Benqueridas familias,
Deixámosvos aquí os enlaces aos formularios de inscrición das actividades programadas para este curso 2019-2020 e que darán comezo no mes de novembro.
OBRADOIRO DE XORNALISMO
Os martes de 15:00 a 16:00 . Comezo o martes 5 de novembro.
OBRADOIRO DE TÉCNICAS DE ESTUDIO
Os luns de 14:45 a 15:45 . Comezo do primer grupo o luns 11 de novembro
Para calquera consulta non dubidedes en contactar con nós ao correo xeral apamiraflores@gmail.com ou a actividades.apamiraflores@gmail.com
Recibide un cordial saúdo,
Xunta Directiva
01 novembro 2019
03 outubro 2019
Benqueridas familias,
Circular Asemblea
O luns 7 de outubro ás 7:00 h en primera convocatoria e ás 7:30 en segunda convocatoria terá lugar no salón de actos do instituto a Asemblea Xeral Ordinaria de socios.
No seguinte enlace tedes a convocatoria oficial:
Vémonos!
Xunta Directiva
18 setembro 2019
Estimadas familias,
As nais e pais que formamos a Xunta Directiva da ANPA
Miguel Hernández do I.E.S Miraflores queremos presentarnos e darvos
a benvida a este novo curso 2019-20
Queremos aproveitar a ocasión para insistir na
importancia do papel que representamos as familias como membros activos da
comunidade educativa, tanto dende a Asociación coma dende o Consello Escolar.
Esta participación permítenos abordar de xeito colectivo os problemas que se
formulan, tanto no referente ao alumnado coma ao centro en xeral, actuando e
propoñendo solucións para conseguir uns fins comúns.
Para desenvolver ben o noso labor cremos que é
necesario coñecer a vosa opinión, coñecer que preocupa ás familias que formamos
parte deste centro escolar. Para iso agradeceriamos nos enviedes as vosas
inquietudes, suxestións, consultas ou dúbidas xa sexa mediante correo
electrónico a apamiraflores@gmail.com ou
a través de conserxaría onde nos farán chegar as vosas comunicacións.
Un afectuoso saúdo,
Xunta Directiva
05 xuño 2019
Solicitude axudas Xunta e Concello
Estimadas familias,
Ven de publicarse no BOP o extracto da convocatoria das axudas á escolarización que para o curso 2019-20 fan dende a concellería de Servizos Sociais e Sanidade do Concello de Oleiros.
As bases son similares ás de anos anteriores, dirixidas a apoiar nos gastos que hai no inicio do curso escolar naquelas familias nunha situación económica máis desfavorecida.
Son compatibles coa orde publicada recentemente pola Xunta de Galicia donde se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/2020.
Deixamos a continuación o enlace a ambas convocatorias, lembrando que os prazos rematan o 20 e o 21 de xuño, respectivamente:
04 maio 2019
Charla organizada polo Concello de Oleiros sobre redes sociais e adolescentes
Estimadas familias,
O vindeiro xoves 9 de maio, ás 20: 00 horas, o auditorio do centro cultural A Fábrica acoolera unha charla baixo o título "Todo por un like", na que se falará sobre a influencia que teñen internet e as redes sociais na educación emocional, afectiva e sexual nas etapas da infancia e da adolescencia. Concudicrán este coloquio dúas especialistas na educación emocional, en redes sociais e no traballo con menores e adolescentes: Sara Vierna e Virginia Pañeda, integrantes de Almas Meraki.
Tedes máis información sobre o acto no seguinte enlace. Esperamos que sexa do voso interese.
Saúdos,
Xunta directiva
ANPA Miguel Hernández
11 abril 2019
III Carrera de la Luz
Estimadas familias,
Ya podemos disfrutar del vídeo-resumen de la Carrera de la Luz de este año:
Aprovechamos
para daros las gracias por estar allí apoyando el evento con vuestra
participación o presencia, ayuda en la organización, mercadillo y
puestos de control de la carrera, por esos bizcochos, magdalenas y
galletas tan deliciosos que compartimos entre todos. Por cierto, en el
stand del AMPA recaudamos 448 euros con la venta de chocolate y dulces
que donamos íntegramente a la ONG.
Es
un evento especial que ya tenemos apuntado en nuestras agendas para
colaborar con el instituto, al que agradecemos su organización, por lo
que supone el esfuerzo de logística y sobre todo por el fin solidario y
los valores que transmiten a nuestras hijas e hijos.
Saludos cariñosos,
Xunta directiva
21 febreiro 2019
Estimadas familias:
Queremos informarvos da vindeira actividade que dende a ANPA temos organizada para TODOS os pais e nais.
Nesta ocasión vaise abordar o tema da EDUCACIÓN PARA A SAUDE E PREVENCIÓN DAS ADICIÓNS, que será impartido por ADAFAD (Asociación da Axuda a Familias de Drogodependentes) e financiado polo Concello de Oleiros.
Tratarán con todos nós a prevención do consumo de alcol e outras drogas e os factores de protección e de risco ante as mesmas.
Esta labor desenvólvese co propósito de colaborar coas familias sensibilizando e informando da importancia do papel dos pais no desenvolvemento dos fillos e fillas, así como da nosa función na prevención de consumo de drogas e outros comportamentos de risco.
A charla -coloquio terá lugar o vindeiro mércores:
27 de febreiro de 2019
De 19:00 a 20:30
No salón de actos do instituto
Gustaríanos contar coa vosa presenza!
Xunta directiva
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

