AVISO LEGAL

11 febreiro 2017

CLUB de LECTURA de ADULTOS



Estimadas familias,

Xa temos data para a segunda sesión do Club de Lectura de adultos que organiza a biblioteca escolar do instituto IES Miraflores. Animádevos a participar aínda que non puidésedes asistir á primeira xuntanza.


Terá lugar, na biblioteca do centro, o vindeiro 30 de marzo ás 17:00 horas e a novela elixida é "El Baile" de Irene Némirovsky.

Sen dúbida, un bo momento para compartir ideas, lembranzas, opinións...





16 xaneiro 2017

CAMBIO na data do Club de Lectura

Estimadas familias,

Desde a biblioteca do instituto avísannos de que cambiaron a data da primeira sesión do Club de Lectura. Será o mércores 25 de xaneiro.

Anímate e participa!

Saúdos,

Xunta directiva

13 decembro 2016

Actividades de colaboración no Instituto


Estimadas familias,
Detallámosvos  unha serie de actividades que está a levar a cabo o instituto e que nos parece interesante difundir.

-          Concurso de Centros de outono

Deberán ser elaborados con froitos , flores e calquera outro tipo de material relacionado con esta estación do ano. Debe constar o nome completo e o curso do alumnado participante dado que haberá diferentes premios. Derradeiro día de entrega o 21/12/2016.

-          Recollida  de xoguetes  en buen estado para a campaña de Nadal 2016 de Equus  Zebra.

 Os podedes deixar na entrada-hall  do instituto.  Prazo de entrega o día 18/12

-          Club de lectura de adultos

Como novidade neste curso, a biblioteca do centro bota a andar un club de lectura de adultos . A novela elixida para ler todos os que queiran participar é "La joven de la perla" de Tracy Chevalier . O día  18 de xaneiro teremos unha xuntanza os participantes neste club, na que a parte de comentar a novela, se fará un visionado da película do mesmo nome e unha contextualización da cadro ao que fai referencia o título, con música da época.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!!!!

Un afectuoso saludo,
Xunta Directiva

12 decembro 2016

SUBVENCIÓN CONCELLO de OLEIROS


Estimadas familias,

O día 30 de Novembro de 2016, a Xunta de Goberno Local do Concello de Oleiros acordou conceder á ANPA Miguel Hernández, do IES Miraflores unha subvención por unha contía de 1384,63 euros para a "actividade extraescolar: escola de periodismo".

Os nosos fillos e fillas realizarán esta actividade gratuítamente os luns, desde o mes de xaneiro e, ao final de curso, poderemos ver o resultado coa publicación da revista escolar "Todo MIRAFLORES".


Saúdos agradecidos,

Xunta directiva

28 novembro 2016

AXUDAS para asistencia a COMEDORES escolares

Estimadas familias,


O día 23 de novembro de 2016 saiu publicada no BOP nº 222 a convocatoria de axudas para a asistencia a comedores escolares deste curso.O prazo para acollerse a estas axudas remata o vindeiro 16 de decembro.

Poden consultar as bases no seguinte enlace. Para cubrir a solicitude podedes descargar aquí o pdf.

Saúdos afectuosos,

Xunta directiva


PRAEMO (Programa de reforzo e apoio educativo municipal de Oleiros)


Estimadas familias,

Queremos informarvos de que vai comezar a inscrición no programa municipal contra o fracaso escolar, PRAEMO. Adxuntamos a información do Concello e os enlaces:

Oleiros, 21 de novembro de 2016-. O Concello de Oleiros volve poñer en marcha o programa de reforzo escolar dirixido ao alumnado dos centros de ensino público de Oleiros de primaria e secundaria. O obxectivo principal desta acción é previr o fracaso escolar entre os escolares e garantir a igualdade de oportunidades para todo o alumnado. 
As inscricións poderán facerse, entre o 30 de novembro e o 15 de decembro, presencialmente na Concellería de Ensino e Xuventude (centro cultural A Fábrica) ou nos centros escolares. A adxudicación de prazas será por estrita orde de rexistro. Crearase unha listaxe de garda, para os que se inscriban sen praza, á espera de formar grupos novos. As clases desenvolveranse na Casa da cultura de Perillo, na Casa do pobo de Nós, no Centro social de Rialta e no Centro cívico de Santa Cruz.

MÁIS INFORMACIÓN

Saúdos,

Xunta directiva

23 novembro 2016

INFORMACIÓN FOLGA 24 NOVEMBRO

Estimadas familias,

Achegamos a circular que nos enviaran desde CONFAPA Galicia co respecto á folga do 24 de Novembro.

                                             
                                                          COMUNICADO

Saúdos afectuosos,


Xunta directiva