AVISO LEGAL

16 novembro 2015

AXUDAS MATERIAL ESCOLAR CURSO 2015-2016

Estimadas Familias,

A Xunta de Galicia ven de publicar unha nova convocatoria de Axudas para a adquisición de material escolar para este curso 2015-2016.

Achegamos o enlace da publicación.

DOG do 10 de Novembro de 2015

Un afectuoso Saúdo,
Xunta Directiva

23 outubro 2015

AXUDAS COMEDORES ESCOLARES 2015-2016 CONCELLO DE OLEIROS

Estimadas familias,

Ao abeiro da convocatoria de axudas para a asistencia a comedores escolares do Concello de Oleiros para o curso 2015-2016, os comunicamos que a partir do 21 de outubro e ata o 7 de novembro está aberto o prazo para a presentación de solicitudes.

Achegamos copia das bases e dos impresos para formular a solicitude.

A solicitude hai que presentala no rexistro sito no Centro Cultural  A Fábrica, en Santa Cristina.

Un saúdo,
Xunta Directiva

BASES DA CONVOCATORIA

ANEXO   

Nota: O sábado 7 de novembro o rexistro da Casa do Concello estará aberto de 8:45 a 13:15

22 outubro 2015

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

Estimadas familias,

As nais que formamos a Xunta Directiva da ANPA Miguel Hernández dámosvos a benvida neste curso 2015-2016, e os invitamos á Asemblea Xeral Ordinaria que se celebrará o vindeiro 4 de novembro no salón de actos do instituto.

A ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS DE ALUMNADO  é un espazo que nos ofrece a todas as familias una oportunidade única para participar na vida do centro educativo e na educación que reciben os nosos fillos e fillas.

Invitámosvos a participar como asociados e asociadas nas Asembleas, a visitar o noso blog, no que atoparedes información sobre a xestión do comedor, das actividades, Banco de libros, axudas, información do instituto, etc. e por suposto a que nos enviedes as vosas suxestións, dúbidas ou comentarios ao noso correo electrónico apamiraflores@gmail.com, ou a través da conserxaría onde nos farán chegar as vosas comunicación.

A incorporación de novos integrantes á Xunta Directiva é fundamental para asegurar a continuidade desde proxecto chamado ANPA Miguel Hernández. Como veredes no formulario de convocatoria oficial incluímos o cupón de presentación de novos e novas candidaturas.

 
                                                ANIMÁDEMOS A PARTICIPAR!

Saúdos afectuosos,
 
Xunta Directiva
 
PREMER PARA OBTER A CONVOCATORIA DE ASEMBLEA
 
MOITAS GRAZAS QUINO.  
 

05 outubro 2015

CALENDARIO ESCOLAR

Estimadas familias,


Os días festivos de libre elección propostos polo centro para o  curso 2015-2016, para os centros CEIP Rabadeira e o IES Miraflores son:

             - 7 de Decembro
          - 16 de Maio

En virtud do acordo firmado o derradeiro curso, o claustro do profesorado do CEIP Rabadeira e o IES Miraflores escollerán alternativamente os días festivos de libre elección do centro. Nesta ocación correspondeulle ao CEIP Rabadeira a súa elección.

Dende a Asociación de Nais e País agradecemos que os claustros e os equipos directivos dos dous centros  tivesen en conta a solicitude de acordo, en aras da conciliación familiar e laboral, que fixemos  conxuntamente os representantes das familias.

Para o resto do calendario consultar entrada do 28 de xullo.

Un saúdo afectuoso
Xunta Directiva

10 setembro 2015

DIA PRESENTACIÓN

Estimadas familias,

Confírmase que as presentacións  do dia 15 de setembro faranse nos seguintes horarios:

BACHARELATO 10:30 a 12:30

3º e 4º ESO 12:30 a 14:10

1º e 2º ESO 16:20 a 18:00

O Alumnado da ESO terá servizo de bus á ida e á volta
(Para a ida aplicade a mesma anticipación para estar na parada do bus que no horario das 8:30)


Un saúdo afectuoso
Xunta Directiva

03 setembro 2015

COMIENZO DEL CURSO

Estimadas familias,
 
Informámosvos que a volta ao cole do día 15 de setembro, se fará como todos os anos de xeito graduado. Pero este ano hai cambios nos horarios dos grupos. Así:

  •  1º e 2º de Bacharelato terán a presentación o próximo 15/9 sobre as 11 da mañá.
            Non haberá servizo de autobús para Bacharelato.
  • 3º e 4º ESO terán a presentación sobre as 12 da mañá. Haberá servizo de autobús tanto á ida coma á volta (14:10).
  • 1º e 2º ESO terán a presentación ás 16:20. Haberá servizo de autobús tanto á ida coma á volta (18:00).

O martes 15/9 non haberá servizo de comedor.
 
Rogamos consultedes a web do instituto para confirmar posibles cambios nos horarios.
 
Un saúdo afectuoso,
Xunta Directiva

28 xullo 2015

CALENDARIO ESCOLAR 2015-2016

 



O pasado día 8 de xuño de 2015 publicouse a Orde que aproba o calendario escolar para o curso 2015-2016 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Aquí tedes algunhas datas:

 
Duración do Curso: do 15 de setembro de 2015 ata o 22 de xuño de 2016 ambos os dous inclusives.


Vacacións:
- Nadal: desde o 21 de decembro de 2015 ata o 6 de xaneiro de 2016 ambos os dous inclusive.
     - Entroido: días 8,9,10 de febreiro
     - Semana Santa: desde o día 21  ata o 28 de marzo , ambos os dous inclusive

Día do ensino: o 30 de outubro de 2015

O centro solicitará dous días non lectivos de libre elección á xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que este ano en virtud do acordo entre o CEIP Rabadeira e o IES Miraflores (o acordó será presentado tamén á nova escola de Nós),  serán escollidos polo CEIP Rabadeira.

Os informaremos cando nos confirmen as datas¡¡¡

Saúdos
Xunta Directiva


ORDE DA XUNTA DE GALICIA premer quí