07 outubro 2024
28 setembro 2024
COMEZO DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
*ESTAS ACTIVIDADES SON PARCIALMENTE SUBVENCIONADAS POLO CONCELLO DE OLEIROS
Este ano igual que se fixera o ano pasado e por petición dun número de persoas que fai viable a actividade, vanse poñer en marcha dúas actividades: XADREZ e BJJ.
As actividades desenvolveranse os luns entre as 15.00 e as 16.00.
BJJ será impartida por Francisco Barbera cinturón negro desta disciplina. Comezará o vindeiro 7 de OUTUBRO no ximnasio do instituto.
XADREZ será impartida por Karla July Fernández Rivero, Mestra Internacional de Xadrez. Comezará tamén o 7 de outubro nas mesas do primeiro andar.
Se aínda non vos inscribíchedes e queredes facelo debedes cubrir o formulario correspondente se ainda non o fixechedes:
- Xadrez (20 euros ao mes por mozo/a)
O pago faise directamente aos profesores. As dúas actividades subvenciónanse por parte da ANPA con 10 euros ao mes para as familias socias.
BENVIDAS AO NOVO CURSO ESCOLAR 2024/2025
Estimadas familias,
Queremos en primeiro lugar dar a benvida ás familias que se incorporan ao centro e desexarvos a todas un bo inicio de curso.
Ademáis aproveitamos a ocasión para informarvos das actividades e iniciativas que se custean desde a ANPA (e das que se beneficiou todo o alumnado, tanto das familias socias como das que non o son):
Froita fresca nos recreos en maio e xuño
Talleres de técnicas de estudo para 1º e 4º de ESO
Bandas e flores na graduación de 2º de Bacharelato
Petisco de graduación para as familias dos/as graduados/as de 2º de Bacharelato
Espectáculo culturais (Ópera Breaks o curso pasado)
Ademais, desde a ANPA organízase o servizo de comedor, as actividades extraescolares de xadrez e brazilian jiu-jitsu, as charlas para familias sobre técnicas de estudo, convivencia e novas tecnoloxías, sufráganse necesidades do centro como a megafonía, organizouse a viaxe de 4º de ESO e colabórase coa Carreira da Luz.
A ANPA tamén solicita e xestiona as subvencións do Concello e da Xunta para ANPAs de centros de ensino público. O pasado curso só un terzo das familias do centro fixéronse socias da ANPA.
É preciso un pequeno esforzo de todas as familias que lles sexa posible para que todas estas actividades póidanse manter para todos e todas e non só para as familias socias. A cota anual é unicamente de 20 euros por familia.
A inscrición realízase a través do formulario:
https://forms.gle/RLqDndZ5yAVjNT9z5 (poderedes atopar a ligazón na web do instituto en nas redes sociais da ANPA). O número de conta é ES8220800064923040016574
A partir deste curso o comedor terá unha cota de matrícula de 25 euros da que estarán exentas as familias socias da ANPA.
Un saúdo
05 agosto 2024
APERTURA DE PRAZO EXTRAORDINARIO PARA A SOLICITUDE DE BECAS COMEDOR DO CONCELLO DE OLEIROS
Bo día
Segundo a comunicación recibida da Concellaría de Servizos Sociais de Oleiros ábrese un prazo extraordinario de solicitude de becas comedor con novos límites de renda para o acceso ás anteditas becas.
As familias solicitantes no período ordinario NON é necesario que a volvan presentar. Dende o Concello farán a revisión automática da súa solicitude dacordo cos novos baremos.
As familias que non tiveran feito solicitude no período ordinario poderán facelo agora entre o día 5 de agosto e ate o martes 13 de agosto. Polo tanto este prazo é SO para as familias que non a tiveran presentado en período ordinario.
Achegámosvos o enlace a web do Concello con toda a información.
Un saúdo e agardamos que esteades tendo un bo verán!!.
05 xullo 2024
CONVOCATORIA AXUDAS COMEDORES ESCOLARES CURSO 24/25
Bo día.
Segundo vos informábamos hai unhas semanas acerca da próxima convocatoria das axudas aos comedores escolares do Concello de Oleiros, onte saiu no BOP a convocatoria destas axudas.
A partir deste curso escolar, as axudas municipais ás familias do Concello de Oleiros para comedores escolares vanse unificar nunha soa convocatoria da que será responsable a concellería de Servizos Sociais e Igualdade.
O obxectivo de sacar esta convocatoria é que ao inicio do curso escolar todas as familias solicitantes poidan coñecer se son ou non beneficiarias das axudas e o importe destas
O prazo é de dez días hábiles para presentar as solicitudes, que se inicia hoxe 5 de xullo e que remata o 18 de xullo (ambos incluídos).
Deixámosvos os enlaces da convocatoria e a publicación do concello para que fagades as solicitudes que teredes que presentar no Concello.
SOLICITUDE PARA PRESENTAR NO CONCELLO
18 xuño 2024
FONDO SOLIDARIO LIBROS 2024/2025
Bo día
Este ano dende a Anpa Miguel Hernández poñemos en funcionamento un fondo solidario de libros para o curso 2024/2025 para as familias socias. Podedes entregar as vosas doazóns o día 20 de xuño en horario de 15.00 a 17.00 no local da Anpa no Instituto.
A través do seguinte formulario podedes indicarnos os libros que doades e posteriormente poñerémonos en contacto con vos para que nos digades qué libros queredes recibir, cando estea resolto o procedemento de fondo de libros da Xunta e o noso centro publique os libros do vindeiro curso. Tede en conta que pode ser que non recibades todos os que queredes pois non sabemos as doazóns que haberá.
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeflvkRk4mcwA20OxHzYLcqSFpMLgEbGOggjdGIFyjdqGvMGw/viewform
Grazas pola vosa colaboración.
Un saúdo.
04 xuño 2024
ALTA FAMILIA SOCIAS DA ANPA PARA O VINDEIRO CURSO 24/25
Estimadas familias,
Anexamos a ligazón ao formulario para facer a alta como socios da ANPA do IES Miraflores para o curso 2024-2025 (lembramos que é necesario facer a alta cada ano, ao non estar domiciliada).
https://forms.gle/RLqDndZ5yAVjNT9z5
Ao final do formulario solicítase que se anexe o xustificante de pago (20€/familia), tras facer o ingreso na conta
ES8220800064923040016574
no concepto da transferencia agradecemos que indiquedes os apelidos da familia (dos/as rapaces/as).
Aproveitamos para enviar un breve resumo de tódalas actividades que facemos dende a ANPA, para o que precisamos da vosa colaboración.
Grazas!
ANPA IES Miraflores



