11 setembro 2023
10 setembro 2023
BENVIDA A UN NOVO CURSO
Estimadas familias,
queremos dar, en primeiro lugar, a benvida ás que vos incorporades á comunidade do IES Miraflores.
Na páxina web do centro (https://www.edu.xunta.gal/centros/iesmiraflores/) podedes atopar a información relativa ao próximo luns, primeiro día de clase:
O ALUMNADO DA ESO DEBE PRESENTARSE NO LUGAR INDICADO ONDE OS/AS TITORES/AS DO CURSO IRÁN CHAMANDO POR ORDE DE LISTA:
- 1º E 2º ESO NA PISTA POLIDEPORTIVA CUBERTA. ACCEDERÁ TODO O ALUMNADO POLA PORTA DA PISTA POLIDEPORTIVA.
- 3º ESO NA PISTA POLIDEPORTIVA DESCUBERTA. ACCEDERÁ TODO O ALUMNADO POLA PORTA DA PISTA POLIDEPORTIVA.
- 4º ESO NO XIMNASIO. ACCEDERÁ TODO O ALUMNADO POLA PORTA PRINCIPAL.
O ALUMNADO DE BACHERELATO DEBE DIRIXIRSE Á PRIMEIRA PLANTA ONDE ATOPARÁ NUN TABOLEIRO OS LISTADOS DOS GRUPOS ASIGNADOS A CADA UN DELES. OS/AS TITORES/AS AGARDARÁN POLO ALUMNADO NAS AULAS. ACCEDERÁN TODOS/AS POLA PORTA PRINCIPAL.
Unha vez recibidas as inscricións, estudamos a posibilidade de ofertar actividades extraescolares os luns de 15:00 a 16:00, dado que 32 familias amosaron interese nelas. A única actividade que, de momento, parece ter un número de persoas interesadas suficiente para que de comezo é xadrez. A actividade ten un custo de 20 euros ao mes por mozo/a pero a ANPA subvencionará o 50% da actividade. Os/as interesados/as deben cubrir o seguinte formulario antes do 17 de setembro:
https://forms.gle/jiDJgvUbhVC6Xidr5
Seguimos abertos a ofrecer calquera outra actividade viable que conte con suficientes persoas interesadas, podedes enviarnos a vosas suxestións.
Gustaríanos aproveitar a ocasión para informarvos sobre as propostas nas que estamos a traballar dende a directiva da ANPA:
- Espectáculo Opera Breaks (espectáculo que mestura Ópera, Breakdance, Beatbox e Dj) para os/as estudantes da ESO
- Taller impartido por Almas Meraki sobre PREVENCIÓN DAS VIOLENCIAS MACHISTAS E CONFLICTOS EN ADOLESCENTES para todos os/as estudantes de 4º da ESO
- Charla para pais sobre Convivencia
- Taller de técnicas de estudo para todos os/as estudantes de 1º da ESO
- Viaxes culturais
En breve recibiredes a convocatoria para a Asemblea Xeral, esperamos vervos a todos e todas entón.
Saúdos,
ANPA Miraflores
27 xuño 2023
FAITE SOCIA DA ANPA!!!!!
Bo día familias.
Rematou o curso e xa estamos dende a Anpa pensando nas actividades do curso que ven. Dentro de pouco poderedes ler a MEMORIA 22-23 onde recolleremos todas as actividades levadas a cabo pola vosa asociación de nais e pais.
Animámosvos a que vos fagades socias as familias que non o fúchedes en cursos anteriores e tamén ás que xa formáchedes parte da Asociación outros cursos. Grazas á vosa colaboración é posible xestionar o comedor escolar, a festa de gradación para o alumnado que remata esta etapa, a Carreira da Luz, as actividades extraescolares, os obradoiros para estudantes en horario escolar e para familias, concursos, actividades culturais.... Moitas cousas que non serían posibles sen unha Anpa.
Que pasedes un bo verán. Desfrutade!!!
10 abril 2023
21 marzo 2023
VOLVE A CARREIRA DA LUZ!!!!!
Estimadas familias.
Este ano volve a Carreira da Luz na súa edición número V.
Como sabedes a Carreira da Luz é unha iniciativa do IES Miraflores a través da que se pretende levar a cabo unha actividade deportiva onde participe o maior número de xente posible, tanto na colaboración, voluntariado para a súa preparación como na propia carreira como deportista. É importante a participación xa que é unha carreira solidaria, neste caso a beneficio da Fundación Diego González Rivas, entidade con selo galego, que ten como obxecto a investigación médica e que leva o nome do cirurxián coruñés que, dende hai máis dunha década, opera en calquera parte do mundo a persoas sen recursos e con graves enfermidades torácicas.
Tedes toda a información na páxina web do Instituto.
Animádevos a participar!!!

