AVISO LEGAL

07 novembro 2011

Asemblea anual de socios

Estimados socios, o próximo martes, 8 de novembro, estades convocados á Asemblea que inicia e presenta o curso 2011-2012. Será ás 19 h. en primeira e ás 19:30 h. en segunda convocatoria. Tendes máis información na web http://www.apamiraflores.es

Saúdos da directiva

28 setembro 2011

Calendario escolar


Na ESO e Bacharelato, os días lectivos van do 16 de setembro de 2011 ó 22 de xuño de 2012, excepto:


- As vacacións de inverno: do 22 de decembro de 2011 ó 8 de xaneiro de 2012.
- O Entroido: 20, 21 e 22 de febreiro de 2012.
- As vacacións de primavera: dende o 2 ó 9 de abril.
- O Día do Ensino: 31 de outubro de 2011.
- Considéranse NON LECTIVOS os festivos locáis e nacionáis.
- Quedan por determinar por parte do instituto 2 días non lectivos, pendentes de aprobación pola Xunta.

17 setembro 2011

Nova dirección web da APA

Ola.

Por causas alleas á dirección da APA, o antigo servidor "Apamiraflores.com" deixou de funcionar. A partires de agora, a nova dirección é www.apamiraflores.es

De igual maneira, a dirección de correo cambia. Podedes escribir a info@apamiraflores.es

En pouco tempo teremos a dispor a web que tiñamos, na nova dirección.

Saúdos,
A directiva.

14 marzo 2011

Xornadas informativas "Seguridade na rede"

O Concello infórmanos de que en poucos días vanse celebrar unhas xornadas sobre Seguridade en Internet, para os que estedes interesados (pais e nais, nenos, educadores, titores, etc.)

16 febreiro 2011

Cultura

O Departamento de Lingua e Literatura Galega infórmanos de que o día 26 de febreiro as 20.30 horas terá lugar no Auditorio Gabriel García Márquez, de Mera, a representación teatral do libro Memorias dun neno labrego, de X. Neira Vilas, pola compañía Abrapalabra Creacións Escénicas.
Paga a pena asistir e non soamente polo seu interese cultural, senon tamén por vivila en familia e cun prezo moi axeitado (2,5 €).
Un saúdo.
A Directiva da APA

31 xaneiro 2011

Entrega cheques comedor

Saúdos.

Unha vez que a Xunta nos fixo o ingreso total da subvención correspondente ó curso 2009-2010, procedemos a entregar cheques nominativos (a nome da nai de cada rapaz ou rapaza) hoxe, día 31 de xaneiro. Para calquera aclaración, enviade correo: info@apamiraflores.com

20 outubro 2010

Escola audiovisual

A primeira semana de novembro comezará a actividade "Escola Audiovisual". Xa temos dez nenos e nenas anotados a ela, aínda estades a tempo!