AVISO LEGAL

04 febreiro 2018

Obradoiro "Mocidade e Novas Tecnoloxías"


Estimadas familias,
O pasado mes de decembro realizamos unha enquisa, entre todas as familias do instituto, para coñecer que temas interesaban e tratalos na escola de pais que queriamos iniciar este curso. O tema do uso das Novas Tecnoloxías foi o máis demandado.
As Novas Tecnoloxías cambian as relacións sociais e numerosos aspectos da nosa vida. As TICS pasaron a ser o medio natural dos “nativos dixitais”, e dicir, dos nosos fillos e fillas. Fenómenos frecuentes como o acceso a contidos inadecuados, o roubo de datos persoais, a suplantación de identidade ou o ciberacoso, asociados a unha insuficiente supervisión, fan que sexa necesario establecer estratexias de prevención e actuación conxunta para promover o uso responsable e seguro das tecnoloxías dixitais
A Concellería de Ensino e Xuventude do concello de Oleiros ofrécenos dentro do seu programa “Escola para familias” un obradoiro sobre Mocidade e Novas Tecnoloxías. Este taller impartirase de forma conxunta para as familias do IES Miraflores e o CEIP Isidro Parga Pondal.
Cando? Os MARTES 6, 20 e 27 de Febreiro de 18:30 a 20:30
Onde? No CEIP Isidro Parga Pondal de Santa Cruz

Contidos: • Conductas aditivas nas novas tecnoloxías.
• Descrición do problema.
• Posibles causas.
• Adición ás novas tecnoloxías en adolescentes e xoves
• Tipos de adicción respecto ás N.T: internet, vídeo-xogos, móbil…
• Prevención: que aporta?
• Factores de protección.
• Factores de risco.
• Ámbitos de interacción dos factores de risco
• Por que debemos facer prevención na familia?


Para ter unha estimación das persoas que van poder acudir, agradeceremos cubrades o documento que a modo de preinscrición atoparédesvos na seguinte ligazón:


Esperando que o obradoiro sexa do voso agradado, recibide un agarimoso saúdo.
Xunta Directiva

ANPA MIGUEL HERNÁNDEZ

25 xaneiro 2018

Subvención do concello de Oleiros para o obradoiro de xornalismo

O día 28 de decembro de 2017, a Xunta de Goberno Local do Concello de Oleiros acordou conceder á ANPA Miguel Hernández do IES Miraflores unha subvención por importe de 2027 euros para o desenrolo da actividade extraescolar: "Obradoiro de Xornalismo".

Como cada ano, o alumnado do institutoestá recibindo gratuítamente este obradoiro organizado pola ANPA e realizado pola empresa Mil Comunicación. Xa levan desde novembro organizando artículos, entrevistas, fotografías, etc. para montar a revista coa que coñeceremos, a final de curso, parte do que sucede no instituto: actividades extraescolares, inquedanzas, excursións...Faltan aínda a visita a algunha emisora de radio para ver e coñecer outro medio de comunicación.

Agradecemos ao concello este compromiso e subvención anual e animamos ao alumnado a participar activamente como "entrevistadores" ou "entrevistados". Así todos poderemos gozar da súa visión ersoal do que acontece arredor do instituto.



Saúdos
Xunta directiva


10 xaneiro 2018

FELIZ ANO! e volta á actividade!!

Comezamos este ano 2018 cunha nova proposta do Club de lectura de adultos do Instituto. María (coordinadora da biblioteca) e o equipo encargado de dinamizala, convídannos a asistir á xuntanza arredor do libro "O vello e o mar" de Ernest Hemingway. Será o vindeiro mércores, 17 de xaneiro  ás 16,30 horas. 

Resultado de imagen de el viejo y el mar


Nesta ocasión comezarán coa película do mesmo título na versión de Anthony Queen. Sen dúbida xurdirán moitos temas interesantes arredor desta gran obra.





Animádevos a participar!! Acude ao instituto ese día e comparte unha boa tarde!!!!

17 decembro 2017

Enquisa "ESCOLA DE NAIS E PAIS"

Estimadas familias,

Lembrade que temos unha enquisa aberta para poder decidir entre todas e todos os temas que nos gustaría abordar nunha "escola de nais e pais". Por favor, se aínda non o fixeches... entra neste enlace:



Moitas grazas!! Saúdos,

Xunta directiva

Estimadas familias,

Queremos desexarvos que pasedes unhas felices festas, con tempo para disfrutar e compartir cos vosos. E todo o mellor para o ano 2018!!

Saúdos agarimosos,


Xunta directiva 
ANPA  Miguel Hernández
IES Miraflores


01 decembro 2017

Concurso logo Club Voleibol Oleiros

Envíannos este cartel para que vos animedes a participar no deseño do logo para o Club de Voleibol de Oleiros.

 Veña! Pon en marcha a túa creatividade!!

Son 150 euros de premio que seguro sabes como aproveitar!!!






30 novembro 2017

Deseñando espazos xuvenís en Oleiros!

ATENTOS a esta xuntanza para participar no diseño de novos espazos para mozas e mozos de Oleiros!

Acude, participa, opina...e DESEÑA!!!