AVISO LEGAL

02 outubro 2017

Asamblea Xeral Ordinaria



Estimadas familias,

Como cada ano por estas datas imos celebrar a Asamblea Xeral Ordinaria da ANPA. Terá lugar o vindeiro 16 de outubro, no salón de actos do instituto, ás 19:00 horas en primeira convocatoria e ás 19:30 en segunda.

A orde do día é a seguinte:

       1.- Lectura e aprobación da acta da asamblea anterior.

       2.- Memoria de actividades do curso 2016-17.

       3.- Aprobación das contas anuais do curso anterior e presentación do presuposto do 2017-18.

     4.- Propostas de actuacións e actividades previstas para este curso e aprobación de petición de subvencións.

      5.- Ratificación-reelección de cargos da xunta directiva e elección de novos membros.

      6.- Rogos e preguntas.


Lembrámosvos que aqueles asociados/as que desexen pertencer á xunta directiva deberán presentar a súa candidatura por e-mail a apamiraflores@gmail.com ou cubrir o cupón que se adxunta e deixalo na secretaría do centro antes do 14 de outubro de 2017.

Do mesmo xeito podedes cubrir o impreso adxunto se non podedes acudir á asamblea e queredes delegar o voso voto.


Vémonos o próximo 16 de outubro! Saúdos afectuosos,

Xunta directiva



14 setembro 2017

BENVIDAS AO NOVO CURSO 2017-18

Estimadas familias,

Benvidas a este novo curso 2017-18. Comezamos con ganas de traballar para mellorar a educación das nosas fillas e fillos, na medida das nosas posibilidades. Non dubidedes en preguntar, aportar ideas e facer todas aquelas suxerencias que consideredes interesantes.

Hoxe queremos comezar informándovos de dous obradoiros que o Concello de Oleiros, a través da concellería de Servicios Sociais pon en marcha. Están dirixidos ás familias con menores co obxectivo de contribuir a mellorar a comunicación e as relacións familiares, como estratexia de prevención dos conflictos familiares. O prazo de inscrición ábrese o xoves 14 de setembro.

Deixámosvos os carteis coa información:




27 maio 2017

Estimadas familias,

O día 23 de maio de 2017 publicouse no BOP (Boletín Oficial da Provincia)  a convocatoria da Concellería de Servicios Sociais e Sanidade do Concello de Oleiros coas bases para solicitar prestacións de apoio á escolarización para o curso 2017/18. Tedes toda a información na seguinte ligazón:




Estade atentos porque o plazo remata o 12 de xuño (inclusive)


Saúdos,

Xunta directiva
ANPA Miguel Hernández

30 marzo 2017

Estimadas familias,

Desde Servicios Sociais da Deputación de A Coruña convocan o VIII Concurso de viñetas para conmemorar o "Día das mulleres", baixo o título de "IgualMente".

Ten como obxectivo "empregar a viñeta para reflexionar, concienciar e mudar mentalidades da cidadanía en xeral e da poboación adolescente en particular, sobre a importancia de gozar de relacións afectivo-sexuais e de parella saudables e en igualdade, incidindo na necesidade social de respecto e tolerancia das diversidades sexuais e as identidades de xénero para acadar unha sociedade mais xusta e igualitaria".


Teñen como prazo de admisión ata o 12 de abril de 2017. E importantes premios como ordenadores, tablets e coleccións de cómics para idades comprendidas entre 12 e 18 anos.

Tedes toda a información na seguinte LIGAZÓN


Saudos afectuosos,


Xunta directiva

26 marzo 2017

Estimadas familias,

Enlazámosvos a información que nos achegan desde a CONFAPA-GALICIA sobre unha xornada  especial organizada para o vindeiro sábado día 1 de abril titulada "Menores e o seu Mundo Dixital". 

Sabemos que este é un tema importante para as familias hoxe en día, polo que enviamos o programa e forma de inscribirse na seguinte LIGAZÓN.

Saúdos,

Xunta directiva

19 marzo 2017

CONCURSO de MICRORRELATOS






Presentamos a 4ª edición do Certame que organiza a ANPA, en colaboración coa biblioteca do centro, co motivo do Día do Libro.


BASES:


Extensión máxima: 100 palabras
Idioma: Galego, castelán, inglés ou francés.
O texto debe comezar coa frase:

      • Sentía un estremecedor calafrío cada vez que entraba naquela aula. . .
      • I felt a hair-raising shiver every time I went into that classroom. . .
      • Sentía un estremecedor escalofrío cada vez que entraba en aquel aula. . .
      • Je ressentais un effroyable frisson chaque fois que j´entrais dans cette classe. . .

Só poderá presentarse un microrrelato por persoa. Serán de autoría propia, firmados cun pseudónimo e nivel do curso (1º ESO, 4º ESO, Bacharelato…). Terá que ser entregado na folla correspondente ao Certame que vos entregará o profesor de lingua correspondente.


Achegarase ao microrrelato un sobre pechado onde levará : no exterior o pseudónimo e curso e no interior o nome e apelidos do autor /a. Só abriranse os sobres dos relatos gañadores.


Entregaranse ao profesorado de lingua ou á responsable de biblioteca.


O Xurado estará formado por representantes da ANPA e profesorado responsable da biblioteca.


Os resultados publicaranse no blog da ANPA e nos taboleiros do Centro.


Hai cinco categorías con tres premios cada unha delas (vales para canxear na librería “A Libreira “ do Temple, Cambre):

1º PREMIO
2º PREMIO
3º PREMIO
1º ESO
75 euros
50 euros
25 euros
2º ESO
75 euros
50 euros
25 euros
3º ESO
75 euros
50 euros
25 euros
4º ESO
75 euros
50 euros
25 euros
BACHARELATO
75 euros
50 euros
25 euros


Ademáis realizarase un SORTEO entre TODOS os participantes de varios artículos deportivos firmados por recoñecidas e recoñecidos deportistas galegos (balón de rugby, guantes de boxeo, camisetas…)


DATA tope de entrega:  30 de marzo                                       Entrega de PREMIOS : 21 de abril



ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!


18 marzo 2017

Nova edición do Obradoiro para MELLORAR A COMUNICACIÓN NA FAMILIA

Estimadas familias,

Desde a concellería de Servicios Sociais do Concello de Oleiros achegáronnos onte unha nova convocatoria do obradoiro para mellorar a comunicación nas familias. Tedes a información para facer a inscrición no seguinte enlace:

 INSCRICIÓN OBRADOIRO COMUNICACIÓN FAMILIAS

Fixádevos que as prazas adxudícanse por orde de inscrición e que o prazo para presentalas comeza este luns, día 20 de marzo!!!

Saúdos

Xunta directiva