AVISO LEGAL

05 xullo 2024

CONVOCATORIA AXUDAS COMEDORES ESCOLARES CURSO 24/25

 Bo día.

Segundo vos informábamos hai unhas semanas acerca da próxima convocatoria das axudas aos comedores escolares do Concello de Oleiros, onte saiu no BOP a convocatoria destas axudas. 

A partir deste curso escolar, as axudas municipais ás familias do Concello de Oleiros para comedores escolares vanse unificar nunha soa convocatoria da que será responsable a concellería de Servizos Sociais e Igualdade.

O obxectivo de sacar esta convocatoria é que ao inicio do curso escolar todas as familias solicitantes poidan coñecer se son ou non beneficiarias das axudas e o importe destas

O prazo é de dez días hábiles para presentar as solicitudes, que se inicia hoxe 5 de xullo e que remata o 18 de xullo (ambos incluídos).

Deixámosvos os enlaces da convocatoria e a publicación do concello para que fagades as solicitudes que teredes que presentar no Concello.


https://bit.ly/3ztQEXP

PUBLICACION BOP

SOLICITUDE PARA PRESENTAR NO CONCELLO


18 xuño 2024

FONDO SOLIDARIO LIBROS 2024/2025


 

Bo día


Este ano dende a Anpa Miguel Hernández poñemos en funcionamento un fondo solidario de libros para o curso 2024/2025 para as familias socias. Podedes entregar as vosas doazóns o día 20 de xuño en horario de 15.00 a 17.00 no local da Anpa no Instituto. 

A través do seguinte formulario podedes indicarnos os libros que doades e posteriormente poñerémonos en contacto con vos para que nos digades qué libros queredes recibir, cando estea resolto o procedemento de fondo de libros da Xunta e o noso centro publique os libros do vindeiro curso. Tede en conta que pode ser que non recibades todos os que queredes pois non sabemos as doazóns que haberá. 

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeflvkRk4mcwA20OxHzYLcqSFpMLgEbGOggjdGIFyjdqGvMGw/viewform

Grazas pola vosa colaboración.

Un saúdo.

04 xuño 2024

ALTA FAMILIA SOCIAS DA ANPA PARA O VINDEIRO CURSO 24/25

 


Estimadas familias,

Anexamos a ligazón ao formulario para facer a alta como socios da ANPA do IES Miraflores para o curso 2024-2025 (lembramos que é necesario facer a alta cada ano, ao non estar domiciliada).

https://forms.gle/RLqDndZ5yAVjNT9z5

Ao final do formulario solicítase  que se anexe o xustificante de pago (20€/familia), tras facer o ingreso na conta

ES8220800064923040016574

no concepto da transferencia agradecemos que indiquedes os apelidos da familia (dos/as rapaces/as).

Aproveitamos para enviar un breve resumo de tódalas actividades que facemos dende a ANPA, para o que precisamos da vosa colaboración.




Grazas!

ANPA IES Miraflores

MENÚ JUNIO

 

14 maio 2024

XORNADA PORTAS ABERTAS ESCOLA POLITÉCNICA DE ENXEÑARÍA DE FERROL

Bo día

Recibimos a través do correo electrónico da Anpa esta información que pode ser do voso interese se estades en bacharelato pensando onde ides continuar os vosos estudos.

A Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol abre as súas protas  para dar a coñecer as titulacións e grao que se imparten no Centro así como os seus principais laboratorios.

É necesaria a inscrición segundo se indica no cartaz que se achega.

Un saúdo


07 marzo 2024

PLAN DIRECTOR PARA A MELLORA DA CONVIVENCIA E SEGURIDADE NOS CENTROS EDUCATIVOS

 

Bo día,

Dentro das accións formativas e didácticas que leva a cabo esta ANPA, o próximo martes 12 de marzo, as 18:30 horas terá lugar unha intervención da Garda Civil, dentro do marco do Plan Director que o antedito corpo leva a cabo na formación para pais/nais nos centros escolares.

As charlas formativas centraránse na problemática das novas tecnoloxías e o alumnado adolescente (riscos, ciberacoso, estafas, videoxogos, …).

Animámosvos a asistir!!!!