Os alumnos e alumnas que se anotaron na actividade de xornalismo, están maquinando facer unha revista na que poderán participar aqueles que teñan boas ideas, xunto co contido propio dos alumnos da actividade. Axiña teredes máis información de todo isto na web da APA.
Saúdos!
13 marzo 2012
20 decembro 2011
09 novembro 2011
Lost and found (Obxectos perdidos)
Estimados socios:
Unha "visita guiada" pola conserxaría é tema dabondo para falar sobre o que os nosos fillos "perden" ou habitualmente"lles rouban". Non sempre é así.
Roupa deportiva, sudadeiras, cazadoras, chaveiros (con chaves da casa e das taquillas do instituto), libros, libretas e material escolar de todo tipo, gafas, ¡mochilas completas!... unha cantidade incríble de cousas alí depositadas que o persoal de limpeza, os profesores ou outros nenos atoparon e entregaron na conserxaría.
Si o voso fillo ou filla chega a casa decindo que lle roubaron os libros, perdeu a mochila ou desmaterializouse a chaqueta... preguntade primero ós conserxes. Non é raro que esté alí o que falta.
Por certo, a final de curso toda a roupa non reclamada tírase ó contenedor. O instituto non pode almacenar tanto material perdido e atopado. ¡Sorte!
07 novembro 2011
Asemblea anual de socios
Estimados socios, o próximo martes, 8 de novembro, estades convocados á Asemblea que inicia e presenta o curso 2011-2012. Será ás 19 h. en primeira e ás 19:30 h. en segunda convocatoria. Tendes máis información na web http://www.apamiraflores.es
Saúdos da directiva
Saúdos da directiva
28 setembro 2011
Calendario escolar
Na ESO e Bacharelato, os días lectivos van do 16 de setembro de 2011 ó 22 de xuño de 2012, excepto:
- As vacacións de inverno: do 22 de decembro de 2011 ó 8 de xaneiro de 2012.
- O Entroido: 20, 21 e 22 de febreiro de 2012.
- As vacacións de primavera: dende o 2 ó 9 de abril.
- O Día do Ensino: 31 de outubro de 2011.
- Considéranse NON LECTIVOS os festivos locáis e nacionáis.
- Quedan por determinar por parte do instituto 2 días non lectivos, pendentes de aprobación pola Xunta.
17 setembro 2011
Nova dirección web da APA
Ola.
Por causas alleas á dirección da APA, o antigo servidor "Apamiraflores.com" deixou de funcionar. A partires de agora, a nova dirección é www.apamiraflores.es
De igual maneira, a dirección de correo cambia. Podedes escribir a info@apamiraflores.es
En pouco tempo teremos a dispor a web que tiñamos, na nova dirección.
Saúdos,
A directiva.
Por causas alleas á dirección da APA, o antigo servidor "Apamiraflores.com" deixou de funcionar. A partires de agora, a nova dirección é www.apamiraflores.es
De igual maneira, a dirección de correo cambia. Podedes escribir a info@apamiraflores.es
En pouco tempo teremos a dispor a web que tiñamos, na nova dirección.
Saúdos,
A directiva.
14 marzo 2011
Xornadas informativas "Seguridade na rede"
O Concello infórmanos de que en poucos días vanse celebrar unhas xornadas sobre Seguridade en Internet, para os que estedes interesados (pais e nais, nenos, educadores, titores, etc.)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
