AVISO LEGAL

02 marzo 2015

Menú Marzo

Estimadas familias,

Adxuntamos no siguiente enlace o menú do mes de marzo. Os informamos que tamén o podedes atopar no apartado de Documentos,

Un saúdo afectuoso,

Xunta Directiva

MENÚ MARZO PREMER AQUÍ

24 febreiro 2015

Información Folga 25-26 F.

Estimadas familias,
 
Como sabedes, existe unha convocatoria de folga para os días 25 e 26 na Universidade polo proxecto de reforma coñecida como 3+2 que é secundada tamén polo alumnado de Secundaria.
 
Adxuntamos  información e comunicados de CONFAPA-GALICIA e Plataforma en Defensa do Ensino Público sobre a folga e xustificante de ausencia ás clases do alumnado para aquelas familias que o requiran; o alumnado ten dereito a participar nas folgas.
 
 
Un afectuoso saudo,
 
Xunta Directiva

23 decembro 2014

BO NADAL

 
 Que nunca che falte un sono polo que loitar, un proxecto que realizar, unha man que che axude, unha escola onde aprender, un lugar onde descansar e alguén que te queira de verdade...
  
 
Cos nosos mellores desexos de felicidade,
 
 
O Equipo Directivo da ANPA.

15 decembro 2014

Escola Nais-Pais

Estimadas familias,
 
O Concello de Oleiros ten  programado para o mes de xaneiro, a realización duns obradoiros e xornadas enmarcadas no proxecto da escola de Nais-Pais.
 
O curso é de balde e todas as persoas interesadas previa  inscrición no Centro de Información Xuvenil A Fábrica.
 
Un afectuoso saúdo,
 
Xunta Directiva
 

09 decembro 2014

Escola de Xornalismo


Estimadas Familias,
Comunicámosvos que se abriu o prazo de preinscrición para a actividade de Escola de Xornalismo, cuxo obxectivo final é a elaboración da revista do Instituto.

O prazo de preinscrición finalizará o próximo día 17 de decembro, sendo a data de inicio do taller o mes de xaneiro. Montaremos os grupos de luns e/ou martes, en horario de 15:00 a 16:00 en función das preinscricións recibidas.  A partires do día 17  recibiredes a confirmación por correo electrónico.

En relación ao resto de actividades ofertadas no mes de novembro e que non se puideron levar a cabo por non chegar aos mínimos establecidos, informámosvos que se decidiu seguir aceptando preinscricións. Avisarémosvos cando se chegue á cota determinada polas empresas que imparten os cursos.

Un afectuoso sáudo,
Xunta Directiva

"A Xunta de Goberno Local do Concello de Oleiros, na sesión celebrada o 5 de novembro de 2014, acordou conceder á nosa entidade a cantidade de 1.600 euros, en concepto de Actividade extraescolar: Escola de periodismo."

18 novembro 2014


Estimadas Familias,

Dende a Concellería de Ensino e Xuventude nos comunican que un ano máis no mes de Novembro comenzou o programa de reforzo e apoio municipal escolar: PRAEMO. Un programa que o curso pasado tivo uns resultados positivos e que neste curso pretenden mellorar.

Adxuntamos cartel informativo onde vai de xeito resumido o que é o programa, destinatarios, horarios,....
 
Para máis información:
Tel. 981 636598 de 8 a 15h.
c.xuventude@oleiros.org

Un saúdo,
 
Xunta Directiva 
 

10 novembro 2014

CONSELLOS ESCOLARES



Estimadas Familias,

 Neste curso 2014-2015 hai que renovar o Consello Escolar.
 
Os Consellos Escolares son o instrumento de participación das familias nos centros escolares e un órgano de encontro da comunidade educativa para o debate, a reflexión e a mellora do sistema educativo. Nos Consellos escolares tómanse importantes decisións que afectarán á educación dos nosos fillos e fillas.
 
"A túa implicación e participación, agora máis que nunca é decisiva"
 
A participación das familias no Consello Escolar realízase:

         A través do representante da ANPA, por designación directa desta.
         A través dos representantes das familias, vía eleccións convocadas para iso.
         Unha vía indirecta a través do alumnado

 VACANTES 2014-2015:
    Este ano no noso instituto as nais-pais-titores/ás legais teremos que elixir: 1 representante das familias- nai, pai ou titor/a legal
    E os nosos fillos e fillas terán que elixir:  4 representantes entre os seus compañeiros e compañeiras.
 As candidaturas presentaranse no Centro Educativo correspondente, coincidindo co horario escolar. O prazo de admisión de candidaturas remata o 18 de Novembro de 2014 ás 14:00 horas. Ese mesmo día 18 de Novembro proclamaranse os candidatos definitivos.

A campaña electoral levarase a cabo dende o 19/11 ao 23/11 (ambos os dous inclusive) e a celebración das eleccións terá lugar, no instituto, durante os seguintes días:

        Luns 24 de novembro de 16:00h a 19:30h. Eleccións do sector pais, nais e titores do alumnado.
         Martes 25 de novembro eleccións aos representantes do alumnado entre ás 9:00h e ás 12:00h

Porque na educación dos nosos fillos e fillas aínda temos que dicir moito participa e anima a participar nas eleccións aos Consellos Escolares. A túa participación é a túa forza.
  ______________________________________