O Departamento de Lingua e Literatura Galega infórmanos de que o día 26 de febreiro as 20.30 horas terá lugar no Auditorio Gabriel García Márquez, de Mera, a representación teatral do libro Memorias dun neno labrego, de X. Neira Vilas, pola compañía Abrapalabra Creacións Escénicas.
Paga a pena asistir e non soamente polo seu interese cultural, senon tamén por vivila en familia e cun prezo moi axeitado (2,5 €).
Un saúdo.
A Directiva da APA
16 febreiro 2011
31 xaneiro 2011
Entrega cheques comedor
Saúdos.
Unha vez que a Xunta nos fixo o ingreso total da subvención correspondente ó curso 2009-2010, procedemos a entregar cheques nominativos (a nome da nai de cada rapaz ou rapaza) hoxe, día 31 de xaneiro. Para calquera aclaración, enviade correo: info@apamiraflores.com

20 outubro 2010
Escola audiovisual
A primeira semana de novembro comezará a actividade "Escola Audiovisual". Xa temos dez nenos e nenas anotados a ela, aínda estades a tempo!
30 setembro 2010
APA Miguel Hernández do IES Miraflores de Oleiros (A Coruña)
Benvidos, nais e pais.
A directiva da APA Miguel Hernández, do I.E.S. Miraflores de Oleiros, ten a ledicia de saudarvos dende este sitio web, que poñemos por primeira vez á vosa disposición ó comezo deste curso 2010-2011.
Queremos que sexa este un vehículo de comunicación rápido e eficaz, ó voso servicio para facernos chegar as vosas suxestións, queixas e consultas, lembrándovos que as canles habituáis (teléfono, correo, ou en persoa) seguen estando abertos como sempre.
Precisamos da vosa comprensión e paciencia nos primeiros pasos desta web, da que boa parte dela está aínda en construción. Agardamos enchela de contido a medida que pasen os días, para facela así máis completa e útil para todos.
Moitas grazas.
Setembro de 2010

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)