Estimadas familias,
Desde a concellería de Servicios Sociais do Concello de Oleiros achegáronnos onte unha nova convocatoria do obradoiro para mellorar a comunicación nas familias. Tedes a información para facer a inscrición no seguinte enlace:
INSCRICIÓN OBRADOIRO COMUNICACIÓN FAMILIAS
Fixádevos que as prazas adxudícanse por orde de inscrición e que o prazo para presentalas comeza este luns, día 20 de marzo!!!
Saúdos
Xunta directiva
18 marzo 2017
05 marzo 2017
Reparto axudas comedor curso 2015-16
Estimadas familias,
Como xa vos informamos por correo electrónico, en breve entregaremos os cheques co importe correspondente ás axudas de comedor que cada curso convoca a Xunta de Galicia e que a ANPA solicita e xestiona. A entrega realizarase en horario de comedor luns e martes.
Lembrade que son axudas concedidas a curso pasado. O importe de cada talón corresponde á parte proporcional consumida durante o curso 2015-16 e que foi ingresada con data 1 de febreiro. No caso de que máis dun membro familiar faga uso do comedor, o importe do talón corresponde á suma da axuda de cada un deles.
Para aquelas familias que durante o presente curso 2016-17 non sexan usuarias de comedor, poderán recoller o talón na sala da ANPA do instituto, o luns 20 ou o martes 21 de marzo, de 16:00 a 18:00 horas.
Como cada ano, o importe dos talóns non recollidos na data sinalada ou non cobrados, pasarán a formar parte do Fondo Solidario de Comedor.
Para calquera dúbida, por favor, contactade con nós no correo apamiraflores@gmail.com.
Saúdos afectuosos,
Xunta directiva
11 febreiro 2017
CLUB de LECTURA de ADULTOS
Estimadas familias,
Xa temos data para a segunda sesión do Club de Lectura de adultos que organiza a biblioteca escolar do instituto IES Miraflores. Animádevos a participar aínda que non puidésedes asistir á primeira xuntanza.
Terá lugar, na biblioteca do centro, o vindeiro 30 de marzo ás 17:00 horas e a novela elixida é "El Baile" de Irene Némirovsky.
Sen dúbida, un bo momento para compartir ideas, lembranzas, opinións...
16 xaneiro 2017
CAMBIO na data do Club de Lectura
Estimadas familias,
Desde a biblioteca do instituto avísannos de que cambiaron a data da primeira sesión do Club de Lectura. Será o mércores 25 de xaneiro.
Saúdos,
Xunta directiva
Desde a biblioteca do instituto avísannos de que cambiaron a data da primeira sesión do Club de Lectura. Será o mércores 25 de xaneiro.
Anímate e participa!
Saúdos,
Xunta directiva
13 decembro 2016
Actividades de colaboración no Instituto
Estimadas familias,
Detallámosvos unha
serie de actividades que está a levar a cabo o instituto e que nos parece
interesante difundir.
-
Concurso
de Centros de outono
Deberán ser
elaborados con froitos , flores e calquera outro tipo de material relacionado
con esta estación do ano. Debe constar o nome completo e o curso do alumnado
participante dado que haberá diferentes premios. Derradeiro día de
entrega o 21/12/2016.
-
Recollida
de xoguetes en buen estado para a campaña de Nadal 2016 de
Equus Zebra.
Os podedes deixar na entrada-hall do instituto. Prazo de entrega o día 18/12
-
Club de
lectura de adultos
Como novidade
neste curso, a biblioteca do centro bota a andar un club de lectura de adultos
. A novela elixida para ler todos os que queiran participar é "La joven de la
perla" de Tracy Chevalier . O día 18 de xaneiro teremos unha
xuntanza os participantes neste club, na que a parte de comentar a novela, se
fará un visionado da película do mesmo nome e unha contextualización da cadro
ao que fai referencia o título, con música da época.
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!!!!
Un
afectuoso saludo,
Xunta Directiva
12 decembro 2016
SUBVENCIÓN CONCELLO de OLEIROS
Estimadas familias,
O día 30 de Novembro de 2016, a Xunta de Goberno Local do Concello de Oleiros acordou conceder á ANPA Miguel Hernández, do IES Miraflores unha subvención por unha contía de 1384,63 euros para a "actividade extraescolar: escola de periodismo".
Os nosos fillos e fillas realizarán esta actividade gratuítamente os luns, desde o mes de xaneiro e, ao final de curso, poderemos ver o resultado coa publicación da revista escolar "Todo MIRAFLORES".
Saúdos agradecidos,
Xunta directiva
28 novembro 2016
AXUDAS para asistencia a COMEDORES escolares
Estimadas familias,
O día 23 de novembro de 2016 saiu publicada no BOP nº 222 a convocatoria de axudas para a asistencia a comedores escolares deste curso.O prazo para acollerse a estas axudas remata o vindeiro 16 de decembro.
Saúdos afectuosos,
Xunta directiva
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

