31 xaneiro 2023
24 xaneiro 2023
TÉCNICAS DE ESTUDO
Como complemento ás sesións que a especialista BELÉN PÉREZ SANMARTÍN vai impartir en horario lectivo ao alumnado, propónsenos ás familias unha charla sobre TÉCNICAS DE ESTUDO de xeito que saibamos o que aprendeu o alumnado e poidamos botar unha man nesta parte da súa aprendizaxe.
Deixámosvos o cartaz informativo e non deixedes de acudir, resulta interesante e clarificador para resolver moitas das dúbidas e problemas que se lles presentan aos nosos fillos e fillas á hora de estudar na casa.
Un saúdo
COMEZO DE ACTIVIDADES
Bo día familias
En febreiro darán comezo as actividades de ORIENTACIÓN, XORNALISMO e SKATE, as máis demandadas na enquisa realizada polo alumnado.
As persoas interesadas en participar deben cubrir os seguintes formularios:
ORIENTACIÓN E XORNALISMO son actividades gratuitas e podedes inscribirvos a través deste enlace indicando o día de preferencia:
https://forms.gle/gcLbn3HxaqkgbaQ69
A actividade de SKATE terá un custo de 35 euros ó mes (inclúese o préstamo do material) e será necesarias 10 inscricións. As persoas interesadas deben cubrir o seguinte formulario indicando o día de preferencia :
https://forms.gle/44QrP2KVSrTaoEG48
Animádevos e animade aos vosos fillos e fillas. É un bo xeito de facer algo diferente en compañía dos seus amigos e amigas no tempo libre que teñen despois de comer.
Un saúdo.
09 xaneiro 2023
FELIZ ANO NOVO
Bo día familias. Agardamos que tivérades unhas boas festas e que teñades un comezo de ano con moita ilusión.
O ano pasado rematamos antes das vacacións de Nadal co obradoiro de Almas Meraki para o alumnado de 4º da ESO, "Desconecta do machismo, reconecta contigo". Pensamos que foi unha boa experiencia e un espazo para a reflexión do alumnado.
Como sabedes fixemos un concurso de carteis para a publicidade desta actividade e o cartel gañador foi este que vos deixamos aquí.
Ademáis podedes ver algunhas das fotos do obradoiro con Sara Vierna.Un pracer reflexionar con ela durante algún tempo e poñer o valor en cousas tan importantes.
Grazas ao alumnado de cuarto pola participación.
Esta actividade foi subvencionada polo Concello de Oleiros dentro da convocatoria de Subvencións para a Promoción e a Difusión da Cultura e o Deporte do ano 2022.
29 novembro 2022
CONCESIÓN PROVISIONAL AXUDAS COMEDORES ESCOLARES
Bo día.
No día de hoxe publicouse na web do Concello de Oleiros (apartado Concellería Ensino e Xuventude) o Acordo provisional de concesións e desestimacións das axudas para a asistencia a comedores escolares para o curso 2022 – 2023.
Achegamos o enlace de dito Acordo : http://www.oleiros.org/c/
O prazo de alegacións é de 10 días hábiles e finaliza o día 14 de decembro de 2022.
Un saúdo
CANCELACIÓN DA CHARLA DE ALIMENTACIÓN SAUDABLE
Bo día,
Dende o Concello infórmannos que debido ao baixo número de inscritos, cancélase a charla sobre alimentación saudable, prevista para hoxe martes 29 de novembro, e organizada polo Centro de Formación e Recursos (CFR) da Consellería de Educación, en colaboración co Concello de Oleiros.
24 novembro 2022
ALIMENTACION SAUDABLE-CHARLA PARA FAMILIAS
Bo día
O Centro de formación e recursos da Consellería de Educación en colaboración co Concello de Oleiros, organiza unha charla para familias sobre alimentación saudable.
Celebrarase o vindeiro 29 de novembro martes ás 18 horas no Centro Municipal de Formación Isaac Diaz Pardo (Os Regos).
As inscircións fanse a través do enlace que vos deixamos aquí
Un saúdo








