AVISO LEGAL

18 xuño 2016

Entrega de NOTAS e Prazos de MATRÍCULA curso 2016-17

Estimadas familias,

Esta é a información de final de curso no IES Miraflores:



  • ENTREGA DE NOTAS: 
          • Día: 23 de xuño
          • Todolos cursos ás 10,00 h . 
          • Lugar: Aulas das titorías

  • REVISIÓNS DE EXAMES E RECLAMACIÓNS DE CUALIFICACIÓNS:
          • días 27 e 28 de xuño de 9,00 a 13,30 h.


  • PRAZO DE MATRÍCULA CURSO 2016/2017:
          • 1º ESO.........27-28 xuño
          • 2º ESO.........29-30 xuño
          • 3º ESO.........1 xullo
          • 4º ESO.........4-5 xullo
          • 1º BAC........6-7 xullo
          • 2º BAC........7-8 xullo


Saúdos


Xunta directiva

17 xuño 2016

Primeira circular do banco de libros xestionado pola ANPA

Estimadas familias,


Un ano máis a ANPA organiza o banco de libros de texto doados solidariamente polas familias.

Achegámosvos o enlace á primeira circular que nestes días remitiron desde o Centro:




Na próxima semana enviaremos outra circular coas datas e horarios de entrega.

Moitas grazas pola vosa participación!


Saúdos

Xunta directiva

24 maio 2016

Axudas municipais para a escolarización para o curso 2016/17

Estimadas familias,

Está aberto o prazo para solicitar axudas para a prestación de apoio á escolarización para o curso 2016/17, no Concello de Oleiros.

Pódense presentar no rexistro municipal ata o día 2 de xuño , inclusive.

Ésta é a folla informativa donde atopar todos os requisitos e o enlace á solicitude.

Saúdos

Xunta directiva

19 maio 2016

Axudas económicas para libros de texto e material escolar

Estimadas familias, 


material-escolar
A Consellería de Educación convoca un fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/17.

No fondo solidario de libros de texto poderá participar o alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria e en 1º e 3º de ESO; cursos en que, necesariamente, se manterán os libros de texto do curso 2015/16.
 A asignación farase:
a) Ao alumnado que participe no fondo solidario, por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar, ata que se esgoten as existencias.

b) Terá preferencia para esta adxudicación o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda.

Na convocatoria de axudas para adquirir libros de texto poderá participar o alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, en 2º e 4º de ESO, e en educación especial.
A convocatoria de axudas para adquirir material escolar está destinada ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.
prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o día 23 de xuño de 2016 (este incluído).

As solicitudes poden tramitarse dende https://sede.xunta.es/ co procedemento ED330B

Máis información no DOG do 16 de maio de 2016 e en https://www.edu.xunta.es/axudaslibros/


Saúdos,

Xunta directiva

10 marzo 2016

3 ª edición CONCURSO "MICRORRELATOS SOBRE O MEU INSTITUTO"







A 3ª edición do concurso MICRORRELATOS SOBRE O MEU INSTITUTO” que organiza a ANPA en colaboración coa biblioteca do centro e co motivo do día do libro, xa está en marcha.

Sabemos da importancia deste “mobiliario” na vosa vida escolar e por eso pensamos que pode dar xogo a textos de humor, amor, medo, intriga, fenómenos paranormais…


BASES:

  • Extensión máxima: 100 palabras.
  • Idioma: Galego, castelán, inglés ou francés.
  • O texto debe comezar coa frase: “ Cuando abrí la puerta de la taquilla...” (en calquera dos idiomas mencionados anteriormente).
  • Só poderá presentarse un microrrelato por persoa.
  • Serán de autoría propia, firmados cun pseudónimo e nivel do curso (1º ESO, 4ª ESO, Bacharelato…).
  • Achegarase ao microrrelato un sobre pechado onde levará : no exterior o pseudónimo e curso e no interior o nome e apelidos do autor /a. Só abriranse os sobres dos relatos gañadores.
  • Entregaranse ao profesorado de lingua correspondente ou á responsable de biblioteca.
  • O Xurado estará formado por representantes da ANPA e por profesorado responsable da biblioteca.
  • Os resultados publicaranse no blog da ANPA e nos taboleiros do Centro.
  • Hai cinco categorías con tres premios cada unha delas (Vales para canxear nunha papelería a determinar)


1º PREMIO
2º PREMIO
3º PREMIO
1º ESO
75 euros
50 euros
25 euros
2º ESO
75 euros
50 euros
25 euros
3º ESO
75 euros
50 euros
25 euros
4º ESO
75 euros
50 euros
25 euros
BACHARELATO
75 euros
50 euros
25 euros


DATA tope de entrega: 11 de ABRIL



ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR !!!

09 marzo 2016

Próximo envío de CUESTIONARIO de COMEDOR

Estimadas familias,
Como xa sabedes, o servizo de comedor  que ofrece o Instituto  é xestionado pola ANPA tras a autorización por parte do Delegado Provincial da Consellería de Educación no ano 2001. Dende entón o  Grupo Hostelero Asueto S.L.,  encárgase  da xestión da cociña, a  elaboración da comida no propio centro e a vixilancia do alumnado. 
A ANPA Miguel Hernández,  ofrece o servizo de comedor, seguindo o Decreto  132/2013, do 1 de agosto, polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos, na modalidade establecida no artigo 2, punto 1 apartado e  “Xestión do comedor escolar por entidades privadas sen ánimo de lucro, responsables da contratación e xestión integral do servizo, autorizadas para o efecto pola Consellería competente en materia de educación, coas que esta, no seu caso, poderá establecer fórmulas de colaboración mutua.”
En xuño deste curso 2015-2016, vence o contrato que por cinco anos  máis asinouse en 2011 coa empresa Grupo Hostelero Asueto, S.L. para a prestación do servizo de comedor e vixilancia. 
As nais e pais que formamos a actual Xunta Directiva estamos empezando xa a traballar para a renovación do mesmo e consideramos importante ter a vosa valoración achega do servizo que se ofrece actualmente. Para iso, recibiredes nos próximos días un correo noso cun enlace a un cuestionario de preguntas abertas a través do cal agradeceriámosvos transmitísedesnos as vosas opinións, e/ou a dos vosos fillos e fillas. 

Agradecendo de antemán a vosa colaboración e implicación enviámosvos un afectuoso saúdo.

Berta M. Pérez 
Xunta Directiva

ANPA Miguel Hernández

14 xaneiro 2016

Programa de Reforzo e Apoio Escolar do Concello

Prezadas familias,

Xa está aberto o prazo de inscrición para o Programa de Reforzo e Apoio Escolar do Concello.

O programa ten como obxectivo fundamental o de previr o fracaso escolar entre os nosos escolares e favorecer a igualdade de oportunidades do alumnado.

Comezará o 11 de xaneiro, irá dirixido novamente ao alumnado de primaria e secundaria do Concello de Oleiros.

A inscrición pode facerse presencialmente, cubrindo e asinando a ficha de inscrición do programa e entregándoa na Concellería de Ensino e Xuventude sita no Centro Cultural A Fábrica, ou nos centros escolares, solicitando a ficha de inscrición, e entregándoa asinada e cuberta no propio Centro.

O horario da actividade será de 17:00 a 19:00 horas.

As sesións realizaranse no seguinte calendario semanal:
Casa do Pobo de NÓS

           Educación Primaria:  Luns
           Educación Secundaria: Xoves

Centro Social de RIALTA

          Educación Primaria: Martes
          Educación Secundaria: Mércores

*  Casa da Cultura de PERILLO
          
          Educación Primaria: Mércores
          Educación Secundaria: Venres




Saúdos


Xunta directiva