AVISO LEGAL

02 marzo 2020

IV CARRERA DE LA LUZ


Estimadas familias,

Como xa sabedes, o vindeiro venres  6 de marzo celébrase a  IV edición da "Carrera de la Luz" do IES Miraflores. Este ano a recaudación irá destinada ao programa Hábitat da Fundación Vicente Ferrer.
 
Como cada ano contamos coa achega dos vosos deliciosos biscoitos para acompañar un chocolate ben quentiño. Pasádemos polo stand da ANPA!!
 
Participa correndo, animando e en definitiva pasando un bo rato !!
 
 
Vémonos!!
 
Saúdos e apertas,
 



 
Xunta directiva
ANPA Miguel Hernández

10 xaneiro 2020

CHARLA-TALLER " LA IMPORTANCIA DEL MÉTODO DE ESTUDIO"

Estimas familias,

Enmarcado dentro do programa de "Escola para nais e país" da ANPA, temos programado para o vindeiro luns 20 de xaneiro  ás 20:30 no salón de actos do instituto un obradoiro  co título:

 " A IMPORTANCIA DO MÉTODO DE ESTUDIO"
 
 
O obxetivo é guiarnos no rol frente ao estudio que debemos adoptar as familias en esta etapa de secundaria.
 
O obradoiro fai tamén de complemento ao traballo que fan os nosos fillos e fillas na actividade extraescolar " Técnicas de estudio" que se desenrola os luns de 14h a 15h, e ás catro sesión en horario de tutoría que imparte a pedagoga Mº Belén Pérez, sobre o mesmo tema, ao alumnado de 1º ESO.     


23 decembro 2019

Estimadas familias,

"Con data  18 de decembro de 2019, a Xunta de Goberno Local do Concello de Oleiros resolveu  conceder á ANPA Miguel Hernández,  ao abeiro da convocatoria para a concesión de subvencións polo Concello de Oleiros para a promoción da cultura e o deporte para o ano 2019 que foi publicada no BOP nº 159 de 23 de agosto, unha subvención por unha contía de 1299,48 euros para a "actividade extraescolar: escola de periodismo"

Os nosos fillos e fillas realizarán esta actividade gratuitamente e poderemos ver o resultado coa publicación dun novo exemplar da revista escolar TODO MIRAFLORES".

Saúdos agracedidos

XUNTA DIRECTIVA

13 novembro 2019

CALENDARIO ESCOLAR

Deixámosvos o calendario escolar de Galicia para este curso 2019-2020


 


Ademais temos que engadir os días de libre elección do centro: o 4 de novembro e o 20 de marzo.

Os festivos locais: martes de Entroido e luns de Pascua, coinciden con días non lectivos.


Saúdos
Xunta Directiva

-

11 novembro 2019

Deixámosvos aquí cartaz e bases do novo concurso de fotografías para o calendario do vindeiro  2020 da ANPA.

Esperamos que esta nova actividade vos sexa divertida.

Xunta Directiva

                                                    CARTAZ E BASES

01 novembro 2019

Benqueridas familias,

Deixámosvos aquí os enlaces aos formularios de inscrición das actividades programadas para este curso 2019-2020 e que darán comezo no mes de novembro.


                                 OBRADOIRO DE XORNALISMO

Os martes de 15:00  a 16:00 . Comezo o martes 5 de novembro.


                                 OBRADOIRO DE TÉCNICAS DE ESTUDIO

Os luns de 14:45 a 15:45 . Comezo do primer grupo o luns 11 de novembro


Para calquera consulta non dubidedes en contactar con nós ao correo xeral apamiraflores@gmail.com ou a actividades.apamiraflores@gmail.com

Recibide un cordial saúdo,
Xunta Directiva

03 outubro 2019

Benqueridas familias,

O luns 7 de outubro ás 7:00 h en primera convocatoria e ás 7:30 en segunda convocatoria terá lugar  no salón de actos do instituto a Asemblea Xeral Ordinaria de socios. 

No seguinte enlace tedes a convocatoria oficial:

Circular Asemblea

Vémonos!

Xunta Directiva