AVISO LEGAL

13 decembro 2016

Actividades de colaboración no Instituto


Estimadas familias,
Detallámosvos  unha serie de actividades que está a levar a cabo o instituto e que nos parece interesante difundir.

-          Concurso de Centros de outono

Deberán ser elaborados con froitos , flores e calquera outro tipo de material relacionado con esta estación do ano. Debe constar o nome completo e o curso do alumnado participante dado que haberá diferentes premios. Derradeiro día de entrega o 21/12/2016.

-          Recollida  de xoguetes  en buen estado para a campaña de Nadal 2016 de Equus  Zebra.

 Os podedes deixar na entrada-hall  do instituto.  Prazo de entrega o día 18/12

-          Club de lectura de adultos

Como novidade neste curso, a biblioteca do centro bota a andar un club de lectura de adultos . A novela elixida para ler todos os que queiran participar é "La joven de la perla" de Tracy Chevalier . O día  18 de xaneiro teremos unha xuntanza os participantes neste club, na que a parte de comentar a novela, se fará un visionado da película do mesmo nome e unha contextualización da cadro ao que fai referencia o título, con música da época.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!!!!

Un afectuoso saludo,
Xunta Directiva

12 decembro 2016

SUBVENCIÓN CONCELLO de OLEIROS


Estimadas familias,

O día 30 de Novembro de 2016, a Xunta de Goberno Local do Concello de Oleiros acordou conceder á ANPA Miguel Hernández, do IES Miraflores unha subvención por unha contía de 1384,63 euros para a "actividade extraescolar: escola de periodismo".

Os nosos fillos e fillas realizarán esta actividade gratuítamente os luns, desde o mes de xaneiro e, ao final de curso, poderemos ver o resultado coa publicación da revista escolar "Todo MIRAFLORES".


Saúdos agradecidos,

Xunta directiva

28 novembro 2016

AXUDAS para asistencia a COMEDORES escolares

Estimadas familias,


O día 23 de novembro de 2016 saiu publicada no BOP nº 222 a convocatoria de axudas para a asistencia a comedores escolares deste curso.O prazo para acollerse a estas axudas remata o vindeiro 16 de decembro.

Poden consultar as bases no seguinte enlace. Para cubrir a solicitude podedes descargar aquí o pdf.

Saúdos afectuosos,

Xunta directiva


PRAEMO (Programa de reforzo e apoio educativo municipal de Oleiros)


Estimadas familias,

Queremos informarvos de que vai comezar a inscrición no programa municipal contra o fracaso escolar, PRAEMO. Adxuntamos a información do Concello e os enlaces:

Oleiros, 21 de novembro de 2016-. O Concello de Oleiros volve poñer en marcha o programa de reforzo escolar dirixido ao alumnado dos centros de ensino público de Oleiros de primaria e secundaria. O obxectivo principal desta acción é previr o fracaso escolar entre os escolares e garantir a igualdade de oportunidades para todo o alumnado. 
As inscricións poderán facerse, entre o 30 de novembro e o 15 de decembro, presencialmente na Concellería de Ensino e Xuventude (centro cultural A Fábrica) ou nos centros escolares. A adxudicación de prazas será por estrita orde de rexistro. Crearase unha listaxe de garda, para os que se inscriban sen praza, á espera de formar grupos novos. As clases desenvolveranse na Casa da cultura de Perillo, na Casa do pobo de Nós, no Centro social de Rialta e no Centro cívico de Santa Cruz.

MÁIS INFORMACIÓN

Saúdos,

Xunta directiva

23 novembro 2016

INFORMACIÓN FOLGA 24 NOVEMBRO

Estimadas familias,

Achegamos a circular que nos enviaran desde CONFAPA Galicia co respecto á folga do 24 de Novembro.

                                             
                                                          COMUNICADO

Saúdos afectuosos,


Xunta directiva

17 novembro 2016

Novas ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Estimadas familias,

Atendendo novamente ás vosas peticións sobre actividades extraescolares, este ano imos ofertar tamén Obradoiro de Cómic e dous Programas de técnicas de estudo.

Tedes a información nestes carteis que vos presentamos e que colgamos polos corredores do instituto. 




No seguinte enlace atoparedes a folla de inscrición onde seleccionar aqueles obradoiros que vos interesen. Podedes entregala cuberta na conserxería do Centro ou ben, remitila ao seguinte correo: actividades.apamiraflores@gmail.com

Saúdos,

Xunta directiva


13 novembro 2016

Eleccións ao CONSELLO ESCOLAR 2016-17

Estimadas Familias,

Neste curso 2016/17 hai que renovar o Consello Escolar. 

Os Consellos Escolares son o instrumento de participación das familias nos centros escolares e un órgano de encontro da comunidade educativa para o debate, a reflexión e a mellora do sistema educativo. Neles tómanse importantes decisións que afectarán á educación dos nosos fillos e fillas. 

"A túa implicación e participación, agora máis que nunca é decisiva" 

A participación das familias no Consello Escolar realízase:
  • A través do representante da ANPA, por designación directa desta.         
  • A través dos representantes das familias, vía eleccións.       
  • Unha vía indirecta a través do alumnado.

Vacantes do ano 2016-17:

Este ano no noso instituto as nais-pais-titores/ás legais teremos que elixir: 1 representante das familias- nai, pai ou titor/a legal.

E os nosos fillos e fillas terán que elixir:  2 representantes entre os seus compañeiros e compañeiras.

As candidaturas presentaranse no Centro Educativo, coincidindo co horario escolar. O prazo de admisión de candidaturas remata o 18 de Novembro de 2016 ás 12,30 horas. 

Achégase o arquivo co modelo de candidatura e o comunicado do calendario electoral deseñado polo Centro.

O Día 25 de novembro: Celébrase a votación do alumnado, de 9’00 a 14´10 horas.

O Día 28 de novembro: Celebración das votacións de pais, nais e titores legais do alumnado, de 16’00 a 20’00 horas.

Porque na educación dos nosos fillos e fillas aínda temos que dicir moito participa e anima a participar nas eleccións aos Consellos Escolares. A túa participación é a túa forza.


Saúdos afectuosos,

Xunta directiva