AVISO LEGAL

12 marzo 2018

Club de lectura de maiores do IES Miraflores

Desde o Club de lectura de adultos do IES Miraflores pídennos difundir a seguinte actividade:


Resultado de imagen de xurxo souto e contos do mar de irlanda


Animádevos a acudir o día 5 de abril porque paga a pena!!!


Saúdos lectores,

Xunta directiva 

03 marzo 2018

OBRADOIRO de TÉCNICAS DE ESTUDO

Estimadas familias,

Como xa sabedes, cada ano a ANPA organiza e/ou financia diferentes actividades para as nosas fillas e fillos no instituto: obras de teatro, obradoiros, sesións culturais, etc.

Este ano, coordinados co departamento de orientación, decidimos organizar e financiar un obradoiro de técnicas de estudo para levar a cabo en sesións de titoría. Impártese en 1º e 3º de ESO, en catro sesións de 50 minutos con cada grupo. Xa remataron en 1º de ESO e estanse levando a cabo en 3º de ESO. Está impartido por Mª Belén Pérez, licenciada en Pedagoxía e con varios diplomas sobre Avaliación e Diagnóstico das dificultades específicas da aprendizaxe.

Estes son os contidos que nos presentaron no proxecto inicial e que están a desenvolver na aula:

"O proxecto de Técnicas de Estudio que se achega abrangue as ferramentas que constitúen os instrumentos básicos para o desenvolvemento das alumnas e dos alumnos no seu proxecto de estudio. Abrangue todo o que supón un entrenamento sistemático de aspectos necesarios para procesar a información: 
a) Conceptuais: condicionantes físicos e psíquicos do estudio e o coñecemento de ferramentas de estudio (Subliñado, esquema, resumen e mapa conceptual). 
b) Procedementais: organización e planificación das tarefas, con horarios de estudio coherentes, racionais e eficaces; a comprensión e eficacia lectora, etc. 
c) Actitudinais: motivación cara o estudio para dotar de significación e funcionalidade ao proceso de ensino e aprendizaxe.  
A suliñar: Todo este proxecto lévase a cabo de xeito atractivo para os rapaces pois a súa posta en escea realízase con actividades lúdicas e interactivas onde ademais se traballa co alumnado competencias propias da intelixencia emocional, pois as habilidades emocionais teñen unha gran influenza na motivación académica e nas estratexias cognitivas"

Queremos compartir tamén as suxestións plantexadas para as familias. Esperamos que faciliten o desenvolvemento na casa do plan de estudo traballado nas aulas:


2.1- Planificación dun horario semanal e outro diario coa finalidade de organizar tanto os deberes como o estudio, programando diariamente e que se fagan responsables do seu propio traballo. 
2.2.-Planificación igualmente dos traballos a realizar, das lecturas obrigadas dos libros e da preparación dos exames. 
2.2.- Conseguir que logren un espazo adecuado para o seu estudio diario na súa casa coas características e as ferramentas necesarias para que o estudio sexa de proveito. 

E como sempre, para calquera dúbida ou suxestións ao respecto que queirades aportar enviade un correo a: apamiraflores@gmail.com

Saúdos afectuosos,

Xunta directiva
ANPA Miguel Hernández


24 febreiro 2018

V Certame do Concurso de MICRORRELATOS

Estimadas familias,

Un ano máis a ANPA Miguel Hernández do IES Miraflores convoca o concurso de microrrelatos para conmemorar o Día do Libro. É unha boa oportunidade para que o alumnado participe, sexa creativo, invente historias reais ou fantásticas, breves (máximo cen palabras en calquera dos catro idiomas que falan no centro)...E tamén de ter unha recompensa doble: ademáis da publicación dos relatos gañadores na revista do instituto contamos con tres premios por curso de 75, 50 e 25 euros para canxear nas librarías "Alita cómics" e "Couceiro". Tedes toda a información no cartel que achegamos así como as plantillas para presentar os microrrelatos.

Veña! Animade ás vosas fillas e fillos a participar!!


Saúdos literarios,

Xunta directiva
ANPA Miguel Hernández





06 febreiro 2018

Participa no Consello da mocidade de Oleiros!

Moi boas,

Desde o concello pídennos axuda para difundir esta mensaxe. Pensamos que pode ser moi interesante...animádevos a participar!!!




04 febreiro 2018

Obradoiro "Mocidade e Novas Tecnoloxías"


Estimadas familias,
O pasado mes de decembro realizamos unha enquisa, entre todas as familias do instituto, para coñecer que temas interesaban e tratalos na escola de pais que queriamos iniciar este curso. O tema do uso das Novas Tecnoloxías foi o máis demandado.
As Novas Tecnoloxías cambian as relacións sociais e numerosos aspectos da nosa vida. As TICS pasaron a ser o medio natural dos “nativos dixitais”, e dicir, dos nosos fillos e fillas. Fenómenos frecuentes como o acceso a contidos inadecuados, o roubo de datos persoais, a suplantación de identidade ou o ciberacoso, asociados a unha insuficiente supervisión, fan que sexa necesario establecer estratexias de prevención e actuación conxunta para promover o uso responsable e seguro das tecnoloxías dixitais
A Concellería de Ensino e Xuventude do concello de Oleiros ofrécenos dentro do seu programa “Escola para familias” un obradoiro sobre Mocidade e Novas Tecnoloxías. Este taller impartirase de forma conxunta para as familias do IES Miraflores e o CEIP Isidro Parga Pondal.
Cando? Os MARTES 6, 20 e 27 de Febreiro de 18:30 a 20:30
Onde? No CEIP Isidro Parga Pondal de Santa Cruz

Contidos: • Conductas aditivas nas novas tecnoloxías.
• Descrición do problema.
• Posibles causas.
• Adición ás novas tecnoloxías en adolescentes e xoves
• Tipos de adicción respecto ás N.T: internet, vídeo-xogos, móbil…
• Prevención: que aporta?
• Factores de protección.
• Factores de risco.
• Ámbitos de interacción dos factores de risco
• Por que debemos facer prevención na familia?


Para ter unha estimación das persoas que van poder acudir, agradeceremos cubrades o documento que a modo de preinscrición atoparédesvos na seguinte ligazón:


Esperando que o obradoiro sexa do voso agradado, recibide un agarimoso saúdo.
Xunta Directiva

ANPA MIGUEL HERNÁNDEZ

25 xaneiro 2018

Subvención do concello de Oleiros para o obradoiro de xornalismo

O día 28 de decembro de 2017, a Xunta de Goberno Local do Concello de Oleiros acordou conceder á ANPA Miguel Hernández do IES Miraflores unha subvención por importe de 2027 euros para o desenrolo da actividade extraescolar: "Obradoiro de Xornalismo".

Como cada ano, o alumnado do institutoestá recibindo gratuítamente este obradoiro organizado pola ANPA e realizado pola empresa Mil Comunicación. Xa levan desde novembro organizando artículos, entrevistas, fotografías, etc. para montar a revista coa que coñeceremos, a final de curso, parte do que sucede no instituto: actividades extraescolares, inquedanzas, excursións...Faltan aínda a visita a algunha emisora de radio para ver e coñecer outro medio de comunicación.

Agradecemos ao concello este compromiso e subvención anual e animamos ao alumnado a participar activamente como "entrevistadores" ou "entrevistados". Así todos poderemos gozar da súa visión ersoal do que acontece arredor do instituto.



Saúdos
Xunta directiva


10 xaneiro 2018

FELIZ ANO! e volta á actividade!!

Comezamos este ano 2018 cunha nova proposta do Club de lectura de adultos do Instituto. María (coordinadora da biblioteca) e o equipo encargado de dinamizala, convídannos a asistir á xuntanza arredor do libro "O vello e o mar" de Ernest Hemingway. Será o vindeiro mércores, 17 de xaneiro  ás 16,30 horas. 

Resultado de imagen de el viejo y el mar


Nesta ocasión comezarán coa película do mesmo título na versión de Anthony Queen. Sen dúbida xurdirán moitos temas interesantes arredor desta gran obra.





Animádevos a participar!! Acude ao instituto ese día e comparte unha boa tarde!!!!