AVISO LEGAL

23 decembro 2019

Estimadas familias,

"Con data  18 de decembro de 2019, a Xunta de Goberno Local do Concello de Oleiros resolveu  conceder á ANPA Miguel Hernández,  ao abeiro da convocatoria para a concesión de subvencións polo Concello de Oleiros para a promoción da cultura e o deporte para o ano 2019 que foi publicada no BOP nº 159 de 23 de agosto, unha subvención por unha contía de 1299,48 euros para a "actividade extraescolar: escola de periodismo"

Os nosos fillos e fillas realizarán esta actividade gratuitamente e poderemos ver o resultado coa publicación dun novo exemplar da revista escolar TODO MIRAFLORES".

Saúdos agracedidos

XUNTA DIRECTIVA

13 novembro 2019

CALENDARIO ESCOLAR

Deixámosvos o calendario escolar de Galicia para este curso 2019-2020


 


Ademais temos que engadir os días de libre elección do centro: o 4 de novembro e o 20 de marzo.

Os festivos locais: martes de Entroido e luns de Pascua, coinciden con días non lectivos.


Saúdos
Xunta Directiva

-

11 novembro 2019

Deixámosvos aquí cartaz e bases do novo concurso de fotografías para o calendario do vindeiro  2020 da ANPA.

Esperamos que esta nova actividade vos sexa divertida.

Xunta Directiva

                                                    CARTAZ E BASES

01 novembro 2019

Benqueridas familias,

Deixámosvos aquí os enlaces aos formularios de inscrición das actividades programadas para este curso 2019-2020 e que darán comezo no mes de novembro.


                                 OBRADOIRO DE XORNALISMO

Os martes de 15:00  a 16:00 . Comezo o martes 5 de novembro.


                                 OBRADOIRO DE TÉCNICAS DE ESTUDIO

Os luns de 14:45 a 15:45 . Comezo do primer grupo o luns 11 de novembro


Para calquera consulta non dubidedes en contactar con nós ao correo xeral apamiraflores@gmail.com ou a actividades.apamiraflores@gmail.com

Recibide un cordial saúdo,
Xunta Directiva

03 outubro 2019

Benqueridas familias,

O luns 7 de outubro ás 7:00 h en primera convocatoria e ás 7:30 en segunda convocatoria terá lugar  no salón de actos do instituto a Asemblea Xeral Ordinaria de socios. 

No seguinte enlace tedes a convocatoria oficial:

Circular Asemblea

Vémonos!

Xunta Directiva 

18 setembro 2019

Estimadas familias,

As nais e pais que formamos a Xunta Directiva da ANPA Miguel Hernández do I.E.S Miraflores queremos presentarnos e darvos a benvida a este novo curso 2019-20

Queremos aproveitar a ocasión para insistir na importancia do papel que representamos as familias como membros activos da comunidade educativa, tanto dende a Asociación coma dende o Consello Escolar. Esta participación permítenos abordar de xeito colectivo os problemas que se formulan, tanto no referente ao alumnado coma ao centro en xeral, actuando e propoñendo solucións para conseguir uns fins comúns.

Para desenvolver ben o noso labor cremos que é necesario coñecer a vosa opinión, coñecer que preocupa ás familias que formamos parte deste centro escolar. Para iso agradeceriamos nos enviedes as vosas inquietudes, suxestións, consultas ou dúbidas xa sexa mediante correo electrónico a apamiraflores@gmail.com ou a través de conserxaría onde nos farán chegar as vosas comunicacións.

Un afectuoso saúdo,
Xunta Directiva

05 xuño 2019

Solicitude axudas Xunta e Concello

Estimadas familias,

Ven de publicarse no BOP o extracto da convocatoria das axudas á escolarización que para o curso 2019-20 fan dende a concellería de Servizos Sociais e Sanidade do Concello de Oleiros.

As bases son similares ás de anos anteriores, dirixidas a apoiar nos gastos que hai no inicio do curso escolar naquelas familias nunha situación económica máis desfavorecida.


Son compatibles coa orde publicada recentemente pola Xunta de Galicia donde se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/2020.

Deixamos a continuación o enlace a ambas convocatorias, lembrando que os prazos rematan o 20 e o 21 de xuño, respectivamente:





Imaxe relacionada


Saúdos afectuosos,
Xunta directiva