AVISO LEGAL

06 novembro 2016

PRE-INSCRICIÓN no Obradoiro de XORNALISMO

Estimadas familias,

Como xa vos comentamos na Asamblea Ordinaria, este ano tamén imos a ofertar o "Obradoiro de Xornalismo". Será impartido por unha licenciada en xornalismo e un fotógrafo profesional con experiencia en diferentes medios de comunicación,  e aprenderán a facer entrevistas, fotografías, noticias do que pasa no instituto, asistirán a un programa de radio ou televisión,etc.. 

É unha actividade gratuita (para familias asociadas) impulsada pola ANPA e financiada polo Concello de Oleiros. As clases impartiranse os luns e/ou martes de 15:00 a 16:00 horas, dependendo do número de participantes. 

O inicio das clases será o 9-10 de xaneiro pero a PREINSCRICIÓN é ATA O 15 DE NOVEMBRO.

Se estades interesados podedes cubrir o seguinte formulario on-line, ou ben descargar o impreso adxunto e que os vosos fillos/as o entreguen na conserxería do Centro.

Un saúdo afectuosa

Xunta directiva

01 novembro 2016

charla divulgativa sobre "COMUNICACIÓN E XESTIÓN EMOCIONAL NO ENTORNO FAMILIAR" na Fábrica

Estimadas familias,

Atendendo ás vosas peticións sobre temas interesantes para tratar nunha escola de nais e pais, enviámosvos a seguinte información e enlace do Concello de Oleiros para unha primeira charla divulgativa e posterior obradoiro na Fábrica.

"O Auditorio da Fábrica en Santa Cristina acollerá o próximo xoves, 3 de novembro, ás 20:00 h unha charla divulgativa na que, baixo o título de “O PODER DAS PALABRAS”, se falará de comunicación e da xestión das emocións co obxectivo de mellorar as relacións nas familias, principalmente entre os pais e as nais e os seus fillos e fillas.

Nesta charla divulgativa as persoas asistentes poderán coñecer todas estas ferramentas da man de Mar Sánchez, psicóloga experta en comunicación e xestión emocional e profesional de recoñecido prestixio nestes ámbitos.

Tras a celebración da charla abrirase ao día seguinte un periodo de inscrición, a través da carpeta cidadá da web municipal, para un obradoiro denominado “COMUNICACIÓN E XESTIÓN EMOCIONAL NO ENTORNO FAMILIAR” que se celebrará en cinco sesións, os xoves pola tarde, en horario de 19:00 a 21:00 h nas instalacións do Centro Municipal de Formación “Isaac Díaz Pardo” nas seguintes datas: 10, 17 e 24 de novembro e o 1 e o 15 de decembro.

O obradoiro está dirixido especialmente a pais e nais que desexan mellorar e fortalecer a comunicación cos seus fillos e fillas, co fin de manter unha relación fluida e establecer unha base de confianza mutua que facilite o diálogo e a crianza.

A aprendizaxe destas técnicas permitirá mellorar as relacións familiares e prevenir problemas e conflictos que se poidan presentar no futuro. Saber traballar as emocións, coñecer como as emocións dirixen a nosa conducta, conectar cos fillos e fillas a través do respecto e a igualdade, xenerar seguridade e potenciar a autoestima, son claves para mellorar a convivencia no ámbito familiar."

Podedes recabar máis información e forma de inscrición no seguinte enlace:


24 outubro 2016

INFORMACIÓN FOLGA 26 OUTUBRO

Estimadas familias,

Enviámosvos información recibida da Federaación de APAS de A Coruña sobre a convocatoria de folga de estudantes e concentración en A Coruña.







Se precisades modelo para xustificar a ausencia ao centro, solicitádenolo ao correo da ANPA.


29 setembro 2016

Prazas de transporte para alumnado de bacharelato


Estimadas familias,
En relación ás prazas de transporte escolar autorizadas para o alumnado de bacharelato (considerados, como sabedes, usuarios excepcionais do transporte, ao non ser ensino obrigatorio), o día 28 de setembro procedeuse ao sorteo da letra- baremo para ordenar o seu acceso ás prazas libres nestes momentos. O sorteo fíxose na sala da ANPA en presenza, da Directora do centro, a Xefa de estudios, unha representante da ANPA e dous alumnos de Bacharelato.
A letra-baremo para o comezo de adxudicación de prazas neste curso é a “C”
Poderase consultar a lista do alumnado admitido e en lista de espera na web do instituto a partires do venres 30 de setembro.
Lembrade que, segundo a normativa da consellería, os “usuarios lexítimos do transporte escolar que non fagan uso continuado do transporte perderan dita condición de usuario lexítimo”
Agradeceriamos que as familias que no seu día solicitaron servizo de bus, xa sexa para ESO ou Bacharelato, e que non fagan uso do mesmo renuncien por escrito ao mesmo. Deste xeito, poderemos dar servizo a todo aquel alumnado que o necesita e quedouse fóra.
Mentres o bacharelato considérese ensino non obrigatorio, todas as familias ímonos a ver afectadas por este problema nalgún momento, polo que facemos un chamamento ao sentido común e a solidariedade para este curso e para os seguintes.
Para máis información podedes contactar coa ANPA ou directamente con Paula, a directora do centro.
Un afectuoso saúdo
Xunta Directiva

08 setembro 2016

COMEZO DO CURSO 2016-2017

Estimadas familias,

Achegámosvos información sobre o comezo do novo curso:

DATAS DE PRESENTACIÓN E ORGANIZACIÓN DOS GRUPOS.

- XOVES 15-9
           1º Bacharelato ás 12:00
         
           2º Bacharelato ás 12:30

           4º ESO  ás 13:00

-VENRES 16-9
            1º ESO ás 12:00
          
            2º ESO ás 12:30

            3º ESO ás 13:00

Nestes dous días haberá servizo de bus. Calcular a anticipación aproximada de presenza na parada de bus en función da estipulada para o horario habitual en cursos pasados.  Contando la primera hora (12h) Na presentación informarán ao alumnado das normas e funcionamento do mesmo.
Non haberá servizo de comedor.

COMEZO ORDINARIO  DAS CLASES:  O LUNS 19-9  no horario habitual das 8:30.

Para máis información chamar ao Instituto ao teléfono 881880845

Un afectuoso Saúdo

Xunta Directiva

01 setembro 2016

BECAS DO MINISTERIO PARA BACHARELATO

Estimadas familias,

O pasado 13 de agosto de 2016 publicouse no BOE a convocatoria de axudas de carácter xeral para  o alumnado de niveis postobrigatorios non universitarios para o vindeiro curso 2016-2017.

No noso caso as axudas refírense ao Bacharelato.

O prazo de presentación abranca dende o 16 de agosto ata o 3 de outubro.

No seguinte enlace do Ministerio de Educación poderedes atopar a información completa.

                   MECD

Un afectuoso saúdo,

Xunta Directiva

20 xuño 2016

2ª circular BANCO de LIBROS

Estimadas familias,

No seguinte enlace tedes máis información sobre o banco de libros da ANPA: prazos, libros que poderán ser entregados ou non, etc.



Non dubidedes en facer calquera consulta enviándonos un correo.

Saúdos

Xunta directiva