AVISO LEGAL

13 novembro 2019

CALENDARIO ESCOLAR

Deixámosvos o calendario escolar de Galicia para este curso 2019-2020


 


Ademais temos que engadir os días de libre elección do centro: o 4 de novembro e o 20 de marzo.

Os festivos locais: martes de Entroido e luns de Pascua, coinciden con días non lectivos.


Saúdos
Xunta Directiva

-

11 novembro 2019

Deixámosvos aquí cartaz e bases do novo concurso de fotografías para o calendario do vindeiro  2020 da ANPA.

Esperamos que esta nova actividade vos sexa divertida.

Xunta Directiva

                                                    CARTAZ E BASES

01 novembro 2019

Benqueridas familias,

Deixámosvos aquí os enlaces aos formularios de inscrición das actividades programadas para este curso 2019-2020 e que darán comezo no mes de novembro.


                                 OBRADOIRO DE XORNALISMO

Os martes de 15:00  a 16:00 . Comezo o martes 5 de novembro.


                                 OBRADOIRO DE TÉCNICAS DE ESTUDIO

Os luns de 14:45 a 15:45 . Comezo do primer grupo o luns 11 de novembro


Para calquera consulta non dubidedes en contactar con nós ao correo xeral apamiraflores@gmail.com ou a actividades.apamiraflores@gmail.com

Recibide un cordial saúdo,
Xunta Directiva

03 outubro 2019

Benqueridas familias,

O luns 7 de outubro ás 7:00 h en primera convocatoria e ás 7:30 en segunda convocatoria terá lugar  no salón de actos do instituto a Asemblea Xeral Ordinaria de socios. 

No seguinte enlace tedes a convocatoria oficial:

Circular Asemblea

Vémonos!

Xunta Directiva 

18 setembro 2019

Estimadas familias,

As nais e pais que formamos a Xunta Directiva da ANPA Miguel Hernández do I.E.S Miraflores queremos presentarnos e darvos a benvida a este novo curso 2019-20

Queremos aproveitar a ocasión para insistir na importancia do papel que representamos as familias como membros activos da comunidade educativa, tanto dende a Asociación coma dende o Consello Escolar. Esta participación permítenos abordar de xeito colectivo os problemas que se formulan, tanto no referente ao alumnado coma ao centro en xeral, actuando e propoñendo solucións para conseguir uns fins comúns.

Para desenvolver ben o noso labor cremos que é necesario coñecer a vosa opinión, coñecer que preocupa ás familias que formamos parte deste centro escolar. Para iso agradeceriamos nos enviedes as vosas inquietudes, suxestións, consultas ou dúbidas xa sexa mediante correo electrónico a apamiraflores@gmail.com ou a través de conserxaría onde nos farán chegar as vosas comunicacións.

Un afectuoso saúdo,
Xunta Directiva

05 xuño 2019

Solicitude axudas Xunta e Concello

Estimadas familias,

Ven de publicarse no BOP o extracto da convocatoria das axudas á escolarización que para o curso 2019-20 fan dende a concellería de Servizos Sociais e Sanidade do Concello de Oleiros.

As bases son similares ás de anos anteriores, dirixidas a apoiar nos gastos que hai no inicio do curso escolar naquelas familias nunha situación económica máis desfavorecida.


Son compatibles coa orde publicada recentemente pola Xunta de Galicia donde se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/2020.

Deixamos a continuación o enlace a ambas convocatorias, lembrando que os prazos rematan o 20 e o 21 de xuño, respectivamente:





Imaxe relacionada


Saúdos afectuosos,
Xunta directiva







04 maio 2019

Charla organizada polo Concello de Oleiros sobre redes sociais e adolescentes



Estimadas familias,

O vindeiro xoves 9 de maio, ás 20: 00 horas, o auditorio do centro cultural A Fábrica acoolera unha charla baixo o título "Todo por un like", na que se falará sobre a influencia que teñen internet e as redes sociais na educación emocional, afectiva e sexual nas etapas da infancia e da adolescencia. Concudicrán este coloquio dúas especialistas na educación emocional, en redes sociais e no traballo con menores e adolescentes: Sara Vierna e Virginia Pañeda, integrantes de Almas Meraki.

Tedes máis información sobre o acto no seguinte enlace.  Esperamos que sexa do voso interese.

Saúdos,

Dedo, Toque, Mano, Estructura, Internet, Red, Social
Xunta directiva
ANPA Miguel Hernández