AVISO LEGAL

18 xuño 2024

FONDO SOLIDARIO LIBROS 2024/2025


 

Bo día


Este ano dende a Anpa Miguel Hernández poñemos en funcionamento un fondo solidario de libros para o curso 2024/2025 para as familias socias. Podedes entregar as vosas doazóns o día 20 de xuño en horario de 15.00 a 17.00 no local da Anpa no Instituto. 

A través do seguinte formulario podedes indicarnos os libros que doades e posteriormente poñerémonos en contacto con vos para que nos digades qué libros queredes recibir, cando estea resolto o procedemento de fondo de libros da Xunta e o noso centro publique os libros do vindeiro curso. Tede en conta que pode ser que non recibades todos os que queredes pois non sabemos as doazóns que haberá. 

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeflvkRk4mcwA20OxHzYLcqSFpMLgEbGOggjdGIFyjdqGvMGw/viewform

Grazas pola vosa colaboración.

Un saúdo.

04 xuño 2024

ALTA FAMILIA SOCIAS DA ANPA PARA O VINDEIRO CURSO 24/25

 


Estimadas familias,

Anexamos a ligazón ao formulario para facer a alta como socios da ANPA do IES Miraflores para o curso 2024-2025 (lembramos que é necesario facer a alta cada ano, ao non estar domiciliada).

https://forms.gle/RLqDndZ5yAVjNT9z5

Ao final do formulario solicítase  que se anexe o xustificante de pago (20€/familia), tras facer o ingreso na conta

ES8220800064923040016574

no concepto da transferencia agradecemos que indiquedes os apelidos da familia (dos/as rapaces/as).

Aproveitamos para enviar un breve resumo de tódalas actividades que facemos dende a ANPA, para o que precisamos da vosa colaboración.




Grazas!

ANPA IES Miraflores

MENÚ JUNIO

 

14 maio 2024

XORNADA PORTAS ABERTAS ESCOLA POLITÉCNICA DE ENXEÑARÍA DE FERROL

Bo día

Recibimos a través do correo electrónico da Anpa esta información que pode ser do voso interese se estades en bacharelato pensando onde ides continuar os vosos estudos.

A Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol abre as súas protas  para dar a coñecer as titulacións e grao que se imparten no Centro así como os seus principais laboratorios.

É necesaria a inscrición segundo se indica no cartaz que se achega.

Un saúdo


07 marzo 2024

PLAN DIRECTOR PARA A MELLORA DA CONVIVENCIA E SEGURIDADE NOS CENTROS EDUCATIVOS

 

Bo día,

Dentro das accións formativas e didácticas que leva a cabo esta ANPA, o próximo martes 12 de marzo, as 18:30 horas terá lugar unha intervención da Garda Civil, dentro do marco do Plan Director que o antedito corpo leva a cabo na formación para pais/nais nos centros escolares.

As charlas formativas centraránse na problemática das novas tecnoloxías e o alumnado adolescente (riscos, ciberacoso, estafas, videoxogos, …).

Animámosvos a asistir!!!!




29 febreiro 2024

CHARLA-OBRADOIRO TECNOLOXÍA E ADOLESCENCIA


 

Bo día

Compartimos esta interesante proposta sobre tecnoloxía e adolescencia que terá lugar o día 21 de marzo ás 18.00 no Auditorio das Torres de Santa Cruz da man do profesor da USC Antonio Rial Boubela, organizado por un grupo de Anpas de centros de ensino en colaboración co Concello de Oleiros.

Para asistir agradécese cumplimentar o seguinte formulario e así ter unha estimación de aforo. https://forms.gle/ZuWRzBhhTcMueQU18.

Tedes toda a información completa na seguinte web: https://anpaensinorabadeira.wordpress.com/