AVISO LEGAL

05 maio 2014

Becas Comedor Concello de Oleiros curso 2013-2014

Bo día,

Os informamos que saíu hoxe publicado no BOP o anuncio das becas de comedores para o curso 2013 – 2014 que oferta o Concello de Oleiros.
Achegámosvos os enlaces coa información e impresos de solicitude, para que o podades consultar.
O prazo de presentación remata o vindeiro 23 de maio e hai que presentala no rexistro do concello, sito no Centro Cultural a Fábrica
Un saúdo afectuoso,

Xunta Directiva

03 maio 2014

1º Edición Concurso de Microrrelatos sobre mi instituto.

Estimadas Familias:

Informámosvos que con motivo da celebración do día das Letras Galegas, puxemos en marcha, xunto coa colaboración da Biblioteca do Centro, o 1º Concurso de Microrrelatos sobre o noso instituto, destinado a toda a Comunidade Educativa: Pais e Nais, alumnado, persoal laboral e profesorado.

Remitímosvos as bases deste e recordámosvos que a data tope de presentación é o vindeiro venres 16 de maio.


Arriba esa creatividade
 
Esperamos a vosa participación !!
 
Un saúdo afectuoso
Xunta Directiva


 
 

24 marzo 2014

Escola Nais Pais Concello de Oleiros

 
 
Estimadas familias,
 
Querémosvos  informar de que a Concellería de Ensino e Xuventude do Concello de Oleiros organiza unha mesa redonda para tratar o tema  das Altas Capacidades. Preténdese ofrecer unha visión familiar e escolar de como abordalas.
 
"Teño un fillo de altas capacidades, e agora que?
Lugar: Centro Cultural A Fábrica
Día:  mércores 26 de marzo ás 20h.
 

Esta mesa redonda enmárcase dentro do programa de educación para a saúde de Oleiros, en concreto na Escola de Pais e Nais.  A mesa estará composta por 
  • Margarita Beceiro. Orientadora do CEIP Mosteirón.
  • Elena Rivas. Nai de adolescente con altas capacidades.

Dende a ANPA  queremos animar a todas as nais e os pais do  IES Miraflores a participar deste  evento .

Un afectuoso saúdo, 
Xunta Directiva
Altas Capacidades.j

21 marzo 2014

ASAMBLEA GENERAL EXTRAORDINARIA

Estimadas familias,

La Consellería de Cultura, Educación y O.U. nos ha transmitido su interés en que  el servicio de comedor del Instituto, ahora gestionado por la ANPA, pase a ser gestionado por ellos a partir  del próximo curso. El pasado 20 de marzo acudimos, junto a otras ANPAS citadas, a una reunión informativa en Santiago.
 
El motivo del presente anuncio es convocaros a una Asamblea General Extraordinaria en la que deberemos debatir y decidir, con la información recibida, sobre el futuro de la gestión del comedor del centro.
 
Junto a la convocatoria adjuntamos  enlaces a los anexos recibidos de la Consellería en la que incluyen  notas aclaratorias. Para que podáis consultar la normativa vigente del servicio de comedores escolares de la Xunta de Galicia, os recordamos que se rigen por el Decreto 132/2013 del 1 de agosto y por la orden del 21 de febrero de 2007, pendiente de modificación (regula el anterior Decreto 10/2007 derogado)
 
 
 
 
Consideramos que es una decisión importante por lo que esperamos contar con vosotros el próximo día 2 de abril.

Como siempre, para cualquier consulta, no dudéis en contactar con nosotras al correo apamiraflores@gmail.com

Un saludo afectuoso,
 
Xunta Directiva ANPA Miguel Hernández  

27 xaneiro 2014

OBRADOIRO DE PERIODISMO


Estimadas Familias xa é hora de comenzar o 3º Obradoiro de periodismo¡¡¡¡¡

         Durante os luns e os martes dos meses de febreiro, marzo e abril  en horario de 15 a 16 horas a Asociación de Nais e Pais Miguel Hernández do IES Miraflores ha contratado  a realización duns obradoiros de Periodismo  gratuitos para as familias asociadas, impartidos pola empresa Mil eventos y Comunicaciones  (actividade subvencionada polo Concello de Oleiro, o importe recibido pola derradeira edición é de 953,04€)). 
        As actividades  a realizar nos obradoiros os luns e os martes son paralelas, xa que eses días  quedan a comer diferentes cursos, en función das clases da tarde.

        O resultado final da actividade é a confección da 3º edición da Revista do Instituto.  A revista  pretende ser un nexo de comunicación e participación para toda a comunidade Educativa polo  que esperamos animedes aos vosos fillos e fillas a participar no obradoiro. As familias e o alumnado non usuario do comedor podedes  participar enviando calquera artigo ou comentario que consideredes  interesante publicar nela.

        Para máis información non dubidedes en contactar con nós ao correo  apamiraflores@gmail.com

        Con motivo da organización dos obradoiros  agradeceríamos  que as persoas interesadas cumprimentaran  a inscrición que poden atopar na conserxería do centro.

        Aproveitamos a ocasión para agradecer ao profesorado do centro e ao equipo directivo a implicación neste proxecto.

        Unha aperta afectuosa,

21 decembro 2013

FELIZ 2014¡¡¡


As nais que formamos a Xunta Directiva da asociación vos desexamos unhas felices festas e un mellor 2014 para todos e todas.

05 decembro 2013

OCIOLEIROS 2014


Estimadas familias,
 O Concello de Oleiros abriu o pasado 28 de novembro o prazo para apuntarse nos  obradoiros de OCIOLEIROS.  Aquí tedes os ofertados para rapaces e rapazas  entre 13 e 17 anos (empadroados no Concello).
  • Teatro
  • Cociña
  • Repostería creativa
  • Fotografía
  • Skate
  • Parkour (actividade ximnástica)
  • Surf

Solicita a túa información e inscríbete no centro cultural A FÁBRICA do 28 de novembro ao 18 de decembro de luns a venres de 08:30 a 14:30 horas e de 17:00 a 21:30 horas sábados de 9:00 a 13:00

Sorteo de prazas o 26 de decembro as 12.00 horas
Listado de admitidos 30 de decembro
Comezo das actividades o 27 de Xaneiro do 2013

Tamén hai actividades para nós, animádevos¡¡¡

Máis información:
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?uuid=a9586e43-f585-4d5a-819b-477add9933de&groupId=12702