradoiros de técnicas de estudio que imparte a pedagoga Belén Pérez Sanmartín do Centro Eleemental e que organiza a Anpa para o alumnado de 1º e 4º da ESO. Esperamos que os nosos fillos e fillas atópeno útil para mellorar no seu xeito de estudar.