Estimadas familias,
O pasado 13 de agosto de 2016 publicouse no BOE a convocatoria de axudas de carácter xeral para o alumnado de niveis postobrigatorios non universitarios para o vindeiro curso 2016-2017.
No noso caso as axudas refírense ao Bacharelato.
O prazo de presentación abranca dende o 16 de agosto ata o 3 de outubro.
No seguinte enlace do Ministerio de Educación poderedes atopar a información completa.
MECD
Un afectuoso saúdo,
Xunta Directiva
01 setembro 2016
20 xuño 2016
2ª circular BANCO de LIBROS
Estimadas familias,
No seguinte enlace tedes máis información sobre o banco de libros da ANPA: prazos, libros que poderán ser entregados ou non, etc.
Non dubidedes en facer calquera consulta enviándonos un correo.
Saúdos
Xunta directiva
No seguinte enlace tedes máis información sobre o banco de libros da ANPA: prazos, libros que poderán ser entregados ou non, etc.
Non dubidedes en facer calquera consulta enviándonos un correo.
Saúdos
Xunta directiva
18 xuño 2016
Entrega de NOTAS e Prazos de MATRÍCULA curso 2016-17
Estimadas familias,
Esta é a información de final de curso no IES Miraflores:
Esta é a información de final de curso no IES Miraflores:
- ENTREGA DE NOTAS:
- Día: 23 de xuño
- Todolos cursos ás 10,00 h .
- Lugar: Aulas das titorías
- REVISIÓNS DE EXAMES E RECLAMACIÓNS DE CUALIFICACIÓNS:
- días 27 e 28 de xuño de 9,00 a 13,30 h.
- PRAZO DE MATRÍCULA CURSO 2016/2017:
- 1º ESO.........27-28 xuño
- 2º ESO.........29-30 xuño
- 3º ESO.........1 xullo
- 4º ESO.........4-5 xullo
- 1º BAC........6-7 xullo
- 2º BAC........7-8 xullo
Saúdos
Xunta directiva
17 xuño 2016
Primeira circular do banco de libros xestionado pola ANPA
Estimadas familias,
Un ano máis a ANPA organiza o banco de libros de texto doados solidariamente polas familias.
Achegámosvos o enlace á primeira circular que nestes días remitiron desde o Centro:
Na próxima semana enviaremos outra circular coas datas e horarios de entrega.
Moitas grazas pola vosa participación!
Saúdos
Xunta directiva
Un ano máis a ANPA organiza o banco de libros de texto doados solidariamente polas familias.
Achegámosvos o enlace á primeira circular que nestes días remitiron desde o Centro:
Na próxima semana enviaremos outra circular coas datas e horarios de entrega.
Moitas grazas pola vosa participación!
Saúdos
Xunta directiva
24 maio 2016
Axudas municipais para a escolarización para o curso 2016/17
Estimadas familias,
Está aberto o prazo para solicitar axudas para a prestación de apoio á escolarización para o curso 2016/17, no Concello de Oleiros.
Pódense presentar no rexistro municipal ata o día 2 de xuño , inclusive.
Ésta é a folla informativa donde atopar todos os requisitos e o enlace á solicitude.
Saúdos
Xunta directiva
Está aberto o prazo para solicitar axudas para a prestación de apoio á escolarización para o curso 2016/17, no Concello de Oleiros.
Pódense presentar no rexistro municipal ata o día 2 de xuño , inclusive.
Ésta é a folla informativa donde atopar todos os requisitos e o enlace á solicitude.
Saúdos
Xunta directiva
19 maio 2016
Axudas económicas para libros de texto e material escolar
Estimadas familias,
A Consellería de Educación convoca un fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/17.
No fondo solidario de libros de texto poderá participar o alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria e en 1º e 3º de ESO; cursos en que, necesariamente, se manterán os libros de texto do curso 2015/16.
A asignación farase:
a) Ao alumnado que participe no fondo solidario, por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar, ata que se esgoten as existencias.
b) Terá preferencia para esta adxudicación o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda.
Na convocatoria de axudas para adquirir libros de texto poderá participar o alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, en 2º e 4º de ESO, e en educación especial.
A convocatoria de axudas para adquirir material escolar está destinada ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o día 23 de xuño de 2016 (este incluído).
As solicitudes poden tramitarse dende https://sede.xunta.es/ co procedemento ED330B
Máis información no DOG do 16 de maio de 2016 e en https://www.edu.xunta.es/axudaslibros/
Saúdos,
Xunta directiva
|
10 marzo 2016
3 ª edición CONCURSO "MICRORRELATOS SOBRE O MEU INSTITUTO"
A
3ª edición do concurso “MICRORRELATOS
SOBRE
O MEU INSTITUTO” que
organiza a ANPA
en
colaboración coa biblioteca do centro e co motivo do día do libro,
xa
está en marcha.
Sabemos
da importancia deste “mobiliario” na vosa vida escolar e por eso
pensamos que pode dar xogo a textos de humor, amor, medo, intriga,
fenómenos paranormais…
BASES:
-
Extensión máxima: 100 palabras.
-
Idioma: Galego, castelán, inglés ou francés.
-
O texto debe comezar coa frase: “ Cuando abrí la puerta de la taquilla...” (en calquera dos idiomas mencionados anteriormente).
-
Só poderá presentarse un microrrelato por persoa.
-
Serán de autoría propia, firmados cun pseudónimo e nivel do curso (1º ESO, 4ª ESO, Bacharelato…).
-
Achegarase ao microrrelato un sobre pechado onde levará : no exterior o pseudónimo e curso e no interior o nome e apelidos do autor /a. Só abriranse os sobres dos relatos gañadores.
-
Entregaranse ao profesorado de lingua correspondente ou á responsable de biblioteca.
-
O Xurado estará formado por representantes da ANPA e por profesorado responsable da biblioteca.
-
Os resultados publicaranse no blog da ANPA e nos taboleiros do Centro.
-
Hai cinco categorías con tres premios cada unha delas (Vales para canxear nunha papelería a determinar)
- 1º PREMIO2º PREMIO3º PREMIO1º ESO75 euros50 euros25 euros2º ESO75 euros50 euros25 euros3º ESO75 euros50 euros25 euros4º ESO75 euros50 euros25 eurosBACHARELATO75 euros50 euros25 euros
DATA
tope de entrega:
11
de ABRIL
ANIMÁDEVOS
A PARTICIPAR
!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)